A finalidade desta convocatoria é fomentar a participación do alumnado da Universidade da Coruña no ámbito da sostenibilidade e o coidado do medio ambiente, mediante a elaboración dunha proposta multimedia (fotografía, infografía, ilustración, vídeo ou animación 2D e 3D) para a divulgación de aspectos científicos concretos relacionados coa economía circular, a agua, a enerxía e a xestión e valorización dos residuos industriais. Non se valorarán nesta convocatoria propostas relacionadas coa xestión de residuos sólidos urbanos, domésticos ou asimilables.
Estes premios están dirixidos a estudantes matriculadas/os no curso 2026-2027, nalgún grao, máster ou programa de doutoramento da Universidade da Coruña.
As/os estudantes poderán participar de forma individual ou colectiva. En caso de participación grupal, todos os membros do equipo deberán cumprir os requisitos. Cada estudante poderá presentar un máximo de dúas solicitudes, indepentemente de que sexan individuais ou grupais.
O prazo de presentación de propostas finaliza o venres, 29 de xaneiro de 2027 ás 00:00h (prazo ampliado).
Outorgaránse un primeiro premio dotado con 1.200 euros e ata tres accésits de 300 euros. O premio estará suxeito á retención fiscal correspondente.
A/o solicitante (no caso de participación individual) ou unha persoa de contacto (no caso de participación grupal) deberá realizar a inscrición e o envío da proposta multimedia cubrindo o formulario dispoñible na seguinte ligazón. No caso de que esa/e mesma/o solicitante ou persoa de contacto desexe presentar unha segunda proposta, deberá cubrir o formulario ao que se accede a través desta outra ligazón. Nestes formulario inclúense instruccións para compartir o arquivo do material multimedia a través de Onedrive e para achegar un arquivo cos documentos acreditativos de todos os integrantes do grupo solicitante da súa matrícula nalgun grao, máster ou programa de doutoramento da Universidade da Coruña no curso 2026-2027.
Para calquer dúbida ou consulta sobre esta convocatoria contactar na dirección de correo electrónico: catedra.epifaniocampo@udc.es
Documentación a achegar:
Data de celebración: Do 21/10/2026 ó 29/01/2027
rodonitamedioambiente.com/actividades-26
Teléfono de contacto: 881011171
Enderezo electrónico: belen.pazos@udc.es