-Lograr que en A Coruña se forme un centro de referencia no ámbito da Traumatoloxia do Deporte, non só para Galicia, senón para todo o noroeste peninsular.
-Promover unha formación de calidade no campo da Traumatoloxía do Deporte nos ámbitos da medicina, fisioterapia, e da educación física, da que podan aproveitarse os profesionais da contorna da UDC e da Coruña.
-Estimular a investigación no ámbito da Traumatoloxía do Deporte.

O traumatólogo coruñés e codirector da Cátedra HM de Traumatoloxía do Deporte na Universidade da Coruña, Rafael Arriaza, impulsou no ano 2021 na cidade o proxecto Bolboretas Rosas, dirixido a pacientes en proceso de recuperación de cancro de mamá e cuxo orixe se remonta a 1995 en Canadá. O Dr. McKenzie, médico do Deporte e profesor universitario en Vancouver, elaborou un programa de remo en dragon boat cun grupo de voluntarias, co obxectivo de evitar o risco de linfedema no brazo ao lado operado nas pacientes. Os resultados do estudo concluíron, ao finalizar o estudo, que ningunha das participantes desenvolveu dita patoloxía asociada.

A Doutora Adriana Thompson Barquero foi beneficiaria da bolsa de formación de 8.000 euros no curso 2023-2024 da Cátedra HM de Traumatoloxía do Deporte da UDC. Esta bolsa ofrece a licenciados en medicina con interese na Traumatoloxía do Deporte a posibilidade de realizar unha formación específica neste campo nun centro de referencia nacional e internacional. Thompson destacou durante a súa estancia que: "De manera general ha sido una gran experiencia formar parte de este equipo de trabajo, desde la aportación de cada uno de los miembros del mismo en el crecimiento profesional que he tenido".

A Cátedra de Traumatoloxía do Deporte da UDC lanza a II convocatoria do premio á mellor publicación científica do ano 2023 en Traumatoloxía do Deporte.
