Actualidade

A UDC pon en marcha InPacto para achegar a investigación de excelencia á sociedade

26/10/2026

A Universidade da Coruña (UDC) presentou InPacto, unha iniciativa que reúne máis dunha trintena de investigadores e investigadoras Ramón y Cajal para impulsar a divulgación científica, a transferencia de coñecemento e a colaboración entre universidade, empresa e sociedade. O programa incluirá actividades como UDC Conecta, que comezará o 28 de outubro, Abastos de ciencia, no Mercado de San Agustín o 7 de novembro, e novas propostas previstas para 2027, como a competición divulgativa InPACTO League e un evento TEDxUDC, co obxectivo de dar visibilidade á investigación da universidade e achegar o coñecemento científico á cidadanía. Fonte: Quincemil