Inscrición
Prazo de inscrición pechado.
Matrícula
Prazo de matrícula pechado.
Información xeral
Edición dun posgrao destinado a profesionais, licenciados e estudantes que queiran coñecer o traballo en Cooperación e Educación para o Desenvolvemento.
INFORMACIÓN
- Data de impartición: do 6 de febreiro ao 27 de marzo de 2020.
- Lugar: aula nº 12B da Facultade de Dereito. Campus de Elviña. A Coruña.
- Horario: Xoves e Venres 16:00h a 20:30h.
- Número de alumnos: mínimo 5, máximo 30.
- Créditos: 6 ECTS.
- Modalidade: Presencial.
- Preinscrición e matrícula:
- Data de preinscrición: Do 2 de xaneiro ao 20 de xaneiro de 2020.
- Data de matrícula: Do 22 ao 4 de febreiro de 2020.
REQUISITOS DE ACCESO
Serán admitidos os alumnos que poidan acreditar algunha das seguintes condicións:
- Ser titulado universitario.
- Posuír un título propio da UDC de primeiro ciclo ou de segundo ciclo.
- Acreditar ter superados 180 créditos dos estudos de grao cando nestes estivese comprendida a totalidade dos contidos formativos comúns do título de grao. Neste caso, a admisión deberá ser aprobada por resolución reitoral, tras a solicitude individual e razoada da persoa interesada e do informe vinculante do Consello de Goberno, que poderá delegar esta competencia de informe noutro órgano.
- Profesionais sen titulación universitaria que reúnan os requisitos legais para poder cursar estudos universitarios.
No caso de que as solicitudes de matrícula excedan o número máximo de alumnos previsto, o criterio de selección farase atendendo á súa vinculación aos estudos relacionados coa temática do curso ou á traxectoria profesional do alumno.
Os criterios específicos serán os seguintes:
- Terán preferencia os alumnos con titulación universitaria da UDC, o PDI e o PAS.
- Currículum profesional vinculado ao sector das ONGD ou entidades sen ánimo de lucro.
- Realizar previamente outros cursos de cooperación ou educación para o desenvolvemento.
- Valoraranse outras circunstancias e intereses personais tales como o expediente académico ou unha entrevista personal (opcional).
PREINSCRICIÓN
Os alumnos interesados en cursar o posgrao deberán preinscribirse (sen abono de taxas) do 2 de xaneiro ao 20 de xaneiro de 2020 tendo en conta que o día límite deberán achegar a totalidade da documentación requerida e que se detalla máis abaixo.
MATRÍCULA
Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos deberán proceder ao abono das taxas de matrícula. A matrícula ten un custo de 50 euros, que o alumno poderá satisfacer nun único prazo. Polo que se poderá aboar os 50 euros dende o 22 de xaneiro ao 4 de febreiro de 2020.
A ligazón de pago estará dispoñible cando se abra o prazo de matrícula.
Podes descargar o programa en documentación adxunta
Documentación a achegar
Documentación a achegar xunto co boletín de preinscrición.
- DNI, pasaporte ou tarxeta de residencia (para estranxeiros), en vigor, escaneado por ambar caras e que se vexa completo.
- Título de acceso escaneado por ambas caras, legible, asinado e que se vexa completo:
- Será un dos seguintes: Copia do título universitario de acceso, certificado sustitutorio do título, certificación do expediente académico persoal con data de depósito do título ou que indique que superou o primeiro ciclo, certificado de Selectividad, tarxeta de PAAU.
- Currículo Viate.
- Certificados da formación previa realizada e relacionada coa materia do posgrao.
- Carta dirixida á dirección explicando os motivos que lle animan a querer cursar o posgrao e, no seu caso, os méritos que alega para ser seleccionado.
Créditos
Créditos: 6
Datas
Data de celebración: Do 06/02/2020 ó 27/03/2020
Data de inscrición: Do 02/01/2020 ó 07/02/2020
Data de matrícula: Do 22/01/2020 ó 07/02/2020
Importes
Tarifa oficial: 50,00 €
Soporte e máis información
Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es
Comparte esta información