-Lograr que en A Coruña se forme un centro de referencia no ámbito da Traumatoloxia do Deporte, non só para Galicia, senón para todo o noroeste peninsular.
-Promover unha formación de calidade no campo da Traumatoloxía do Deporte nos ámbitos da medicina, fisioterapia, e da educación física, da que podan aproveitarse os profesionais da contorna da UDC e da Coruña.
-Estimular a investigación no ámbito da Traumatoloxía do Deporte.
A Cátedra HM-UDC lanza unha nova convocatoria de bolsas de formación para licenciados en medicina especializada en traumatoloxía del deporte. O prazo de recepción de solicitudes está aberto ata o 22 de decembro de 2022.
Artigo do Dr. Rafael Arriaza na Voz de Galicia sobre algún dos principais interrogantes que plantexa a noticia sobre o tratamento proposto a Rafa Nadal no seu pé.
A conferencia, organizada polo Grupo de Neurociencia e Control Motor, a Facultade de Ciencias da Saúde, o INIBIC, o CICA, o Grupo MODES e a Cátedra HM-UDC, terá lugar o 14 de xuño ás 13.00 horas.
A Cátedra HM- UDC convoca para o curso académico 2022-2023 dúas novas bolsas de formación para médicos con interese no ámbito da Traumatoloxía Deportiva. Ofrece a posibilidade a médicos que non teñen unha formación específica dentro do seu programa de estudos de Medicina nin nas diferentes especialidades médicas vía M.I.R., a posibilidade de realizar unha formación específica neste campo un ano nun centro de referencia nacional e internacional.
O prazo de presentación de solicitudes dará comezo o 1 de outubro ata o 22 de decembro de 2022.