Máster en Formación Permanente en Enerxía Eólica Mariña Flotante
A finalidade do Máster é cubrir a escasa formación en relación á enerxía eólica mariña flotante, unha enerxía do futuro, polo que é esencial dispoñer de profesionais altamente cualificados. Analizarase a contextualización das enerxías renovables mariñas, a industrialización de procesos e a análise de compoñentes en eólica mariña flotante, a análise estrutural da eólica mariña flotante e a análise económica, social e legal da eólica mariña flotante.
O obxectivo deste Máster, impartido en inglés e castelán, é proporcionar unha formación eminentemente práctica en enerxía eólica mariña flotante que sirva de base ás novas necesidades que buscan as empresas deste crecente sector. Esta formación culminará con prácticas en empresas e un traballo de fin de máster.
Desta forma, os principais obxectivos deste Máster son os seguintes:
Este Máster está dirixido a profesionais, titulados universitarios e estudantes que queiran aprender no campo da eólica mariña flotante.
Resultados de aprendizaxe do título
É un título propio de posgraduado da UDC, que é unha formación non oficial, destinada a proporcionar unha alta especialización profesional, organizada pola Universidade da Coruña e a empresa Iberdrola. O abanico docente sexa moi amplo, incluíndo profesores da Universidade da Coruña, profesores doutras universidades e/o centros de investigación nacionais e internacionais e importantes profesionais do sector vinculados a empresas do sector eólico mariño.
Así,os resultados de aprendizaxe son os seguintes:
O título pretende que o alumnado egresado adquira os coñecementos necesarios para poder exercer no sector da eólica mariña flotante.
Laura Castro Santos, investigadora da UDC e profesora da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol (EPEF) da UDC, é experta en enerxías renovables mariñas. Compartiu na entrevista de La Voz de Galicia, o 2 de xullo de 2023, o seu coñecemento no ámbito das enerxía renovables mariñas e a súa importancia nos próximos anos na economía galega, especialmente no ámbito de Ferrolterra. Na entrevista destacou que "Actualmente as empresas da zona demandan moitos perfís profesionais con este tipo de coñecementos, e soamente estamos exportando plataformas. Nos próximos anos, cando os parques se comecen a instalar nas nosas costas, esas necesidades multiplicaranse".
Autor da imaxe José Pardo (La Voz de Galicia)
INFORMACIÓN DO MÁSTER
*1Prazo de inscrición extraordinario: do 31 de xullo ao 2 de agosto de 2024.
*2 Prazo de matrícula extraordinario: do 10 de setembro ao 16 de setembro de 2024.