Italiano A2 (Grupo 2)

Inscripción

Prazo de inscripción pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Matrícula

Pendente de apertura o prazo de matrícula

Información xeral

Este curso está orientado ao uso instrumental da lingua italiana nas súas modalidades oral e escrita. O alumnado debe comezar a adquirir as competencias do nivel A2 (usuario básico, grao elevado do nivel elemental), dentro dos seis niveis que se distinguen no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.

No final do curso, os/as estudantes serán capaces de comunicarse con bastante fluidez en situacións comúns da vida cotiá, utilizando expresións de uso frecuente para falar de si mesmos/as e da súa contorna; poderán describir, oralmente e por escrito, acontecimentos, gustos e preferencias, ben como xustificar brevemente opinións e explicar plans.

► Para realizar este curso é necesario ter un nivel A1 de italiano.

 

Documentación a achegar

Os estudantes da UDC deben xuntar a fotocopia da matrícula universitaria do curso 2021/22

Os PDI e PAS da UDC deben xuntar a fotocopia da tarxeta universitaria.

O público externo debe achegar o seu DNI.

Non se admite domiciliación bancaria.

Datas

Data de celebración: Do 20/09/2021 ó 20/12/2021
Data de inscripción: Do 23/08/2021 ó 17/09/2021
Data de matrícula: Do 07/09/2021 ó 15/09/2021
Data do seguinte prazo de matrícula: Do 07/10/2021 ó 14/10/2021

Importes

Tarifa oficial: 195,00
Tarifa oficial (en varios prazos): 97,50

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881 01 4751 / 4752
Enderezo electrónico: centrodelinguas@udc.es

Comparte esta información

Italiano A2 (Grupo 2)

  Datos
Data: Do 20/09/2021 ó 20/12/2021
Horario: Martes e xoves, 10:00 - 12:00 h.
Lugar:
Matrícula: 195,00 €