XIX Xornadas Prof. Meilán Gil de Dereito Administrativo Iberoamericano

Pre-registration

Inscription period closed.

Registration

Registration period pending opening

Event description

XIX Xornadas Prof. Meilán Gil de Dereito Administrativo Iberoamericano

Dereito Administrativo e dereitos humanos

 

Programa formativo destinado a profesionais, licenciadas/os e estudantes que queiran coñecer o Dereito Administrativo Iberoamericano.

 

O curso está especialmente configurado para alumnas/os iberoamericanas/vinculados á rama das ciencias xurídicas e sociais.

 

As XIX Xornadas Prof.  Meilán Gil de Dereito Administrativo Iberoamericano teñen como eixo temático "Dereito Administrativo e Dereitos Humanos". Debateranse as cuestións de maior actualidade, interese e controversia nos distintos ordenamentos iberoamericanos en relación coa temática das Xornadas, coa finalidade da súa posta en común e de xerar expectativas para un futuro esperanzador no estudo e a aplicación do Dereito Público e a Boa Administración.

 
 
DATOS DE INTERESE
  • Datas de celebración: do 10 ao 14 de maio de 2027.
  • ​Lugar: Pazo de Mariñán en Bergondo (A Coruña) e Facultade de Dereiro (Campus de Elviña) -A Coruña.
  • Horario: de 9:30h a 14:00h e de 16:00h a 19:30h.
  • Modalidade: Presencial.
  • Preinscrición e matrícula:
    • Período de preinscrición: do 16 de novembro de 2026 ao 9 de abril do de 2027 (prazo improrrogable).
    • Período de matrícula: do 16 de novembro de 2026 ao 9 de abril do de 2027 (prazo improrrogable).
  • Matrícula:
    •   Ordinaria e única: 500€

 

MATRÍCULA

Tras o proceso de preinscrición os/as alumnos/as admitidos/as deberán proceder ao abono das taxas de matrícula. Non se permitirá o abono fóra de prazo nin en metálico.

 

A ligazón de pago estará dispoñible cando se abra o prazo de matrícula.

 
No caso de que as solicitudes de matrícula excedan ao número máximo de alumnos/as previsto, o criterio de selección farase atendendo a indicacións do director. Sendo os criterios específicos os seguintes:
 
  1. Terán preferencia os/as alumnos/as con titulación universitaria en Dereito e Ciencias Sociais das Universidades convidas no Programa de Doutoramento DAI.
  2. Currículo profesional vinculado á titulación en Dereito, tanto no ámbito da docencia universitaria como no exercicio profesional.
  3. Realizar previamente o mesmo curso en anteriores edicións.
  4. Valoraranse outras circunstancias e intereses persoais tales como a vinculación académica e profesional co Dereito Administrativo Iberoamericano.
 
COMUNICACIÓNS

As persoas asistentes poderán presentar comunicacións relacionadas coa temática do evento entre o 16 de novembro de 2026 e o 16 de abril de 2027, que serán remitidas unicamente ao correo electrónico da Subdirección (victoria.dios.vieitez@udc.es), que acusará o recibo dos textos.

 

Os textos, que terán unha extensión máxima de 10 páxinas (tipo de letra Arial, 12 puntos, con interliñado sinxelo), adaptaranse obrigatoriamente ao seguinte formato: 

  • Título do traballo, en español e inglés.
  • Nome e apelidos do/da autor/a, indicando a súa posición académica e universidade de orixe.
  • Breve resumo, en español e inglés, máximo 150 palabras.
  • Palabras chave, en español e inglés, máximo 5 palabras.
  • Sumario.
  • Cuerpo do traballo.IV
  • Bibliografía, seguindo a citación APA 7ª.

 

O Comité Científico seleccionará as comunicacións que serán presentadas oralmente, podendo rexeitar un traballo sen necesidade de proceder á súa avaliación, cando considere que non se adapta ás normas, tanto formais como de contido, ou non se adecúa ao perfil temático do Congreso. 

 

No proceso de revisión participarán, polo menos, dous membros do Comité Científico, recorrendo a un terceiro no caso de que fose necesario; e en todo momento manterase o anonimato tanto das persoas encargadas da autoría do traballo como da revisión do mesmo.

 

De igual maneira, o Comité Científico seleccionará as comunicacións que serán publicadas posteriormente no libro de actas correspondente. 

 

INFORMACIÓN DE CONTACTO
  • Dirección
Dr. Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

 

  • Subdirección

Dra. Victoria de Dios Viéitez 

E-mail: victoria.dios.vieitez@udc.es

 

  • Coordinación

Dra. Jennifer Sánchez González

E-mail: j.sanchezg@udc.es

   

  • Secretaría                  

Dra. Alberta Lorenzo Aspres

E-mail: alberta.lorenzo.aspres@udc.es

 

  • Inscrición e matrícula:

D.ª Isabel Varela Cancela

Teléfono: 881014458

E-mail: i.varelac@fuac.udc.es

Dates

Date of event: From 5/10/2027 to 5/14/2027
Date of inscription: From 11/16/2026 to 4/9/2027
Date of registration: From 11/16/2026 to 4/9/2027

Official website

https://jornadasdai.com/

Attached documentation

Download information

Amounts

Price General : 500,00 €

Help and information

Contact phone: 881014458
Email: i.varelac@fuac.udc.es

Share this information

XIX Xornadas Prof. Meilán Gil de Dereito Administrativo Iberoamericano

  Attached documentation
Download information
  Information
Date: From 5/10/2027 to 5/14/2027
Schedule: de 9:30h a 14:00h y de 16:00h a 19:30h
Location: Pazo de Mariñán. y Facultad Derecho UDC