Iniciativas

Low Carbon Innovation



Rede Transrexional LowCarbon Innovation. Asesoramento empresarial para o fomento dunha economía baixa en carbono a través da innovación e o impulso de iniciativas verdes.

Cofinanciado polo Programa de Cooperación Interreg V A España Portugal (POCTEP) 2014-2020, está coordinado pola Fundación EOI e nel participan como beneficiarios ademais da Fundación Universidade da Coruña, a Fundación Patrimonio Natural de Castilla y León, a Agência Regional de energia e Ambiente do Alto Minho e a Associação para um Centro de Estudos em Desenvolvimento Sustentável de Portugal.

Low Carbon creou unha ferramenta dixital que constituirá un espazo de networking para empresas e emprededores das rexións do proxecto que ademais lles permitirá realizar un autodiagnóstico de Ecoinnovación de auga e enerxía e a obtención da súa pegada hídrica, pegada de carbono e os valores de indicadores de ecoinnovación.

Prema aquí para acceder  á plataforma



Obxetivos

O  principal obxectivo é poñer en marcha a Rede Transrexional LOW CARBON INNOVATION para a prestación de servizos orientados ao desenvolvemento empresarial de modelos de negocio enfocados cara a unha economía circular e baixa en carbono.

A súa consecución permitirá o desenvolvemento das capacidades do tecido empresarial da rexión en canto ao seu crecemento sustentable se refire. Dotarase ás pemes, microempresas e emprendedores da rexión dos recursos necesarios para a súa formación e asesoramento para a posta en marcha de novos servizos e ideas de negocio verdes e sustentables.

O proxecto pretende mellorar a competitividade low carbon das PEMES e impulsar o emprendemento verde, promovendo a mitigación e adaptación o cambio climático e optimizando os recursos naturais relacionados coas súas actividades.

Datas

Inicio do proxecto: 01/06/2017
Remate do proxecto: 31/03/2020

Máis información

Solicite máis información

Web oficial

https://plataforma.lowcarboninnovation.eu/index.php

Documentación anexa


Comparte esta información