No mes de outubro de 2019 a empresa Hausmann Galénica S.L. e a Universidade da Coruña, crean a Aula de Nutraceútica e Ciencias Biomédicas, co fin de promover a cooperación e a colaboración para o desenvolvemento cultural, científico e tecnolóxico, procurando unha aplicación práctica do coñecemento en proveito da nosa sociedade.

A Aula de Nutracéutica e Ciencias Biomédicas ten como obxectivo fundamental realizar actividades e proxectos en forma conxunta en todo tipo de asuntos que resulten de interese para as institucións, que permita iniciar ou fortalecer novos canles de investigación en relación cos obxectivos comúns, dar a coñecer as propiedades de distintos principios activos contidos nos alimentos, así como promover a difusión deste coñecemento no entorno profesional do ámbito da saúde, entre os cales se mencionan os seguintes:

• De formación

Crear cursos de fácil acceso para profesionais interesados nestas materias, así como dotar do material escrito que reflicta os últimos avances en coñecementos sobre este campo.

• De investigación

Establecendo unha dotación económica que permita  avanzar en áreas relacionadas con estas materias, ben apoiando grupos de investigación xa establecidos, ben creando novas líneas de investigación independentes.

• De divulgación

Actuar como difusores do coñecemento da nutrición como elemento fundamental no mantemento da saúde, ben a través de cursos, xornadas ou mediante artigos publicados na web creada para este fin.

• De transferencia de coñecemento e tecnoloxía.

Aproveitar as conclusións que vaian obtendo de traballos realizados polos grupos investigadores que permitan apoiar o uso de productos vinculados.

Directora:  Rosa Meijide Failde

 

ACTIVIDADES

A Aula de Nutracéutica e Ciencias Biomédicas organiza o Curso de Avances en Nutracéutica e Inmunonutrición

O prazo de inscrición atópase aberto desde o 17 de outubro de 2022 ata o 18 de novembro de 2022. O curso impartirase en formato semipresencial, con parte da fomación online. 

Ler máis

A Aula de Nutraceútica e Ciencias Biomédicas organiza o Curso de Nutrición Básica

O prazo de inscrición atópase aberto desde o 1 de outubro de 2022 para o Curso de Nutrición Básica, impartido 100% online. Está dirixido a todas a aquelas persoas interesadas en iniciarse nos coñecementos fundamentais da ciencia da nutrición.

Ler máis

CURSOS E CONFERENCIAS

O Curso de Nutrición Básica pretende achegar as bases dunha correcta nutrición, de tal forma que sirva como complemento e inicio do estudo dos fundamentos da alimentación.

Está dirixido a todas as persoas interesadas en iniciarse nos coñecementos fundamentais da Ciencia da Nutrición. É 100% e cada un poderá realizalo ao seu propio ritmo.

Unha vez finalizado o curso o alumno poderá enviar o cuestionario tipo test e poder acceder ao diploma acretidativo que recoñece 1,5 créditos.

O período de inscrición comeza o 1 de outubro de 2022*.(Inscrición pechada temporalmente desde el 23/11/2023).

 

*O prazo de preinscrición e matrícula para novos alumn@s pecha temporalmente o 23/11/2023 para actualizar contido. Volverase a abrir próximamente. Os alumnos actualmente inscritos poden seguir facendo o curso con normalidade.

 

curso de Cronodieta. Os reloxos da alimentación, está dirixido a profesiionais da saúde e todas aquelas persoas do sector sanitario interesadas en coñecer o efecto que os ritmos circadianos e a súa relación coa alimentación poden ter no noso organismo. 

O período de inscrición comeza a partir do 1 de febreiro de 2023

 

O curso de Intolerancias alimentariasestá dirixido a profesionais da saúde e todadas aquelas persoas do sector sanitario interesadas en profundar nos posibles orixes que unha intolerancia alimentaria pode ocasionar sobre o noso organismo.  

O período de inscrición comeza a partir do 1 de febreiro de 2023

 

curso de actualización en melatoninaestá dirixido a profesionais da saúde e todas aquelas persoas do sector sanitario interesadas en poñerse ao día cos últimos coñecementos publicados respecto aos usos e posibilidades desta hormona. 

A suplementación con melatonina pode ser útil para tratar tanto problemas de sono como outros trastornos asociados ao ritmo circadiano mellorando a saúde e benestar xeral. 

O período de inscrición comeza a partir do 1 de febreiro de 2023






 

Próximos eventos:

  • Non existen eventos

Últimos eventos:

  • 01/02/2023: Curso de Cronodieta. Os reloxos da alimentación (Curso Online)_inicio inscricións
  • 01/02/2023: Curso de actualización en melatonina (Curso Online)_inicio inscricións
  • 01/02/2023: Curso de alerxias e intolerancias alimentarias (Curso Online)_inicio inscrición
  • 17/10/2022: Curso de Avances en Nutracéutica e Inmunonutrición_inicio inscricións
  • 01/10/2022: Curso de Nutrición Básica (Curso Online)_inicio inscricións




DOCUMENTACIÓN




FINANCIAMENTO



ENTIDADES COLABORADORAS