FUAC. Comunicación. Actualidade

O grupo de investigación Dereito Público Global traballa en proxectos para entidades locais de asesoramento xurídico

27/03/2024

O grupo de investigación Dereito Público Global, liderado por Jaime Rodriguez-Arana Muñoz, participou durante o primeiro trimestre de 2024 no desenvolvemento de 5 proxectos en materia xurídico-administrativa. Os traballos foron coordinados polos profesores Carlos Ignacio Aymerich Cano, Juan Jose Pernas Garcia e Jose Antonio Blanco Moa e supoñen un investimento de 27.000 euros.

A Universidade da Coruña recibe encargos de entidades locais para o desenvolvemento de proxectos de asistencia xurídica

26/03/2024

Os traballos, liderados polo investigador Carlos Aymerich Cano, especializado en Dereito Administrativo e membro activo do Grupo de Investigación Dereito Público Global da UDC desde febreiro de 2024, teñen por obxectivo o asesoramento xurídico-administrativo no proceso de elaboración, negociación e aprobación da nova Relación de Postos de Traballo (RPT) para unha entidade local. Os traballos, iniciados en febreiro de 2024, teñen unha duración de 12 meses e contan cun orzamento que ascende a 18.000 euros. 

A Universidade da Coruña participa nun proxecto europeo para o desenvolvemento de comunidades enerxéticas baseadas en biomasa nas aldeas

22/03/2024

O profesor da Facultade de dereito e membro do grupo de investigación Dereito Público Global, Jose Antonio Moa, participa no proxecto POCTEC Aldealix, levando a cabo labores de asesoramento xurídico para a constitución e posta en marcha de Comunidades Enerxéticas de ámbito rural. Os traballos, iniciados en febreiro de 2024, teñen prevista a súa finalización en xuño de 2024. 

O grupo de investigación Dereito Público Global traballa en proxectos de asesoramento xurídico

05/03/2024

O investigador Juan José Pernas García, profesor da Facultade de Dereito e membro activo do grupo de investigación Dereito Público Global da Universidade da Coruña, lidera proxectos en materia de Dereito Ambiental. Durante os meses de xaneiro e febreiro de 2024 abordou dous proxectos, un sobre asesoramento xurídico sobre o método de cálculo de custo de emisión dos gases de efecto invernadoiro e un segundo proxecto de asesoramento xurídico sobre o uso de envases e residuos de envases.

O grupo de investigación Dereito Público Global traballa en proxectos para entidades locais de asesoramento xurídico

03/01/2024

O grupo de investigación Dereito Público Global, liderado por Jaime Rodriguez-Arana Muñoz, participou durante o último semestre, ata decembro de 2023 no desenvolvemento de proxectos en materia xurídico-administrativa. Os traballos foron coordinados polos profesores Carlos Ignacio Aymerich Cano e Carlos Amoedo Souto e supoñen un investimento de 30.000 euros.

O grupo de investigación Dereito Público Global colabora no asesoramento xurídico de Ordenación do Litoral

14/08/2023

O investigador e membro do grupo de investigación Dereito Público Global, Francisco Javier Sanz Larruga, coordina os traballos para a realización dun informe sobre a relevancia da ordenación e xestión integrada do litoral como política autonómica de Galicia, levados a cabo entre xuño e xullo de 2023.

A UDC e Reserva da Biosfera Mariñas e Terras de Mandeo impulsan proxectos para favorecer o desenvolvemento do rural

14/08/2023

O investigador Jose Antonio Blanco Moa, membro do grupo de investigación Dereito Público Global, dirixe varios proxectos de asesoramento xurídico co obxectivo de favorecer a súa aplicación práctica polos concellos do territorio da Reserva de Biosfera Mariñas. Os traballos, levados a cabo por membros do grupo de investigación, iniciáronse en xuño e teñen prevista a súa finalización en novembro de 2023.

O grupo de investigación Dereito Público Global traballa en proxectos para entidades locais de asesoramento xurídico

14/08/2023

O grupo de investigación Dereito Público Global, liderado por Jaime Rodriguez-Arana Muñoz, participou ata xuño de 2023 no desenvolvemento dunha decena proxectos no ámbito xurídico, réxime xurídico do litoral e dereito ambiental. Os traballos foron realizados polos profesores/as Francisco Javier Sanz Larruga, Juan Jose Pernas García, Carlos Ignacio Aymerich Cano, María del Carmen Rodríguez Martín-Retortillo, Carlos Amoedo Souto e Jose Antonio Blanco Moa da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña e supoñen un investimento de 92.000 euros.

