A Cátedra NTT DATA en Diversidade e Tecnoloxía ten os seguintes obxectivos estratéxicos:
|
A Cátedra NTT Data participará na Feira de Prácticas e de Emprego (FePEfic 2024), que organiza a Facultade de Informática da UDC, os días 23,24 e 25 de abril. Un evento destinado ao alumnado que o próximo curso académico realizarán prácticas curriculares en empresas como vía para iniciar o seu camiño profesional nun mercado altamente dinámico e demandante de perfís cualificados.
A Cátedra NTT Data, na cuarta edición da convocatoria de bolsas para a realización do Traballo de Fin de Grao en colaboración con ONGs, concede a bolsa para o traballo “Desafíos éticos e técnicos na loita contra a discriminación algorítmica e ou nesgo sistémico”, en colaboración con Ecos do Sur.
A Cátedra NTT Data presenta unha colaboración con Ecos do Sur, entidade sen ánimo de lucro en forma de catro proposta para TFGs, que será dirixida por profesorado da Facultade de Informática da Universidade da Coruña. O prazo de presentación de solicitudes iniciaráse despois da asignación de TFGs por parte do centro.
Entre as catro persoas do estudantado asignadas a estes proxectos, a Cátedra NTT Data becará ás dúas con maior nota no seu expediente académico. Cada beca terá un importe de 3.200 euros. Resolución definitiva de beneficiarios bolsas TFGs 2023/2024_2.2.2024
Entre a persoa do estudantado asignada a este proxecto, a Cátedra NTT Data becará a aquela con maior nota no seu expediente académico. A beca terá un importe de 3.200 euros. Resolución definitiva de beneficiarios bolsas TFGs 2023/2024_3.4.2024 |