QUEN SON



Somos un equipo multidisciplinar conformado polo profesorado e os investigadores do Performance & Health Group (PH-G) da Universidade da Coruña, por profesionais sanitarios dos Servizos de Oncoloxía e Rehabilitación do CHUAC e profesionais sociosanitarios da Sede Provincial da Coruña da AECC, financiados polas Cátedras AECC 2024. 
 
Únenos o obxectivo de humanizar a atención ás persoas con cancro e lograr que tanto elas como os seus familiares benefíciense dos efectos preventivos, terapéuticos e promotores de benestar e calidade de vida a través da práctica segura e eficaz de exercicio físico.
 
A nosa misión é formar unha Rede de Exercicio Contra o Cancro, na que participen persoas, entidades e servizos comunitarios. Esta rede dedicarase a difundir información científica confiable e a ofrecer asesoramento telemático a pacientes, familiares e profesionais, creando unha contorna de apoio, aprendizaxe e mellora continua no ámbito do exercicio e a saúde oncolóxica.
 
As nosas liñas de traballo son: 
• Promover a divulgación e ofrecer asesoramento para empoderar aos pacientes e os seus familiares, axudándolles a comprender os beneficios do exercicio físico no tratamento e a recuperación do cancro.
• Proporcionar formación continua e apoio especializado a profesionais da saúde e o exercicio, asegurando un enfoque integral e ben fundamentado.
• Brindar atención personalizada a pacientes e familiares, orientándoos en todo momento sobre as mellores prácticas en actividade física durante o proceso oncolóxico.
• Xerar e aplicar coñecemento científico para optimizar a prescrición de exercicio físico, deseñar programas de adestramento efectivos e garantir a seguridade na súa práctica.

 

ACTUALIDADE

ACTIVIDADES E OBRADOIROS






 

Próximos eventos:

  • Non existen eventos

Últimos eventos:

  • 24/09/2024: Nace a Cátedra AECC-UDC Exercicio Contra o Cancro
  • 24/09/2024: Día internacional da Investigación Oncolóxica
  • 23/07/2024: Sinatura convenio marco de colaboración entre a Fundación Científica de la Asociación Española contra el cáncer e a Universidade da Coruña




ASESORAMENTO



Guía para profesionais para promoción do exercicio en pacientes con cáncer: DESCARGAR

FINANCIAMENTO



O convenio de colaboración entre a Fundación Científica de la Asociación Española Contra el Cáncer e a UDC ten unha duración inicial de 4 anos.

ENTIDADES COLABORADORAS







 

CONTACTA CON NÓS





Dirección: Manuel Avelino Giráldez García
Whatsapp: +34 614577276