PRESENTACIÓN



A Cátedra de internacionalización de Estudos Luis Fernández Somoza enmárcase dentro da idea de proxectar aos nosos estudantes e profesores internacionalmente, así como á recepción de personalidades académicas de prestixio, que aporten unha visión ampla na realidade complexa da globalización económica.

A formación dos economistas, tanto profesores coma estudantes, esixe unha adecuación á competencia internacional e á flexibilidade na adaptación a novos mercados e novos produtos, nunha economía cada vez máis transnacional. A planificación estratéxica da Facultade de Economía e empresa da Universidade da Coruña contempla este feito e a Cátedra pretende proxectalo como un elemento máis do programa.

A Cátedra estrutúrase a través dunha comisión de seguimento, que ten entre os seus obxectivos a mobilidade de profesores e estudantes, así como a presenza internacional da facultade a través de novos convenios de dobres titulacións de grao, mestrado ou doutoramento con outras facultades de economía e empresa internacionais e localizadas como estratéxicas. Así mesmo, promoveranse ciclos de conferencias con académicos de relevancia internacional e outras actividades de transferencia de coñecemento e tecnoloxía.

Dende aquí, invitamos tanto aos estudantes como ao profesorado a enriquecer a súa formación a través da internacionalización dos seus coñecementos e capacidades, a sabendas de que este é o camiño correcto para mellorar o benestar da nosa Economía e a satisfacción dos seus profesionais.

A recepción de profesorado de outros países supón para nós o eixe da relación con outros centros, polo que lles invitamos a contactar con nós neste proxecto, coa seguridade de que o intercambio de coñecementos será frutífero para ambos e permitiranos achegar máis as nosas economías e aos nosos profesionais.

 

Carlos Estévez Mengotti
Director da Cátedra de Internacionalización Luis Fernández Somoza

 

 

ÚLTIMAS NOVAS

Cinco mobilidades financiadas pola Cátedra Luis Fernández Somoza regresan de Widener University (US) e de University of South Wales (UK)

22 de xullo de 2020

Os 5 estudantes da Facultade de Economía e Empresa da Universidade de A Coruña da convocatoria de 2020 tiveron que adiantar o seu regreso debido á extensión da pandemia COVID-19. A pesar diso o balance que realizan é moi satisfatorio.

Ler máis

Gran éxito de asistencia na conferencia organizada pola Cátedra Luis Fernández Somoza

6 marzo 2020

A conferencia "A reforma dos tipos de interese Euribor e Libor e as súas implicacións financieiras" tivo lugar o pasado venres no salón de graos da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña. 

Ler máis

María José Gómez Yubero ofrece a conferencia “A reforma dos tipos de xuros Euribor e Libor e as súas implicacións financeiras"

10 febreiro 2020

A conferencia celebrarase o vindeiro venres 6 de marzo de 11:00 a 13:00 horas na Facultade de Economía e Empresa.

Ler máis

INSCRICIÓN

Conferencias

Próximamente informaremos de novos eventos.

Convocatoria bolsas

Convócanse bolsas para Grado e MBA para estudiantes da F.E.E. nas Universidades South Wales, Widener e ESC Rennes.

Se cumpres os requisitos da convocatoria, cubre o formulario de inscrición para a solicitude das axudas económicas para a internacionalización.

  • Profesorado e persoal de investigación

3 novas convocatorias






 

Próximos eventos:

  • Non existen eventos

Últimos eventos:

  • 06/03/2020: Conferencia de María José Gómez Yubero " A reforma dos tipos de xuros Euribor e Libor e as súas implicacións financeiras"
  • 01/01/2020: Apertura convocatoria de bolsas para profesorado estranxeiro
  • 01/01/2020: Apertura convocatoria de bolsas para mobilidade de profesorado da Facultade de Economía e Empresa da UDC
  • 01/01/2020: Apertura bolsas para mobilidade de profesorado estranxeiro de investigación/Programas de Doutoramento
  • 01/12/2019: Apertutra convocatoria de bolsas para estudantes do curso académico 2019-2020




