A Dra. Teresa Martínez Ramonde, xefa do Servizo de Endocrinoloxía do CHUAC, impartiu as conferencias «Nutrición e enfermidades crónicas» o 22 de outubro na Universidade Sénior da Coruña e o 23 de outubro na Universidade Sénior de Ferrol, no marco do programa Octubre Saudable 2026.
As sesións, nas que tamén se abordou a diabetes, contaron coa colaboración da Cátedra UDC Vegalsa-Eroski e permitiron achegar coñecementos sobre a relación entre alimentación e saúde, a prevención das enfermidades crónicas e a importancia dos hábitos alimentarios no seu manexo e coidado.