O profesor Carlos Aymerich Cano da Facultade de Dereito da UDC, nomeado investigador principal en varios proxectos para entidades locais

07/08/2023

O profesor Carlos Aymerich da Facultade de Dereito e membro activo do Grupo de Investigación Dereito Público Global da UDC, cun importe 7.800 euros recibe dous encargos para o asesoramento e asistencia técnica no ámbito xurídico-administrativo no primeiro semestre do ano 2023, un deles cunha duración de 6 meses, ata setembro de 2023 e outro de 12 meses de duración, ata xullo de 2024.

O grupo de investigación Dereito Público Global colabora no asesoramento xurídico do anteproxecto de Lei de Ordenación Litoral de Galicia

22/03/2023

O investigador e membro do grupo de investigación Dereito Público Global, Francisco Javier Sanz Larruga, coordina os traballos sobre a tramitación, transferencia e divulgación do anteproxecto de Lei de Ordenación do Litoral de Galicia. Os traballos para desenvolver inclúen un servizo de apoio no asesoramento xurídico durante o procedemento de tramitación, actividades de transferencia e divulgación con colectivos interesados no anteproxecto de lei,  e celebración dun simposio de expertos e expertas no Litoral. O proxecto ten unha duración de 4 meses e conta cun orzamento de 18.000 euros.

Pilar Álvarez Barbeito recibe encargos para prestar servizos de asesoramento e asistencia técnica sobre fiscalidade

12/08/2022

A profesora e investigadora Pilar Álvarez Barbeito do Departamento de Dereito Público da UDC dirixe un proxecto sobre asesoramento e asistencia técnica sobre fiscalidade nacional e internacional, máis concretamente en materia sobre tendencias nacionais e internacionais. Os traballos que comezaron en xuño de 2022 teñen unha duración de 12 meses e o importe do proxecto ascende a 35.000 euros.

Traballos de asesoramento en dereito administrativo e urbanístico con Almudena Fernández Carballal

09/08/2022

A UDC asina coa sociedade Galiciaplaya 3 un proxecto por 6.600 euros co obxectivo de asesorar en materia de dereito administrativo e urbanístico por un período de dous meses. A investigadora e doutora en Dereito, Almudena Fernández Carballal, encárgase de levar a cabo os traballos en materia de asesoramento legal sobre o réxime xurídico da finca denominada antiga Fábrica de Gres Burela que inclúen o estudo da súa vixente ordenación urbanística, a legalidade e oportunidade da súa descatalogación urbana e posibles actuacións na relación porto-cidade do municipio de Burela. 

Juan José Pernas dirixe varios proxectos en materia de medio ambiente e economía circular

08/08/2022

Juan José Pernas, profesor de Dereito adminitrativo da Universidade da Coruña e membro activo do Grupo de Investigación "Dereito Público Global" recibe encargos de varias entidades para dirixir proxectos en materia de réxime xurídico de residuos e de servizos públicos vinculados a súa xestión e outros aspectos xurídico-administrativos e ambientais. O desenvolvemento dos proxectos de investigación conleva a realización por parte do profesor de actividades formativas sobre a nova lei de residuos e chans contaminados para unha economía circular e as súas normas de desenvolvemento, así como asesoramento xurídico en materia de residuos e economía circular por un período de dous anos. 

O profesor Carlos Aymerich Cano da Facultade de Dereito da UDC, nomeado investigador principal en varios proxectos para entidades locais

11/07/2022

A UDC asina contratos con varias entidades locais por un importe de 24.000 euros ata xuño de 2022 co obxectivo do asesoramento xurídico-administrativo no proceso de elaboración das súas relacións de Postos de Traballo (RPT). O encargado de levalos a cabo é o investigador Carlos Aymerich Cano, especializado en Dereito Administrativo e membro activo do Grupo de Investigación Dereito Público Global da UDC; grupo coordinado polo Dr. Jaime Rodríguez-Arana Muñoz. Unha vez concluido o proxecto ten que elaborar un informe sobre as conclusións as que chegue para as entidades solicitantes dos servizos.