No mes de outubro de 2019 a empresa Hausmann Galénica S.L. e a Universidade da Coruña, crean a Aula de Nutraceútica e Ciencias Biomédicas, co fin de promover a cooperación e a colaboración para o desenvolvemento cultural, científico e tecnolóxico, procurando unha aplicación práctica do coñecemento en proveito da nosa sociedade.
A Aula de Nutracéutica e Ciencias Biomédicas ten como obxectivo fundamental realizar actividades e proxectos en forma conxunta en todo tipo de asuntos que resulten de interese para as institucións, que permita iniciar ou fortalecer novos canles de investigación en relación cos obxectivos comúns, dar a coñecer as propiedades de distintos principios activos contidos nos alimentos, así como promover a difusión deste coñecemento no entorno profesional do ámbito da saúde, entre os cales se mencionan os seguintes:
• De formación
Crear cursos de fácil acceso para profesionais interesados nestas materias, así como dotar do material escrito que reflicta os últimos avances en coñecementos sobre este campo.
• De investigación
Establecendo unha dotación económica que permita avanzar en áreas relacionadas con estas materias, ben apoiando grupos de investigación xa establecidos, ben creando novas líneas de investigación independentes.
• De divulgación
Actuar como difusores do coñecemento da nutrición como elemento fundamental no mantemento da saúde, ben a través de cursos, xornadas ou mediante artigos publicados na web creada para este fin.
• De transferencia de coñecemento e tecnoloxía.
Aproveitar as conclusións que vaian obtendo de traballos realizados polos grupos investigadores que permitan apoiar o uso de productos vinculados.
Directora: Rosa Meijide Failde
Xa está aberto o prazo de inscrición para os Cursos en liña de Nutrición Básica, Curso de Cronodieta. Os reloxos da alimentación, Curso de alerxias e intolerancias alimentarias e Curso de Actualización en melatonina ata o 31 de decembro de 2023, organizados pola aula de Nutracéutica e Ciencias Biomédicas.
O prazo de inscrición atópase aberto desde o 17 de outubro de 2022 ata o 18 de novembro de 2022. O curso impartirase en formato semipresencial, con parte da fomación online.
O prazo de inscrición atópase aberto desde o 1 de outubro de 2022 para o Curso de Nutrición Básica, impartido 100% online. Está dirixido a todas a aquelas persoas interesadas en iniciarse nos coñecementos fundamentais da ciencia da nutrición.
O curso de Cronodieta. Os reloxos da alimentación, está dirixido a profesiionais da saúde e todas aquelas persoas do sector sanitario interesadas en coñecer o efecto que os ritmos circadianos e a súa relación coa alimentación poden ter no noso organismo.
Inscrición e matrícula aberta no seguinte enlace (pica aquí).
O curso de Intolerancias alimentarias, está dirixido a profesionais da saúde e todadas aquelas persoas do sector sanitario interesadas en profundar nos posibles orixes que unha intolerancia alimentaria pode ocasionar sobre o noso organismo.
Inscrición e matrícula aberta no seguinte enlace (pica aquí).
O curso de actualización en melatonina, está dirixido a profesionais da saúde e todas aquelas persoas do sector sanitario interesadas en poñerse ao día cos últimos coñecementos publicados respecto aos usos e posibilidades desta hormona.
A suplementación con melatonina pode ser útil para tratar tanto problemas de sono como outros trastornos asociados ao ritmo circadiano mellorando a saúde e benestar xeral.
Inscrición e matrícula aberta no seguinte enlace (pica aquí).