Novas

Publicado o listado de adxudicatarios da primeira convocatoria de axudas á internacionalización

20/06/2017

 

A Cátedra Luis Fernández Somoza vén de resolver a concesión de dez bolsas para a internacionalización dos estudos de Economía e Empresa.

 

Destinadas a estudantes que cursan programas de dobre titulación na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña, ditas axudas foron adxudicadas a quen, cumprindo coas bases desta primeira convocatoria, fixedron constar estancias realizadas no curso académico 2016-2017.

 

O prazo de formalización das axudas concedidas finaliza o próximo 30 de xuño.