Ghenova é unha empresa internacional con sede en Sevilla que ofrece servizos multidisciplinares de enxeñaría e consultaría con máis de 500 empregados, dos que o 80% son enxeñeiros. As liñas de negocio son Naval e Defensa, Enerxía e Industria, Transformación Dixital e Infraestruturas. Traballa en proxectos internacionais en máis de 25 países, desenvolvendo 900.000 horas de enxeñaría e consultaría ao ano.
Ten unha longa vinculación con Galicia, con oficinas en Ferrol e Vigo con preto de 150 profesionais, ademais de contar con sedes en diferentes países como Brasil, Colombia, Bolivia e Australia.
A aposta pola diversificación, a sinerxía entre as áreas de negocio e a innovación continua sitúan a Ghenova entre as empresas líderes de enxeñaría en Europa e Iberoamérica. A experiencia acumulada ao longo de máis de 25 anos de actividade, os bos resultados e, sobre todo, a confianza dos clientes, contribúen a que siga medrando nos sectores tecnoloxicamente máis esixentes.
A Cátedra Ghenova de Industria 4.0, Ghenova e Universidade da Coruña organizan unha xornada dedicada a abordar os desafíos e solucións no ámbito da ciberseguridade no sector naval o martes 29 de outubro na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol as 18:00h
O evento foi organizado por Ghenova xunto á Autoridade Portuaria De Ferrol e co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica, ACLUNAGA e a Cátedra Ghenova-UDC, onde expertos do sector naval reúnense para analizar os retos de ciberseguridade no século XXI durante estas xornadas.
Introducción ao Xemelgo Dixital con AMESIM, curso básico
Formación dirixida a alumnos matriculados en 4º curso do grao en Enxeñaría Naval ou Enxeñaría Industrial, ou en 2º curso dos másteres que se imparten na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), organizada pola Cátedra Ghenova-UDC de Industria 4.0.
Fechas de impartición:
Venres, 4 de abril de 2025_ Módulo 1
Venres, 25 de abril de 2025_ Módulo 2
Venres, 9 de maio de 2025_ Módulo 3
Horario de impartición: de 16:00h a 19:00h
Lugar de celebración: Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol. Aula de Informática 2. Campus de Esteiro.
Matrícula: gratuíta.
Máximo 10 plazas, reservaránse 5 plazas para matriculados de 4º curso del grao e outras 5 prazas para os matriculados en 2º curso dos másteres que se impartan na EPEF, do presente ano académico.
Programa formativo (consulta aquí)
A Cátedra Ghenova-UDC de industria 4.0.conta cunha achega económica anual de 20.000 euros.