Partnership

Projects

Partnership

Unha das principais características dos actuais sistemas de innovación é a da cooperación entre os diferentes axentes e contornos que os integran, tanto a escala rexional e nacional coma internacional.
As accións de cooperación desenvolvidas pola FUAC no eido da innovación, a investigación e a transferencia de coñecemento, ademais de promover a integración e a redistribución da riqueza, son actividades básicas de coordinación que contribúen a unha mellor vertebración do espazo europeo e iberoamericano de Educación Superior, Ciencia e Tecnoloxía.