Ghenova é unha empresa internacional con sede en Sevilla que ofrece servizos multidisciplinares de enxeñaría e consultaría con máis de 500 empregados, dos que o 80% son enxeñeiros. As liñas de negocio son Naval e Defensa, Enerxía e Industria, Transformación Dixital e Infraestruturas. Traballa en proxectos internacionais en máis de 25 países, desenvolvendo 900.000 horas de enxeñaría e consultaría ao ano.
Ten unha longa vinculación con Galicia, con oficinas en Ferrol e Vigo con preto de 150 profesionais, ademais de contar con sedes en diferentes países como Brasil, Colombia, Bolivia e Australia.
A aposta pola diversificación, a sinerxía entre as áreas de negocio e a innovación continua sitúan a Ghenova entre as empresas líderes de enxeñaría en Europa e Iberoamérica. A experiencia acumulada ao longo de máis de 25 anos de actividade, os bos resultados e, sobre todo, a confianza dos clientes, contribúen a que siga medrando nos sectores tecnoloxicamente máis esixentes.

A Cátedra Ghenova de Industria 4.0, Ghenova e Universidade da Coruña organizan unha xornada dedicada a abordar os desafíos e solucións no ámbito da ciberseguridade no sector naval o martes 29 de outubro na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol as 18:00h

O evento foi organizado por Ghenova xunto á Autoridade Portuaria De Ferrol e co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica, ACLUNAGA e a Cátedra Ghenova-UDC, onde expertos do sector naval reúnense para analizar os retos de ciberseguridade no século XXI durante estas xornadas.
