Actualidade

Seminario sobre un novo modelo de residencias para a terceira idade? Propostas de sustentabilidade asistencial

01/12/2020

 

O sistema de residencial de persoas da terceira idade do noso país converteuse nun dos focos onde a COVID-19 tivo maior impacto. Este feito está poñendo enriba da mesa a necesidade de debatir sobre a sustentabilidade do noso actual modelo de residencias para maiores.

 

A xornada servirá como marco de reflexión sobre a oportunidade dun novo modelo máis sustentable, que se axuste mellor á realidade do noso país, onde converxen tres factores característicos: unha pirámide demográfica avellentada con escaso poder adquisitivo, unha alta esperanza de vida e o feito de que as persoas maiores son as que ocupan boa parte dun territorio rural galego en trance de abandono.

 

O seminario celebrarase en formato virtual o próximo 11 de decembro. Dará comezo ás  9:30 horas coa presentación da xornada pola dirección da Cátedra e presidencia da Deputación. É de libre acceso e gratuito.

 

Os personas interesadas poderán acceder a inauguración e mesa redonda, como a cada un dos seminarios coas ligazóns que aparecen no programa.

 

Programa do seminario