No mes de outubro de 2019 a empresa Hausmann Galénica S.L. e a Universidade da Coruña, crean a Aula de Nutraceútica e Ciencias Biomédicas, co fin de promover a cooperación e a colaboración para o desenvolvemento cultural, científico e tecnolóxico, procurando unha aplicación práctica do coñecemento en proveito da nosa sociedade.
A Aula de Nutracéutica e Ciencias Biomédicas ten como obxectivo fundamental realizar actividades e proxectos en forma conxunta en todo tipo de asuntos que resulten de interese para as institucións, que permita iniciar ou fortalecer novos canles de investigación en relación cos obxectivos comúns, dar a coñecer as propiedades de distintos principios activos contidos nos alimentos, así como promover a difusión deste coñecemento no entorno profesional do ámbito da saúde, entre os cales se mencionan os seguintes:
• De formación
Crear cursos de fácil acceso para profesionais interesados nestas materias, así como dotar do material escrito que reflicta os últimos avances en coñecementos sobre este campo.
• De investigación
Establecendo unha dotación económica que permita avanzar en áreas relacionadas con estas materias, ben apoiando grupos de investigación xa establecidos, ben creando novas líneas de investigación independentes.
• De divulgación
Actuar como difusores do coñecemento da nutrición como elemento fundamental no mantemento da saúde, ben a través de cursos, xornadas ou mediante artigos publicados na web creada para este fin.
• De transferencia de coñecemento e tecnoloxía.
Aproveitar as conclusións que vaian obtendo de traballos realizados polos grupos investigadores que permitan apoiar o uso de productos vinculados.
Na actualidade o persoal investigador da UDC e INIBIC, están levando a cabo actualizacións científicas sobre distintos principios activos contidos en diversos preparados fitoterápicos:
Boswellia serrata Roxb.
Hippophae rhamnoides L.
Directora: Rosa Meijide Failde
A Aula de Nutraceútica e Ciencias Biomédicas organiza o Curso de Nutrición Básica ONLINE. Desde hoxe e ata o 31 de agosto de 2021 todas aquelas persoas interesadas en iniciarse nos coñecementos fundamentais da ciencia da nutrición poden inscribirse.
A aula de Nutracéutica colabora co IES Eduardo Blanco Amor de Ourense na organización o 12 de outubro de 2020 da charla-coloquio "COVID19, Alimentación e hábitos de vida. Cómo mellorar o noso sistema inmunolóxico".
Tras as medidas adoptadas con motivo da crise sanitaria da COVID-19 e como medida de seguridade a Aula de Nutracéutica retoma a súa actividade online en outubro de 2020. A Coruña, Vigo, Oporto e Asturias acolleu a primeira sesión presencial antes da declaración do estado de alarma.
O Curso de Nutrición Básica pretende achegar as bases dunha correcta nutrición, de tal forma que sirva como complemento e inicio do estudo dos fundamentos da alimentación.
Está dirixido a todas as persoas interesadas en iniciarse nos coñecementos fundamentais da Ciencia da Nutrición. É 100% e cada un poderá realizalo ao seu propio ritmo.
O alumno terá ata o 15 de marzo de 2022 para enviar o cuestinario tipo test e poder acceder ao diploma acretidativo que recoñece 1,5 créditos.
O período de inscrición comeza o 15 de abril ata o 31 de decembro de 2021.