PRESENTACIÓN



En maio de 2017 a Deputación Provincial da Coruña e a Universidade da Coruña, crean a "Cátedra de Dereito Local", nomeando como Coordinador ao Dr. Carlos Alberto Amoedo Souto, Catedrático E.U. de Dereito Administrativo desde xuño de 2002.

O Dr. Carlos Alberto Amoedo Souto imparte docencia desde 1994 nas Facultades de Dereito, Humanidades e Documentación, e Economía e Empresa da Universidade da Coruña.

En pleno século XXI, é preciso establecer un plan para impulsar a difusión do Dereito Público no ámbito da Administración Local e construir as bases dun Dereito Público Global

A "Cátedra de Derecho Local" conta cos medios e estructuras necesarias que lle permitirán dinamizar o modelo de Administración Local vixente ao servizo do interese xeral e da sociedade no seu conxunto.

Os fins xerais desta Cátedra Institucional serán fomentar, divulgar e contribuir con actividades de formación, información e asistencia a través de:

  • Actividades divulgativas en materia de Dereito Local (de carácter permanente). 

Inclúe a realización de estudos e cursos en materia de Dereito Local, podendo colaborar en ocasións con outras entidades e desenvolvendo unha newsletter para os concellos de A Coruña. 

  • Publicacións

Inclúe a elaboración e publicación de estudos en materia de Dereito Local e Dereito Local Comparado e a elaboración dun Anuario Iberoamericano de Dereito Local.


Para o logro dos seus fins a Cátedra ten a intención de desenvolver entre outras as seguintes actividades:

  • De investigación
    • Cooperación para lograr proxectos de investigación no ámbito galego, nacional, europeo e internacional.
    • Promoción de encontros, intercambios de expertos entre distintas universidades europeas e iberoamericanas e redes docentes no marco da cooperación internacional universitaria.
  • De divulgación
    • Organización de xornadas de carácter divulgativo.
    • Publicacións en materia de dereito local e dereito local comparado e iberoamericano.
    • Promoción e participación en foros, e en acontecementos científicos e técnicos locais e internacionais.
    • Divulgación das actividades da cátedra no ámbito local e iberoamericano.
  • De transferencia de conoñecemento.
    • Promoción e subscrición de convenios e contratacións de grupos da universidade para desenvolver accións de innovación ou asesoramento e consultoría especializada.

 

ACTUALIDADE

A Cátedra de Dereito Local acolle unha xornada sobre a realidade de Recoñecemento Extraxudicial de Crédito

A Facultade de Dereho da UDC acolleu o venres 13 de setembro un foro para a exposición e análise das distintas perspectivas xurídicas sobre o Recoñecemento Extraxudicial de Crédito (REC). Mediante a combinación de perspectivas por parte de xuristas especializados no control das Administracións Locais, buscouse definir a mellor forma de interpretar esta técnica de corrección das patoloxías dá contratación administrativa local.

Ler máis

A Cátedra de Dereito Local organiza unha nova xornada sobre o recoñecemento extraxudicial de créditos no ámbito local: problemas e propostas de solución

A Facultade de Dereito da Universidade da Coruña acollerá o vindeiro13 de setembro de 2024 a xornada baixo o título “O recoñecemento extraxudicial de créditos no ámbito local: problemas e propostas de solución”, organizada pola Cátedra de Dereito Local en colaboración co Consello de Contas de Galicia.

Ler máis




 

Próximos eventos:

  • Non existen eventos

Últimos eventos:

  • 24/09/2024: Colaboración da Cátedra de Dereito Local na II Jornada Economía circular Local’ baixo o lema “Contratación pública estratégica de gestión de residuos municipales: recomendaciones y buenas prácticas”
  • 23/09/2024: Colaboración da Cátedra de Dereito Local na II Jornada Economía circular Local’ baixo o lema “Contratación pública estratégica de gestión de residuos municipales: recomendaciones y buenas prácticas”
  • 13/09/2024: Xornada "O recoñecemento extraxudicial de créditos no ámbito local: problemas e propostas de solución"
  • 20/10/2023: V Congreso do Observatorio de Contratación Pública
  • 19/10/2023: V Congreso do Observatorio de Contratación Pública




DOCUMENTACIÓN



V Congreso do Observatorio de Contratación Pública_18 o 20 de outubro de 2023_programa: DESCARGAR
31.05.2017_Convenio entre a Deputación Provincial da Coruña e a UDC: DESCARGAR
13.07.2018_A protección de datos persoais no Regulamento UE 2016-679: DESCARGAR
02.03.2018_Xornada de estudo sobre o novo marco legal das verbenas en Galicia: DESCARGAR
5.10.2018_Xornadas sobre o control da actuacion administrativa das entidades locais : DESCARGAR
9-10.11.2017_Xornadas sobre contratación pública nova lei de contratos do sector público e boa administración: DESCARGAR
20.04.2018_Xornada sobre sobre a nova Lei 4-2017 : DESCARGAR
Publicación Tese Doutoral Patrimonio Cultural e Urbanismo_2015: DESCARGAR
14-15.11.2019_Políticas innovadoras de dinamización rural en Galicia: DESCARGAR
21.06.2019_ Os Concellos galegos ante o desafío da sustentabilidade ambiental: DESCARGAR
07.06.2019_ As entidades locais perante a entrada en vigor da Lei 1/2019, de rehabilitación, rexeneración e renovación urbana de Galicia: DESCARGAR
9-10.11.2017_Xornadas sobre contratación pública nova lei de contratos do sector público e boa administración: DESCARGAR
20.04.2018_Xornada sobre sobre a nova Lei 4-2017, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia e a súa incidencia sobre as Administracións Locais: DESCARGAR
13.07.2018_A protección de datos persoais no Regulamento UE 2016-679 e no proxecto da lei organica de protección de datos-dereitos e obrigas para as entidades locais: DESCARGAR
4-5.10.2018_Xornadas sobre o control da actuacion administrativa das entidades locais-entre a resposta penal e administrativa: DESCARGAR
02.03.2018_Xornada de estudo sobre o novo marco legal das verbenas en Galicia: DESCARGAR
11.12.2020_Seminario sobre Un novo modelo de residencias para a terceira idade? Propostas de sustentabilidade asistencial: DESCARGAR
Videos seminario Un novo modelo de residencias para a terceira idade? Propostas de sustentabilidade asistencial: DESCARGAR
09.06.2021_Xornada Dereito contra cultura? Unha relación conflitiva a debate: DESCARGAR
10.12.2021_Xornada O dereito da instalación de parques eólicos a debate: DESCARGAR
04.02.2022_Relatorio "Balance de dos años cruciales: COVID, medio ambiente y patrimonio natural" por Carlos Amoedo no XVI Congreso da AEPDA: DESCARGAR
13.01.2022_Xornada "As políticas enerxéticas das entidades locais: novos escenarios": DESCARGAR
13.9.2024_Xornada “O recoñecemento extraxudicial de créditos no ámbito local: problemas e propostas de solución”: DESCARGAR

FINANCIAMENTO



O convenio de colaboración entre a Deputación da Coruña e a UDC ten unha duración inicial de 4 anos

ENTIDADES COLABORADORAS







 

CONTACTA CON NÓS





 
Carlos A. Amoedo Souto
Director da Cátedra de Dereito Local
Correo electrónico: comunicacion@fuac.es