PRESENTACIÓN



A Cátedra de internacionalización de Estudos Luis Fernández Somoza enmárcase dentro da idea de proxectar aos nosos estudantes e profesores internacionalmente, así como á recepción de personalidades académicas de presticio, que aporten unha visión ampla na realidade complexa da globalización económica.

A formación dos economistas, tanto profesores coma estudantes, esixe unha adecuación á competencia internacional e á flexibilidade na adaptación a novos mercados e novos produtos, nunha economía cada vez máis transnacional. A planificación estratéxica da Facultade de Economía e empresa da Universidade da Coruña contempla este feito e a Cátedra pretende proxectalo como un elemento máis do programa.

A Cátedra estrutúrase a través dunha comisión de seguimento, que ten entre os seus obxectivos a mobilidade de profesores e estudantes, así como a presenza internacional da facultade a través de novos convenios de dobres titulacións de grao, mestrado ou doutoramento con outras facultades de economía e empresa internacionais e localizadas como estratéxicas. Así mesmo, promoveranse ciclos de conferencias con académicos de relevancia internacional e outras actividades de transferencia de coñecemento e tecnoloxía.

Desde aquí, invitamos tanto aos estudantes como ao profesorado a enriquecer a súa formación a través da internacionalización dos seus coñecementos e capacidades, a sabendas de que este é o camiño correcto para mellorar o benestar da nosa Economía e a satisfacción dos seus profesionais.

A recepción de profesorado de outros países supón para nós o eixo da relación con outros centros, polo que lles invitamos a contactar con nós neste proxecto, coa seguridade de que o intercambio de coñecementos será frutífero para ambos e permitiranos achegar máis as nosas economías e aos nosos profesionais.

 

Carlos Estévez Mengotti
Director da Cátedra de Internacionalización Luis Fernández Somoza

 

 

ÚLTIMAS NOVAS

A profesora da Facultade de Economía e Empresa Rosa Mariz, I Premio Profesorado Internacional da UDC

A docente asegura que parte do galardón corresponde á Cátedra Luís Fernández Somoza polo seu apoio á internacionalización de estudos.

Ler máis

A Cátedra Luis Fernández Somoza colabora no Congreso ACEDE coa participación de Dr. Sibin Wu

A Facultade de Economía e Empresa da UDC é a sede do encontro para o fomento do avance do coñecemento sobre a Economía e a Dirección da Empresa a través do debate e a crítica construtiva.

Ler máis

Sete alumnos de Economía e Empresa contan con axudas á internacionalización para o curso 2018/2019

A Cátedra Luis Fernández Somoza vén de resolver a primeira convocatoria de axudas a estudantes e mantén aberto o programa para docentes e investigadores.

Ler máis

INSCRICIÓN

Alumnado

Convócanse 10 bolsas (9 para Grado e 1 para MBA) cun importe total de 20.300 euros.

Se cumpres os requisitos da convocatoria, enche o formulario de inscrición para a solicitude das axudas económicas para a internacionalización.

Profesorado y personal de investigación

3 novas convocatorias






 

Próximos eventos:

  • Non existen eventos

Últimos eventos:

  • 30/04/2019: Peche da convocatoria de axudas ao alumnado
  • 21/03/2019: Conferencia de David Finn en materia de ciberseguridade
  • 21/03/2019: Visita institucional da Universidade de Delaware-Widener
  • 15/03/2019: Apertura anual das axudas á internacionalización do profesorado
  • 15/03/2019: Apertura da convocatoria de axudas ao alumnado




DOCUMENTACIÓN



Bases da terceira convocatoria de bolsas para a internacionalización: DESCARGAR
Concesión convocatoria de febreiro de 2019 de axudas á mobilidade de profesorado estranxeiro: DESCARGAR
Concesión convocatoria de febreiro de 2019 de axudas á mobilidade de profesorado da FEE da UDC: DESCARGAR
Concesión convocatoria de febreiro 2018 de axudas á mobilidade de profesorado da FEE da UDC: DESCARGAR
Concesión convocatoria de marzo 2018 de bolsas para a mobilidade de profesorado estranxeiro: DESCARGAR
Concesión convocatoria de maio 2018 de axudas á mobilidade de profesorado estranxeiro: DESCARGAR
Concesión convocatoria de xuño 2018 de axudas á mobilidade de profesorado estranxeiro: DESCARGAR
Concesión convocatoria de xullo 2018 de axudas á mobilidade de profesorado estranxeiro: DESCARGAR
Concesión convocatoria de xullo 2018 de axudas á mobilidade de profesorado da FEE da UDC: DESCARGAR
Concesión convocatoria de agosto 2018 de axudas á mobilidade de profesorado estranxeiro de investigación: DESCARGAR
Concesión convocatoria de setembro 2018 de axudas á mobilidade de profesorado da FEE da UDC: DESCARGAR
Concesión da segunda convocatoria de bolsas para a internacionalización do alumnado (2018): DESCARGAR
Concesión convocatoria de outubro 2018 de axudas á mobilidade de profesorado da FEE da UDC: DESCARGAR
Concesión convocatoria de novembro de axudas á mobilidade de profesorado da FEE da UDC: DESCARGAR
Concesión convocatoria de xuño 2019 de bolsas para a mobilidade de profesorado estranxeiro: DESCARGAR
Concesión convocatoria de abril de bolsas para a mobilidade de profesorado estranxeiro: DESCARGAR
Concesión convocatoria de xuño 2019 de axudas á mobilidade de profesorado da FEE da UDC: DESCARGAR
Concesión da terceira convocatoria de bolsas para a internacionalización do alumnado: DESCARGAR
Concesión convocatoria de xuño 2019 de axudas para a movilidade de profesorado extranxeiro: DESCARGAR
Concesión convocatoria de xullo 2019 de axudas para a movilidade de profesorado extranxeiro: DESCARGAR
Bases da convocatoria de axudas para a mobilidade de profesorado estranxeiro: DESCARGAR
Bases para a convocatoria de axudas á movilidade de profesorado e investigadores de Grupos de Investigación / Programas de Doutoramento da FEE: DESCARGAR
Bases para a convocatoria de axudas á mobilidade de profesorado da FEE da UDC: DESCARGAR
Bases para a convocatoria de axudas á mobilidade de profesorado da FEE da UDC: DESCARGAR
Bases para a convocatoria de axudas á mobilidade de profesores e investigadores en Programas de Doutoramento da FEE: DESCARGAR
Bases para a convocatoria de axudas á mobilidade de profesorado investigador estranxeiro: DESCARGAR
Bases da convocatoria de axudas para a mobilidade de profesorado estranxeiro: DESCARGAR
Bases da segunda convocatoria de bolsas para a internacionalización: DESCARGAR

FINANCIAMENTO



O acordo entre a Universidade da Coruña e Cartesón S.L. ten unha duración inicial de tres anos e conta cun importe de 150.000 euros, a razón de 50.000 euros anuais destinados ao cumprimento dos obxectivos da Cátedra.

 

CONTACTE CON NÓS





Cátedra Luis Fernández Somoza
Facultade de Economía e Empresa da UDC
Campus de Elviña s/n, 15071, A Coruña
Tel: 981 167 000 
catedralfs@gmail.com