A Cátedra NTT DATA en Diversidade e Tecnoloxía ten os seguintes obxectivos estratéxicos:
|
![]() |
A Cátedra NTT Data presenta unha colaboración cunha entidade sen ánimo de lucro en forma dunha proposta para TFG dentro do Grao en Ciencia e Enxeñería de Datos, que será dirixida por profesorado da Facultade de Informática da Universidade da Coruña. O prazo de presentación solicitudes iniciarase despois da asignación de TFGs por parte do centro e finalizará 15 días máis tarde.
HackUDC é o primeiro hackathon ("Hack" + "Marathon") universitario da Universidade da Coruña, celebrado os días 24 e 25 de febreiro na Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Esta é a primeira edición e o obxectivo deste evento é proporcionar un espazo para que os estudantes de todos os niveis poidan mellorar e aprender novas habilidades, coñecer xente incrible e pasalo en grande creando un proxecto Open source cos seus compañeiros de equipo.
O Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coas tres universidades públicas galegas, a Universidade da Coruña (UDC), a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Universidade de Vigo (UVigo), organiza a Olimpíada Informática Galega 2023, que da acceso á XXVII Olimpíada Informática Española (OIE). Conta co apoio da Cátedra NTT DATA, DXC Technology, Dinahosting, GDI our vision our hope, Sixtema, Aws, Asper cloud services, Mindata, Minsait, Veritas y el Ayuntamiento de Coruña.
Entre as cinco persoas do estudantado asignadas a estes proxectos, a Cátedra NTT Data becará ás dúas con maior nota no seu expediente académico. Cada beca terá un importe de 3.200 euros. Resolución_beneficiarios bolsas TFGs 2022/2023 Nova colaboración con Cruz Roja, entidade sin ánimo, en forma de proposta para TFGs, dirixidos por profesorado da FIC.
A persoa asignada a este proxecto será becada pola Cátedra NTT por un importe de 3.200 euros. |
![]() |