A compañía Greenalia e a Universidade da Coruña (UDC) impulsan a posta en marcha da Cátedra de Transición Enerxética. Unha iniciativa a través da cal ambas organizacións buscan promover a investigación, a divulgación e a transferencia de coñecementos sobre o impacto do cambio climático, o proceso de descarbonización e a transición enerxética, con especial atención aos seus efectos na nosa CCAA.
A estos obxectivos súmase un fundamental para ambas entidades: o impulso para crear novo talento nestas materias, pois o emprego verde presisará cada vez máis de máis e mellores especialistas.
Para iso, a productora de renovables con sede na Coruña comprométese a financiar as distintas actividades que se planifiquen anualmente no marco desta Cátedra que terá unha duración prevista de 4 anos.
O acordo acadado entre ambas entidades permitirá abordar actuacións de investigación, formación e análise centradas no proceso de descarbonización, a loita contra o quecemento global e a procura de novos sistemas e aplicacións en prol dunha transición máis inclusiva, igualitaria e xusta. Temas de máxima relevancia para o presente e futuro do noso Planeta.
Os premios ‘Galicia Renovable’ buscan visibilizar proxectos que contribúan ao proceso de descarbonización en Galicia. Catro estudantes da UDC e da USC foron galardoados cos seus respectivos Traballos de Fin de Grao e de Fin de Máster.