Iniciativas

Programa de Cooperación - Garantía Xuvenil 2017



Obxetivos

A Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria, outorgoulle a Fundación da Universidade da Coruña unha subvención coa finalidade de contratar a dous mozos desempregados inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil para incorporalos na "Unidade de Emprego e Formación", co obxectivo de facilitar o seu futuro aceso ao mercado laboral, incrementando a empregabilidade dos mesmos, e a súa vez, garantir e reforzar o compromiso desta institución coa formación e o emprego de calidade, contribuíndo en gran medida a incrementar a súa formación, experiencia e habilidades dentro dun entorno de traballo dinámico e activo.

O desenvolvemento de dito programa e as tarefas a desenvolver dentro do marco do proxecto estarán dirixidas principalmente cara obxectivos de interese xeral, enfocando o mesmo con especial énfase cara as áreas de emprego e inserción, formación ocupacional, desenvolvemento local e outras iniciativas cun claro trasfondo social.

Esta axuda está cofinanciada polo Fondo Social Europeo e a iniciativa de emprego xuvenil a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

Datas

Inicio do proxecto: 18/12/2017
Remate do proxecto: 17/07/2018
Duración do proxecto: 7 meses

Máis información

Solicite máis información


Comparte esta información