PRESENTACIÓN



Máster en Formación Permanente en Enerxía Eólica Mariña Flotante

A finalidade do Máster é cubrir a escasa formación en relación á enerxía eólica mariña flotante, unha enerxía do futuro, polo que é esencial dispoñer de profesionais altamente cualificados. Analizarase a contextualización das enerxías renovables mariñas, a industrialización de procesos e a análise de compoñentes en eólica mariña flotante, a análise estrutural da eólica mariña flotante e a análise económica, social e legal da eólica mariña flotante.

O obxectivo deste Máster, impartido en inglés e castelán, é proporcionar unha formación eminentemente práctica en enerxía eólica mariña flotante que sirva de base ás novas necesidades que buscan as empresas deste crecente sector. Esta formación culminará con prácticas en empresas e un traballo de fin de máster.

Desta forma, os principais obxectivos deste Máster son os seguintes:

  • Servir de base para a formación de empresas eólicas mariñas e os seus auxiliares, tanto galegas como nacionais.
  • Formar profesionais de diferentes áreas, algúns dos cales proveñen de escolas de enxeñería da área.
  • Situar a Ferrol como referente e na vangarda da enerxía eólica mariña flotante, non só a nivel construtivo, cos seus estaleiros, senón tamén a nivel formativo, con este Máster.

 

Este Máster está dirixido a profesionais, titulados universitarios e estudantes que queiran aprender no campo da eólica mariña flotante.

Resultados de aprendizaxe do título

É un título propio de posgraduado da UDC, que é unha formación non oficial, destinada a proporcionar unha alta especialización profesional, organizada pola Universidade da Coruña e a empresa Iberdrola. O abanico docente sexa moi amplo, incluíndo profesores da Universidade da Coruña, profesores doutras universidades e/o centros de investigación nacionais e internacionais e importantes profesionais do sector vinculados a empresas do sector eólico mariño.

Así,os resultados de aprendizaxe son os seguintes:

  • Comprender e contextualizar os diferentes tipos de enerxía renovable mariña (C).
  • Comprender a industrialización dos procesos destinados á construción e instalación de parques eólicos mariños flotantes (C).
  • Analizar os compoñentes principais da enerxía eólica mariña flotante (C).
  • Realizar o cálculo estrutural da enerxía eólica mariña flotante (COM).
  • Analizar os principais factores económicos, sociais e legais que fan posible a implementación dos parques (COM).
  • Capacidade de planificación e desenvolvemento dun proxecto integral dun parque eólico mariño flotante (HD).


O título pretende que o alumnado egresado adquira os coñecementos necesarios para poder exercer no sector da eólica mariña flotante. 

 

NOTICIAS

Entrevista a Laura Castro, investigadora da UDC e profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría sobre as enerxías renovables mariñas e o seu futuro

Laura Castro Santos, investigadora da UDC e profesora da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol (EPEF) da UDC, é experta en enerxías renovables mariñas. Compartiu na entrevista de La Voz de Galicia, o 2 de xullo de 2023, o seu coñecemento no ámbito das enerxía renovables mariñas e a súa importancia nos próximos anos na economía galega, especialmente no ámbito de Ferrolterra. Na entrevista destacou que "Actualmente as empresas da zona demandan moitos perfís profesionais con este tipo de coñecementos, e soamente estamos exportando plataformas. Nos próximos anos, cando os parques se comecen a instalar nas nosas costas, esas necesidades multiplicaranse".

Autor da imaxe José Pardo (La Voz de Galicia)

Ler máis

INSCRIPCIÓN

INFORMACIÓN DO MÁSTER

  • Datas de inicio e fin de las clases: 7 de outubro de 2024 ao 16 de xullo de 2025.
  • Días y horarios: martes e mercores de 15:00h a 20:00h
  • Lugar de imparticion: Ferrol, A Coruña
  • Data límite entrega do Traballo de Fin de Máster: 30 de xuño de 2024??
  • Modalidade: Presencial
  • Período de preinscrición: do 1 ao 30 de xuño de 2024.
  • Período de matrícula: do 1 ao 15 de xullo de 2024.
  • Matrícula:
    • -Xeral:         7.000 euros.
    • -Con beca:  3.500 euros.
  • Número de prazas: mínimo 20, máximo 30.
  • Máis información sobre inscrición e matrícula no seguinte enlace.





 

Próximos eventos:

  • 01/06/2024: Inicio período inscrición
  • 30/06/2024: Último día periodo inscrición
  • 30/06/2024: Data límite entrega do Traballo de Fin de Máster
  • 01/07/2024: Inicio período matrícula
  • 15/07/2024: Último día periodo matrícula
  • 08/10/2024: Inicio do Máster en Formación Permanente en Enerxía Eólica Marina Flotante_curso académico 2024-2025
  • 16/07/2025: Último día doMáster en Formación Permanente en Enerxía Eólica Marina Flotante_curso académico 2024-2025

Últimos eventos:

  • Non existen eventos




DOCUMENTACIÓN/RECURSOS



Plan de estudos do Máster en Formación Permanente en Enerxía Eólica Marina Flotante_curso 2024-2025: DESCARGAR

INSTITUCIÓNS OU EMPRESAS COLABORADORAS



Colaboran:

ENTIDADES ORGANIZADORAS







 

CONTACTA CON NOSOTROS





Coordinadores do Máster en Formación Permanente en Energía Marina Flotante da Universidade da Coruña
Profesora Laura Castro Santos
Profesora Almudena Filgueira Vizoso
Profesor Félix Puime Guillén
 
Teléfono: 881013890