PRESENTACIÓN



No mes de setembro de 2018 a Secretaría Xeral para o Deporte a través da Fundación Deporte Galego e a Universidade da Coruña, poñen en marcha a Cátedra SXD Galicia Activa, co fin de fomentar o intercambio de experiencias nos campos da docencia, a investigación e a cultura xeral.

A Cátedra SXD Galicia Activa ten como obxecto fundamental:

1. Favorecer a divulgación dos beneficios da adopción de estilos de vida físicamente activos entre a poboación galega.
2. Contribuir á formación de profesionais cualificados para incrementar os estilos de vida físicamente activos.
3. Fomentar a investigación e transmision de coñecementos en materia de actividade física como instrumento para a prevención das enfermidades crónicas non transmisibles e dos seus factores de risco.
4. Asesorar na implementación, o seguimento e a avaliación das medidas do Plan Galicia Saudable (PGS) e no establecemento de prioridades de intervención.
5. Levar a cabo tarefas de investigación relacionadas coas medidas de PGS e de observación das conductas sobre actividade física e sedentarismo da poboación galega.

 

ACTUALIDADE

Renovado o convenio de colaboración que regula a Cátedra SXD Galicia Activa

A Fundación Deporte Galego e a Universidade da Coruña renovan o convenio de colaboración que regula a Cátedra SXD Galicia Activa, o que permitirá seguir potenciando o intercambio de coñecemento e experiencias no ámbito docente, investigador e cultural. 

Ler máis

A fundación Deporte Galego, a través da cátedra SXD Galicia Activa, dirección xeral de Asistencia Sanitaria e a dirección xeral de Saúde Pública colaboran no proyecto Adestra a túa saúde

O plan "Adestra a túa saúde", que nace co obxectivo de abranguer a toda a comunidade, leva algo máis dun ano implantado a modo de proba piloto nos concellos coruñeses nos servizos de atención primaria dos concellos de Arteixo e Abegondo e preténdese que durante este 2023 se faga oficial noutros municipios. 

Ler máis

INSCRICIÓN






 

Próximos eventos:

  • Non existen eventos

Últimos eventos:

  • 27/04/2023: Renovación convenio entre a Universidade da Coruña e a Fundación Deporte Galego
  • 16/12/2021: III Xornada da Cátedra SXD Galicia Activa: Exercicio físico en poboacións con necesidades especiais
  • 17/12/2020: II Xornada da Cátedra SXD Galicia Activa: Exercicio físico e envellecemento
  • 28/11/2019: Xornada " O exercicio e a condición física como marcadores integrais da saúde en idade escolar"
  • 07/09/2019: Participación no evento: "Liderazgo en la Promoción en la Actividad Física" organizado polo Congreso Internacional Capas (7-9 novembro)




DOCUMENTACIÓN



Convenio entre a Universidade da Coruña e a Fundación Deporte Galego: DESCARGAR
Póster Estudo da condición física relacionada coa saúde en escolares de Galicia a través da ferramenta DAFIS_evento 7-9 novembro 2019: DESCARGAR
A Acción DAFIS do Plan Galicia Saudable: unha ferramenta para o rexistro da condición física relacionada coa saúde en escolares_evento 7-9 novembro 2019: DESCARGAR
Decálogo exercicio e actividade física en tempos da Covid-19: DESCARGAR
Exercicio, actividade e condición física en tempos da Covid-19: DESCARGAR

FINANCIAMENTO



O acordo entre a Universidade da Coruña e Fundación Deporte Galego ten unha duracion inicial de 3 anos.

 

 

ENTIDADES COLABORADORAS







 

CONTACTA CON NÓS





Cátedra SXD Galicia Activa
Facultade de Ciencias do Deporte e la Educación Física-UDC
Avenida Ernesto Che Guevara, 121, 15179 Oleiros, A Coruña
E-mail: comunicacion@fuac.es