Español para emprendedores/as e profesionais dos negocios

Inscripción

Prazo de inscripción pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

Curso en modalidade non presencial (en liña) de EFP (Español para fins profesionais) dirixido a profesionais ou futuros profesionais de orixe estranxeira que desexen incrementar o seu dominio do español para empregalo en países hispanofalantes, e desenvolverse nunha contorna laboral con certa competencia comunicativa de español orientada cara ao mundo empresarial e o ámbito dos negocios; xa sexa porque desenvolven o seu labor profesional no sector empresarial ou porque estudan unha especialidade universitaria que se relaciona con esta contorna. O curso pretende desenvolver habilidades neste ámbito específico e adquirir unha maior competencia comunicativa na lingua española. A través do uso de modelos prácticos da área temática, o alumnado poderá aplicar a linguaxe específica aprendida no seu ámbito profesional.

DURACIÓN: 30 horas

Documentación a achegar

O público externo debe achegar o seu DNI / NIE

Non se admite domiciliación bancaria.

Datas

Data de celebración: Do 14/04/2021 ó 02/06/2021
Data de inscripción: Do 29/03/2021 ó 08/04/2021
Data de matrícula: Do 29/03/2021 ó 08/04/2021

Importes

Tarifa oficial: 160,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 981-167000 Ext. 4751/4752
Enderezo electrónico: centrodelinguas@udc.es

Comparte esta información

Español para emprendedores/as e profesionais dos negocios

  Datos
Data: Do 14/04/2021 ó 02/06/2021
Horario: mércores e venres 19.00-21.00 horas
Lugar: CORUÑA
Matrícula: 160,00 €