SOBRE O MÁSTER



O Máster Propio da UDC en Criminoloxía (MCrim) é a primeira oferta formativa de posgrao en materia criminolóxica do Sistema Universitario Galego. Xa que logo, é un título de posgrao adaptado ao estudo da criminalidade, da desviación e dos conflitos na nosa realidade social, que ten particularidades diferenciais en relación coas grandes cidades españolas e europeas.


O MCrim ten unha marcada orientación interdisciplinaria, o que o fai axeitado para estudantes con formación en eidos diversos, como o Dereito, a Psicoloxía, a Socioloxía ou o Traballo Social, entre outros. Ao tempo, o MCrim ofrece unha formación teórica, pero tamén empírica e pragmática, polo que é especialmente apropiado para persoas que teñan comezado, ou queiran comezar, unha carreira profesional nos eidos do sistema penal –policía, tribunais, execución de penas- ou da asistencia e os servizos sociais. No marco dun posgrao semipresencial dun ano de duración, o MCrim proporciona a eses estudantes e profesionais un coñecemento especializado sobre unha ampla pluralidade de problemas e conflitos sociais e sobre o xeito de gobernalos, con especial atención á delincuencia e á penalidade.  


O MCrim susténtase no elevado nivel de coñecementos en materia criminolóxica acumulados por parte de diversos equipos de investigación da UDC, que gozan dun significado recoñecemento internacional. No MCrim, estes equipos académicos estruturan a oferta formativa en diálogo con outros profesionais e co propio estudantado, nun título que fai da construción colectiva de saberes un dos seus sinais de identidade.

RELACIÓN DE MATERIAS Y PROFESORES RESPONSABLES
1.Control social formal_Eva Souto García
2.Teorías da desviación e do control social_Keina Espiñeira González
3.Personalidade social, agresividade e violencia_Pablo Espinosa Breen
4.Debates criminolóxicos contemporáneos_José Ángel Brandariz
5.Métodos de investigación en criminoloxía_Eleder Piñeiro Aguiar
6.Psicoloxía Xurídica_Miguel Clemente Díaz
7.Dereito e Sociedade_Cristina Fernández Bessa
8.Cultura, comunicación e desviación_Eleder Piñeiro Aguiar
9.Prevención da desviación e da criminalidade_Carmen Lamela Viera
10.Intervención psicosocial ante o comportamento desviado_Pablo Espinosa Breen
11.Vitimoloxía e modelos restaurativos_Xulio Ferreiro Baamonde
12.Axencias de control: policía e poder xudicial_Cristina Fernández Bessa
13.Penoloxía_Luz Mª Puente Aba
14.Criminoloxía e xénero_Patricia Faraldo Cabana
15.Criminoloxía, fronteiras, nacionalidade e etnicidade_Cristina Fernández Bessa e Ana Ballesteros Pena
16.Formas de criminalidade_José Antonio Ramos Vázquez
17.Menores, desviación e criminalidade__José Antonio Ramos Vázquez e Miguel Clemente Díaz

⇒Consulta aquí a relación de materias que se impartirán no MCrim e os profesores responsables de cada unha delas.

 

ACTUALIDADE-NEWS

Transferencia de coñecemento interdisciplinario desde o MCrim

O Máster propio da UDC en Criminoloxía, dirixido polo profesor José Ángel Brandariz, conta coa experiencia docente e investigadora de catedráticos como Patricia Faraldo e Miguel Clemente.

Ler máis

José A. Brandariz, membro de Ecrim Udc acaba de publicar un novo artigo

José A. Brandariz, membro de Ecrim Udc e Director do Máster Propio da UDC en Criminoloxía acaba de publicar un novo artigo sobre Criminoloxía Teórica.

Ler máis

Primeira oferta formativa de posgrao en materia criminolóxica do Sistema Universitario Galego

Lanzamos o Máster Propio da Universidade da Coruña en Criminoloxía (MCrim): primeira oferta formativa de posgrao en materia criminolóxica do Sistema Universitario Galego.

Ler máis

SOLICITAR INSCRICIÓN

INFORMACIÓN:

Datas de impartición: do 15/09/2021 ao 17/06/2022

Preinscrición: do 12/07/2021 ao 03/09/2021

Matrícula: do 08/09/2021 ao 15/09/2021

Nº alumnos: mínimo 10, máximo 40

Aulas: aula 16 da Facultade de Dereito da UDC (Campus de Elviña)

Horarios: mércores 16:00 a 20:00 horas, xoves e venres 16:00 a 21:00 horas.

Modalidade: semipresencial.

Créditos: 60 ECTS.

Avaliación: avaliación continua a través da asistencia e participación en clase. É obrigatoria a presentación dun traballo de fin de curso.

PREINSCRICIÓN

Os alumnos interesados en cursar o postgrao deberán preinscribirse (sen abono de taxas) do 12 de xullo ao 3 de setembro de 2021, tendo en conta que o día siguiente deberá ter aportado a totalidade da documentación requirida e que se detalla máis abaixo.

Caso de solicitar Bolsa, realizarase todo o proceso de documentación no momento de realizar a preinscrición, adxuntando a documentación acreditativa que sexa solicitada.

MATRÍCULA

Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos deberán proceder ao abono de taxas de matrícula. A matrícula ten un custo de 3.500 euros, que o alumno poderá satisfacer en un ou dous prazos:

Pago único: 

Abonaránse 3.500 euros do 8 de setembro ao 15 de setembro de 2021.

Pago aprazado

Abonaránse nun primeiro prazo 1.750 euros do 8 de setembro ao 15 de setembro de 2021.

Abonaránse nun segundo prazo 1.750 euros do 10 de xaneiro ao 24 de xaneiro de 2022.

*A ligazón de pagamento estará dispoñible cando se abra o prazo de matrícula.

BOLSA MATRÍCULA

Unha vez aceptada a súa solicitude de bolsa, o alumno deberá efectuar un só pagamento de 1.750 euros en concepto de matrícula, quedando liberado do segundo.

SOLICITUDE DE BOLSA

Existen 2 bolsas do 50% da matrícula, que se poderán solicitar do 12 de xullo ao 3 de setembro de 2021.






 

Próximos eventos:

  • Non existen eventos

Últimos eventos:

  • 12/07/2021: Apertura prazo de inscrición Máster Propio da UDC en Criminoloxía




RECURSOS



Programa do Máster de Criminoloxía: DESCARGAR



ENTIDADES COLABORADORAS







 

CONTACTA CON NÓS





Máster Propio da UDC en Criminoloxía
Facultade de Dereito da UDC 
Campus de Elviña s/n, 15071, A Coruña
Director: Jose A. Brandaríz
E-mail:master.criminoloxia@udc.es