Mestrado en innovación e estratexia dixital da empresa 2021/2022

Matrícula

Reserva de plaza 500,00  €

Información xeral

Máis información:

 www.masterinnovacionyestrategia.com

Contacto: 

Tlfns. 881012430 e 881012590

E-mail: master.innovacionyestrategia@udc.es

 

Información xeral:

  • Lugar e horarios: Facultade de Economía e Empresa, Campus de Elviña, A Coruña

Venres tarde (16:00 a 21:00 horas)

Sábados mañá (9:30 a 14:30 horas)

 

  • Orientación e contidos:

O Mestrado céntrase no coñecemento práctico das novas ferramentas de marketing dixital e xestión empresarial da innovación. Son ferramentas transversais que non requiren coñecementos previos de ningunha titulación específica.  

A metodoloxía é eminentemente práctica (learning by doing) e os estudantes participan en proxectos de innovación empresarial. 

Realización de proxectos e prácticas en empresas.

 

Ao completar o mestrado os estudantes saberán como:

  • Construir páxinas web de empresa (para crear marca e publicitar contidos), construir plataformas de E-commerce, e realizar estratexias de posicionamento web tanto a través de procuras orgánicas (SEO) como con anuncios pagos.
  • Xestionar o "back office" da tenda on line (prezos, ofertas, facturación, pedidos, análise, seguimento…) e elaborar o plan de marketing.
  • Crear novos produtos e servizos (encaixándoos no mercado e nas preferencias dos seus clientes) e desenvolver un modelo de negocio viable (Customer Discovery, Business Model Generation e Lean Startup).
  • Financiar proxectos innovadores, elaborar previsións de fluxos de caixa, presentar proxectos e buscar investidores adecuados.

 

Calendario:

  • Preinscrición e reserva de praza: Dende o 1 de Xuño ata o 31 de Agosto 2021
  • Solicitude de bolsa: Dende o 1 de Xuño ata o 31 de Agosto 2021
  • Matrícula: Dende o 11 de Setembro ata o 10 de Outubro 2021
  • Data de inicio: 15 de Outubro de 2021

 

O importe para a reserva de praza é de 500 euros, os cales se descontarán do importe total da matrícula.

 

Matrículas:

  • Máster: 5.100 euros.
  • Posgrao
    • Curso de Especialización en xestión empresarial da innovación: 2.900 euros.
      • Curso de Formación Específica de Posgrao en Innoemprendimiento.
        • Matrícula: 1.450 euros.
        • Coste minorado: 900 euros (para persoas de entidades colaboradoras do máster).
      • Curso de Formación Específica de Posgrao en Financiamento e valoración de proxectos innovadores.
        • Matrícula: 1.450 euros.
        • Coste minorado: 900 euros (para persoas de entidades colaboradoras do máster).

 

  • Curso de Especialización en estratexia dixital da empresa: 2.900 euros.
    • Curso de Formación Específica de Posgrao en customer centric marketing e social media.
      • Matrícula: 1.450 euros.
      • Coste minorado: 900 euros (para persoas de entidades colaboradoras do máster).
    • Curso de Formación Específica de Posgrao en E-commerce e dixitall marketplaces
      • Matrícula: 1.450 euros.
      • Coste minorado: 900 euros (para persoas de entidades colaboradoras do máster).

Bolsas:

  • Curso completo-Mestrado
    • Existen bolsas do 35% da matrícula para estudantes e egresados recentes (menos de 3 anos) sen ingresos propios. Cumprindo estes requisitos o prezo do mestrado é de 3.315  euros
    • Para aquelas persoas que se matriculen do curso completo e realizasen algún dos dous posgraos en anos anteriores, o prezo da matrícula será de 1.495 euros.
    • Existen ademais un mínimo de 2 bolsas do 50% da matrícula de carácter competitivo, polo que aboaran 2.550 euros

 

  • Bolsa para os Posgraos: 1) Xestión Empresarial da Innovación e 2) Estratexia Dixital da Empresa
    • Existen bolsas do 30% da matrícula para estudantes e egresados recentes (menos de 3 anos) sen ingresos propios. Cumprindo estes requisitos o prezo é de 2.030 euros
    • Para cada Posgrao existe ademais unha bolsa do 50% da matrícula de carácter competitivo.

Créditos

Créditos: 60

Datas

Data de celebración: Do 15/10/2021 ó 02/07/2022
Data de matrícula: Do 01/07/2021 ó 31/05/2022

Web oficial

http://masterinnovacionyestrategia.com/

Importes

Tarifa Reserva de plaza: 500,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

Mestrado en innovación e estratexia dixital da empresa 2021/2022

  Datos
Data: Do 15/10/2021 ó 02/07/2022
Horario: Viernes 16:00 a 21:00 y sábados de 9:30 a 14:30
Lugar: Facultad de Economia y Empresa