Francés: preparación de exames de B1

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

Este curso está dirixido a candidatos/as que teñan un nivel B1 de francés e que queiran conseguir unha acreditación deste nivel. Ao longo do curso poderán prepararse para diversas probas de nivel (DELF, EOI); coñecerán as particularidades de cada exame e recibirán a formación necesaria para poder presentarse á proba que mellor se adapte ás súas necesidades.
A fin de poder superar con éxito as diferentes partes da proba de nivel escollida, os/as candidatos/as porán en práctica, a través de diversas estratexias, as competencias lingüísticas exixidas: comprensión oral e escrita e mais produción e interacción orais e escritas.

Documentación a achegar

Os estudantes da UDC deben xuntar a fotocopia da matrícula universitaria do curso 2020/21

Os PDI e PAS da UDC deben xuntar a fotocopia da tarxeta universitaria.

O público externo debe achegar o seu DNI.

Non se admite domiciliación bancaria.

Créditos

Créditos: 4,5

Datas

Data de celebración: Do 09/02/2021 ó 06/05/2021
Data de inscrición: Do 01/01/2021 ó 17/01/2021
Data do seguinte prazo de matrícula: Do 01/03/2021 ó 05/03/2021

Importes

Tarifa oficial: 150,00
Tarifa oficial (en varios prazos): 50,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 981 16 70 00 Ext. 4751 / 5752
Enderezo electrónico: centrodelinguas@udc.es

Comparte esta información

Francés: preparación de exames de B1

  Datos
Data: Do 09/02/2021 ó 06/05/2021
Horario: Martes e xoves 18:00 - 20:00 h.
Lugar: A Coruña
Matrícula: 150,00 €