DOCUMENTACIÓN



Bases da convocatoria de bolsas para a internacionalización dos estudos de economía e empresa do curso académico 2019-2020: DESCARGAR
Bases da terceira convocatoria de bolsas para a internacionalización (pechado): DESCARGAR
Concesión convocatoria de febreiro de 2019 de axudas á mobilidade de profesorado estranxeiro: DESCARGAR
Concesión convocatoria de febreiro de 2019 de axudas á mobilidade de profesorado da FEE da UDC: DESCARGAR
Concesión convocatoria de febreiro 2018 de axudas á mobilidade de profesorado da FEE da UDC: DESCARGAR
Concesión convocatoria de marzo 2018 de bolsas para a mobilidade de profesorado estranxeiro: DESCARGAR
Concesión convocatoria de maio 2018 de axudas á mobilidade de profesorado estranxeiro: DESCARGAR
Concesión convocatoria de xuño 2018 de axudas á mobilidade de profesorado estranxeiro: DESCARGAR
Concesión convocatoria de xullo 2018 de axudas á mobilidade de profesorado estranxeiro: DESCARGAR
Concesión convocatoria de xullo 2018 de axudas á mobilidade de profesorado da FEE da UDC: DESCARGAR
Concesión convocatoria de agosto 2018 de axudas á mobilidade de profesorado estranxeiro de investigación: DESCARGAR
Concesión convocatoria de setembro 2018 de axudas á mobilidade de profesorado da FEE da UDC: DESCARGAR
Concesión da segunda convocatoria de bolsas para a internacionalización do alumnado (2018): DESCARGAR
Concesión convocatoria de outubro 2018 de axudas á mobilidade de profesorado da FEE da UDC: DESCARGAR
Concesión convocatoria de novembro de axudas á mobilidade de profesorado da FEE da UDC: DESCARGAR
Concesión convocatoria de xuño 2019 de bolsas para a mobilidade de profesorado estranxeiro: DESCARGAR
Concesión convocatoria de abril de bolsas para a mobilidade de profesorado estranxeiro: DESCARGAR
Concesión convocatoria de xuño 2019 de axudas á mobilidade de profesorado da FEE da UDC: DESCARGAR
Concesión da terceira convocatoria de bolsas para a internacionalización do alumnado: DESCARGAR
Concesión convocatoria de xuño 2019 de axudas para a movilidade de profesorado extranxeiro: DESCARGAR
Concesión convocatoria de xullo 2019 de axudas para a movilidade de profesorado extranxeiro: DESCARGAR
Concesión convocatoria de agosto 2019 de axudas á mobilidade de profesorado da FEE da UDC: DESCARGAR
Concesión convocatoria de outubro 2019 de axudas á mobilidade de profesorado da FEE da UDC: DESCARGAR
Concesión convocatoria de novembro 2019 de axudas á mobilidade de profesorado da FEE da UDC: DESCARGAR
Concesión convocatoria de febreiro de 2020 de axudas á mobilidade de profesorado estranxeiro: DESCARGAR
Bases para a convocatoria de axudas á mobilidade de profesorado da FEE da UDC_2020: DESCARGAR
Bases da convocatoria de axudas para a mobilidade de profesorado estranxeiro 2020: DESCARGAR
Bases para a convocatoria de axudas á mobilidade de profesores e investigadores de Grupos de Investigación/ Programas de Doutoramento da FEE 2020: DESCARGAR
Bases para a convocatoria de axudas á mobilidade de profesorado da FEE da UDC (pechado): DESCARGAR
Bases para a convocatoria de axudas á movilidade de profesorado e investigadores de Grupos de Investigación / Programas de Doutoramento da FEE (pechado): DESCARGAR
Bases da convocatoria de axudas para a mobilidade de profesorado estranxeiro (pechado): DESCARGAR
A reforma dos tipos de xuros de referencia-Conferencia María José Gomez Yubero 06.03.2020: DESCARGAR
A Tecnoloxía Blockchain e o Consorcio Alastria, unha oportunidade para España-Conferencia María Parga Landa 11.10.2019: DESCARGAR
Bases para a convocatoria de axudas á mobilidade de profesorado da FEE da UDC: DESCARGAR
Bases para a convocatoria de axudas á mobilidade de profesores e investigadores en Programas de Doutoramento da FEE: DESCARGAR
Bases para a convocatoria de axudas á mobilidade de profesorado investigador estranxeiro: DESCARGAR
Bases da convocatoria de axudas para a mobilidade de profesorado estranxeiro: DESCARGAR
Bases da segunda convocatoria de bolsas para a internacionalización: DESCARGAR

FINANCIAMENTO



O acordo entre a Universidade da Coruña e Cartesón S.L. ten unha duración inicial de tres anos e conta cun importe de 150.000 euros, a razón de 50.000 euros anuais destinados ao cumprimento dos obxectivos da Cátedra.

 

CONTACTE CON NÓS





Cátedra Luis Fernández Somoza
Facultade de Economía e Empresa da UDC
Campus de Elviña s/n, 15071, A Coruña
Tel: 981 167 000 
E-mail: catedralfs@gmail.com