PRESENTACIÓN



A Cátedra ALDABA WIB: Women, ICT & Business foi constituída en setembro de 2019 por ALDABA, a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo, có obxectivo de potenciar e enriquecer o progreso das TIC: por un lado, promocionando unha crecente participación das mulleres no seu desenvolvemento; e, por outro, establecendo canles bidireccionais de colaboración entre a universidade e a empresa.

Os centros adscritos a esta Cátedra son a Facultade de Informática, no campus de A Coruña da UDC, e a Escola Superior de Enxeñaría Informática, no campus de Ourense da UVigo. Ao tratarse dunha Cátedra interuniversitaria, con ela búscase promover sinerxías entre ámbalas dúas Escolas de Informática, propor actividades conxuntas e estreitar lazos.

Unha das liñas estratéxicas que contempla a Cátedra é contribuír á formación de alto nivel dos futuros graduados da FIC-UDC e a ESEI-UVigo, a través de actividades que acheguen ao corpo estudantil as necesidades e posibilidades de uso das TIC en empresas. Tamén, facilitar a súa integración no mundo laboral, salientando as competencias, coñecementos e habilidades que demanda o tecido empresarial galego.

Por outra banda, a Cátedra promove o desenvolvemento de actividades que contribúan a dar visibilidade ás achegas das mulleres no eido das TIC, de cara a xerar referentes para espertar o interese de nenas e rapazas nas carreiras tecnolóxicas. E tamén á difusión das innumerables e salientables contribucións das TIC na mellora dos servicios sociais, culturais, da saúde e, en xeral, da visión máis humana do progreso, lonxe de estereotipos puramente tecnolóxicos.

Precisamente, dentro das iniciativas para reducir a fenda de xénero no ámbito TIC, a Cátedra puxo a disposición da sociedade BBG-TIC (Barómetro da Fenda de Xénero nos estudos TIC), unha ferramenta web de balde que reflicte graficamente, e que permite consultar, filtrar por diferentes criterios e marcos temporais, a evolución da subrepresentación feminina nos estudos de enxeñaría TIC (fundamentalmente enxeñaría informática e as titulacións máis próximas), en comparación co resto dos estudos. Este "barómetro" estará permanentemente actualizado cos novos datos de matrícula, resultados académicos, etc. publicados polas administracións públicas do ensino, e permitiranos saber se as medidas que se están levando a cabo dende os distintos estamentos da sociedade para reducir a fenda están a ter éxito ou non.

 

NOTICIAS

A directora da Cátedra Aldaba WIB participa na mesa redonda 'Traballo das mulleres no ámbito tecnolóxico' no acto central polo 8M da UDC

A Universidade da Coruña organiza o martes 7 de marzo un coloquio sobre o traballo das mulleres no ámbito tecnolóxico para celebrar o Día Internacional da Muller, seguindo o tema das Nacións Unidas “Por un mundo digital inclusivo: innovación y tecnología para la igualdad de género”. 

Ler máis

A directora da Cátedra ALDABA WIB pola Universidade da Coruña participa no ciclo de charlas para o alumnado do Instituto Ramón Menéndez Pidal de Zalaeta

O instituto Ramón Menéndez Pidal de Zalaeta conmemora o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia e na Tecnoloxía cun ciclo de chalas para o alumnado. O ciclo conta con profesionais de referencia, especialmente no ámbito universitario e investigador, entre as que se atopa a directora da Cátedra ALDABA WIB, Virginia Mato Abad, quen impartirá o martes 14 de febreiro unha charla sobre enxeñaría informática, contribuindo así a dar visibilidade ás aportacións das mulleres no eido das TIC, xerar referentes e despertar o interese das nenas e rapazas nas carreiras tecnolóxicas.

Ler máis

ACTIVIDADES

 

  • VIDEOS

O 22 de abril do 2021 as docentes e investigadoras da UVigo Rebeca Díaz e Alma Gómez reflexionan sobre o papel da muller neste ámbito en GCiencia

Aquí podes ler no artigo completo -> A tecnoloxía é feminina: Día Internacional das Nenas nas TIC

 

A  Cátedra ALDABA WIB: Women, ICT & Business traballa para romper os estereotipos de xénero e conseguir que as mozas tomen a súa decisión coa información completa e realista sobre a profesión da enxeñaría informática.

 

Con motivo da celebración o 11 de febreiro do 2021 do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia a Cátedra ALDABA WIB: Women, ICT & Business patrocina o seguinte video onde a profesora da Escola Superior de Enxeñaría de Ourense Alma Gomez Rodiguez anima ás rapazas a estudar informática.

Descubre máis aquí






 

Próximos eventos:

  • Non existen eventos

Últimos eventos:

  • 07/03/2023: Mesa redonda 'Traballo das mulleres no ámbito tecnolóxico' no acto central polo 8M da UDC
  • 16/02/2023: Xuntanza presencial/virtual co persoal dos Departamentos de Orientación de Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Superior
  • 14/02/2023: Charla polo día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia e na Tecnoloxía no instituto Ramón Menéndez Pidal de Zalaeta
  • 16/12/2022: Presentación de BBG-TIC, Barómetro da Fenda de Xénero nos estudos TIC
  • 12/09/2022: Renovación convenio entre a Universidade da Coruña, UVigo e Aldaba




DOCUMENTACIÓN



Resolución convocatoria de axuda para a formación Cátedra UDC ALDABA-WIB_2021-2022: DESCARGAR
Convocatoria de axuda para a formación Cátedra UDC ALDABA-WIB_2021-2022: DESCARGAR
¿Sabías que...? _2022 Maio : DESCARGAR
¿Sabías que...?_2_2022 Xullo : DESCARGAR
¿Sabías que...?_2_2023 Marzo: DESCARGAR

ENTIDADES COLABORADORAS







 

CONTACTA CON NÓS





Ourense Escola Superior de Enxeñería Informática (ESEI). Campus de Ourense (Universidade de Vigo)
Edificio Politécnico s/n, 32004 Ourense
Directora da Cátedra:
Alma Gómez Rodríguez - alma@uvigo.es
A Coruña Facultade de Informática – UDC
Camiño do Lagar de Castro, 6, 15008 A Coruña
Directora da Cátedra:
Virginia Mato Abad - virginia.mato@udc.es