QUEN SON



Somos un equipo multidisciplinar conformado polo profesorado e os investigadores do Performance & Health Group (PH-G) da Universidade da Coruña, por profesionais sanitarios dos Servizos de Oncoloxía e Rehabilitación do CHUAC e profesionais sociosanitarios da Sede Provincial da Coruña da AECC, financiados polas Cátedras AECC 2024. 

Únenos o obxectivo de humanizar a atención ás persoas con cancro e lograr que tanto elas como os seus familiares benefíciense dos efectos preventivos, terapéuticos e promotores de benestar e calidade de vida a través da práctica segura e eficaz de exercicio físico.

A nosa misión é formar unha Rede de Exercicio Contra o Cancro, na que participen persoas, entidades e servizos comunitarios. Esta rede dedicarase a difundir información científica confiable e a ofrecer asesoramento telemático a pacientes, familiares e profesionais, creando unha contorna de apoio, aprendizaxe e mellora continua no ámbito do exercicio e a saúde oncolóxica.

As nosas liñas de traballo son: 

•  Promover a divulgación e ofrecer asesoramento para empoderar aos pacientes e os seus familiares, axudándolles a comprender os beneficios do exercicio físico no tratamento e a recuperación do cancro.

•  Proporcionar formación continua e apoio especializado a profesionais da saúde e o exercicio, asegurando un enfoque integral e ben fundamentado.

•  Brindar atención personalizada a pacientes e familiares, orientándoos en todo momento sobre as mellores prácticas en actividade física durante o proceso oncolóxico.

•  Xerar e aplicar coñecemento científico para optimizar a prescrición de exercicio físico, deseñar programas de adestramento efectivos e garantir a seguridade na súa práctica.

 

NOTICIAS

A Cátedra AECC-UDC abre inscricións para o curso de formación en adestramento físico adaptado a persoas con cancro

A Cátedra AECC-UDC Exercicio contra o Cancro, impulsa o Curso de Formación Específica en Adestramento Físico Adaptado a Persoas con Cancro [para máis información e inscripcións pica aquí], unha proposta formativa orientada a profesionais do exercicio físico, o deporte e a saúde que desexen especializarse no deseño, a planificación e a supervisión de programas de exercicio físico adaptados para persoas con cancro.

Ler máis

Aberto o prazo de inscrición do Seminario: Exercicio e cancro

A Cátedra AECC-UDC: Exercicio contra o Cancro, en colaboración co Grupo de Rendemento e Saúde (PHG) da Universidade da Coruña, ten entre os seus obxectivos a formación continua de profesionais da saúde e do exercicio. Neste marco, creouse o "Seminario: Exercicio e Cancro", un programa de formación de 16 semanas dirixido a estudantes do Grao en Actividade Física e Ciencias do Deporte (CCAFYD).

Ler máis

Xornada da Cátedra AECC-UDC exercicio contra o cancro

O próximo 22 de novembro de 2025 e en horario de 9:45 a 18:30 horas, terá lugar a VI Xornada da Cátedra AECC-UDC exercicio contra o cancro que leva por título "Exercicio Físico e Cancro" no Hotel NH Collection Santiago de Compostela en Santiago de Compostela. 

Ler máis

ACTIVIDADES E SERVIZOS

Charlas e talleres Máis información próximamente
Programa de exercicio Máis información próximamente
Asistencia técnica ao servizo de rehabilitación do CHUAC Máis información próximamente

CHARLAS E TALLERES

Proximamente haberá charlas e talleres sobre os beneficios do exercicio físico en persoas con cancro, están confirmadas en Carballo (7 y 14 de mayo de 2026 [1º charla, 2º taller]), Miño (13 e 20 de maio de 2026 [1º charla, 2º taller]), As Pontes (23 e 30 de setembro de 2026 [1 charla, 2º taller]) e na Pobra do Caramiñal (24 de setembro e 1 de outubro de 2026 [1º charla, 2º taller]).

Inscricións no 981142740 ou en acoruna@contraelcancer.es

Taller sobre beneficios do exercicio físico nas persoas con cancro en Carballo 

Charla gratuíta-xoves, 7 de maio de 2026 ás 16:30h na Sala de Formación Cervantes no Mercado.

Taller gratuíto-xoves, 14 de maio de 2026 as 16:00h, na 2ª planta do Mercado.

Taller sobre beneficios do exercicio físico nas persoas con cancro en Miño

Charla gratuíta-mércores, 13 de maio de 2026 ás 16:30h, no Auditorio Municipal (Miño).

Taller gratuíto-mércores, 20 de maio de 2026 as 16:00h,no Auditorio Municipal (Miño).

PROGRAMA DE EXERCICIO

Curso de Formación específica Adestramento Físico Adaptado a Persoas con Cancro

Formación específica para profesionais do exercicio físico, o deporte e a saúde no deseño e adaptación de programas de exercicio físico para persoas con cancro, orientados a mellorar a súa condición física relacionada coa saúde, a súa calidade de vida e a adherencia, coa máxima seguridade e eficacia. 

  • -Inscricións: do 1 ao 15 de maio de 2026
  • -Matrícula: do 18 ao 22 de maio de 2026
  • -Curso: do 25 de maio ao 17 de xullo de 2026
  • -Horario: Sesións presenciais virtuais (Teams): luns a xoves de 16.00 a 20:00h e sesións presenciais prácticas os venres de 16.00 a 20:00h e/o sábados de 10.00 a 14:00h, segundo cronograma.
  • -Lugar de celebración: Fac. CC Deporte e Educación Física (Av. Ernesto Che Ghevara, 121, Oleiros, A Coruña)

Máis info. na seguinte ligazón [pica aquí]






 

Próximos eventos:

  • 23/09/2026: Charla sobre os beneficios do exercicio físico en persoas con cancro_As Pontes
  • 24/09/2026: Charla sobre os beneficios do exercicio físico en persoas con cancro_A Pobra do Caramiñal
  • 30/09/2026: Taller sobre os beneficios do exercicio físico en persoas con cancro_As Pontes
  • 01/10/2026: Taller sobre os beneficios do exercicio físico en persoas con cancro_A Pobra do Caramiñal

Últimos eventos:

  • 17/07/2026: Último día Curso de Formación específica Adestramento Físico Adaptado a Persoas con Cancro
  • 13/06/2026: Último día seminario exercicio e cancro
  • 25/05/2026: Inicio Curso de Formación específica Adestramento Físico Adaptado a Persoas con Cancro
  • 20/05/2026: Taller sobre os beneficios do exercicio físico en persoas con cancro_Miño
  • 14/05/2026: Taller sobre os beneficios do exercicio físico en persoas con cancro_Carballo




DOCUMENTACIÓN



DESCARGAR Infografía beneficios do exercicio en cancro
DESCARGAR Beneficios do exercicio en cancro
DESCARGAR Curso de Formación específica Adestramento Físico Adaptado a Persoas con Cancro
ACCEDERCourneuya 2025
ACCEDERCartel Seminario exercicio e cancro_24.2.26 a 11.6.26
ACCEDERBeneficios do exercicio físico no cancro

FINANCIAMENTO



O convenio de colaboración entre a Fundación Científica de la Asociación Española Contra el Cáncer e a UDC ten unha duración inicial de 4 anos.

ENTIDADES COLABORADORAS







REDE DE ENTIDADES DE EXERCICIO FÍSICO

Nombre Servicios Dirección Teléfono

 

CONTACTA CON NÓS





Puedes contactar con nosotros a través de WhatsApp en el teléfono 614577276

Acceso administración