PRESENTACIÓN



16 de marzo de 2020, COMUNICADO APRAZAMENTO CONFERENCIAS

No mes de outubro de 2019 a empresa Hausmann Galénica S.L. e a Universidade da Coruña, crean a Aula de Nutraceútica e Ciencias Biomédicas, co fin de promover a cooperación e a colaboración para o desenvolvemento cultural, científico e tecnolóxico, procurando unha aplicación práctica do coñecemento en proveito da nosa sociedade.

A Aula de Nutraceútica e Ciencias Biomédicas ten como obxectivo fundamental realizar actividades e proxectos en forma conxunta en todo tipo de asuntos que resulten de interese para as institucións, que permita iniciar ou fortalecer novos canles de investigación en relación cos obxectivos comúns, dar a coñecer as propiedades de distintos principios activos contidos nos alimentos, así como promover a difusión deste coñecemento no entorno profesional do ámbito da saúde, entre os cales se mencionan os seguintes:

• De formación

Crear cursos de fácil acceso para profesionais interesados nestas materias, así como dotar do material escrito que reflicta os últimos avances en coñecementos sobre este campo.

• De investigación

Establecendo unha dotación económica que permita  avanzar en áreas relacionadas con estas materias, ben apoiando grupos de investigación xa establecidos, ben creando novas líneas de investigación independentes.

• De divulgación

Actuar como difusores do coñecemento da nutrición como elemento fundamental no mantemento da saúde, ben a través de cursos, xornadas ou mediante artigos publicados na web creada para este fin.

• De transferencia de coñecemento e tecnoloxía.

Aproveitar as conclusións que vaian obtendo de traballos realizados polos grupos investigadores que permitan apoiar o uso de productos vinculados.

Na actualidade o persoal investigador da UDC e INIBIC, están levando a cabo actualizacións científicas sobre distintos principios activos contidos en diversos preparados fitoterápicos:

                     Boswellia serrata Roxb.
                     Hippophae rhamnoides L.
                     Conocimiento actual de mecanismos de actuación de Resoleómicos; protectinas, maresinas y resolvinas.

Directora:  Rosa Meijide Failde

 

ACTUALIDADE

COVID19, Alimentación e hábitos de vida. Cómo mellorar o noso sistema inmunolóxico

A aula de Nutracéutica colabora co IES Eduardo Blanco Amor de Ourense na organización de la charla-coloquio "COVID19, Alimentación e hábitos de vida. Cómo mellorar o noso sistema inmunolóxico"

Ler máis

Novo formato do “Curso Actualización en inflamación e resposta inmunolóxica”

A Aula de Nutracéutica retoma a súa actividade tras a crise da COVID-19.

Ler máis

Conferencias Aula de Nutraceútica e Ciencias Biomédicas (próximamente)

No desenvolvemento das actividades previstas dentro da Aula de Nutraceútica e Ciencias Biomédicas próximamente levaranse a cabo unha serie de conferencias.

Ler máis




 

Próximos eventos:

  • Non existen eventos

Últimos eventos:

  • 21/11/2020: Seminario online sobre "Nutrición e metabolismo en procesos complexos e inflamatorios" do “Curso de actualización en inflamación e resposta inmunolóxica” impartido por Cristobal Fraga González
  • 12/11/2020: Charla COVID19, Alimentación e hábitos de vida. Cómo mellorar o noso sistema inmunolóxico no IES Eduardo Blanco Amor de Ourense
  • 31/10/2020: Seminario online "Inmunometabolismo" do “Curso de actualización en inflamación e resposta inmunolóxica”, impartido por Néstor Sánchez Férez
  • 01/03/2020: Asturias inicio “Curso de actualización en inflamación e resposta inmunolóxica”
  • 29/02/2020: A Coruña inicio “Curso de actualización en inflamación e resposta inmunolóxica”




DOCUMENTACIÓN




FINANCIAMENTO



 

 

ENTIDADES COLABORADORAS







 

CONTACTE CON NÓS





Aula de Nutracéutica e Ciencias Biomédicas
Sede: Facultade de Ciencias da Saúde-UDC
Dirección: Campus de Oza-C.P. 15006 A Coruña
Contacto: comunicacion@fuac.es