transparencia-estatutos.asp
FUAC. Transparencia. Estatutos e resolucións institucionais

FUAC. Transparencia. Estatutos e resolucións institucionais

Estatutos e resolucións institucionais

A Fundación da Universidade da Coruña é unha institución de carácter benéfico – docente constituída por escritura pública o 24 de marzo de 1997 como organización non lucrativa para a promoción, desenvolvemento e apoio ao financiamento de iniciativas e actividades da UDC e as súas relacións coa sociedade.


Tal e como reflicten os seus estatutos, a FUAC ten especial incidencia nos campus universitarios da Coruña e Ferrol, así como na proporción dun permanente respaldo social, sen fin lucrativo algún e duración indefinida, á institución universitaria.


A FUAC coordina as súas funcións de xestión delegada coa Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI), a Unidade de Posgrao e outros servizos da UDC a partir do seu rexistro no Ministerio de Economía e Competitividade de 5 de abril de 1999.


Pode descargar a continuación os estatutos completos da Fundación da Universidade da Coruña.

 

 Estatutos da FUAC

 Declaración de interese galego

 Declaración de entidade de servicios sociais

 Declaración de interese docente