FUAC. Comunicación. Actualidade

O grupo de investigación de Arquitectura de Computadores da UDC aborda proxectos de I+D

22/12/2023

O equipo de investigación composto por membros do Grupo de Arquitectura de Computadores (GAC) baixo a dirección do profesor Dr. Juan Touriño Domínguez traballan nun proxecto no campo da enxeñería informática para a organización de bases de datos e procesamento de información no marco do convenio do Observatorio de Movilidad de Terras, no que participan entre outras entidades, a Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela. O proxecto ten por obxectivo dar soporte técnico ao grupo LaboraTe (USC) na creación, organización, procesamento e explotación de bases de datos para a elaboración de informes. O prazo durante o que se desenvolverán os traballos será de 8 meses, a contar desde novembro de 2023.

A UDC e a USC colaboran nun proxecto sobre políticas europeas de desenvolvemento rural

13/10/2023

O Grupo de Arquitectura de Computadores (GAC) da UDC colabora co Grupo Economía Agroalimentaria e Ambiental, Desenvolvemento Rural e Economía Social (ECOAGRASOC) da USC no proxecto “Asistencia técnica para a organización de bases de datos de información relacionada con políticas de desenvolvemento rural”. 

Os profesores Ramón Doallo e Juan Touriño colaboran coa Xunta de Galicia na xestión de terras

06/09/2022

Os investigadores Ramón Doallo e Juan Touriño, do grupo de arquitectura de computadores da FIC da UDC veñen de renovar ata maio de 2024 a colaboración coa Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia para o desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento do sistema de información de apoio na xestión do Banco de Terras de Galicia (SITEGAL). Os traballos inclúen o deseño de novas estratexias de explotación de datos, mediante a utilización de tecnoloxías contribuindo a mellorar a dispoñibilidade e escalabilidade da plataforma. 

Os profesores Ramón Doallo e Juan Touriño da Facultade de Informática da UDC abordan varios proxectos de I+D

11/07/2022

O equipo de investigación composto por membros do Grupo de Arquitectura de Computadores baixo a dirección dos profesores Dr. Juan Touriño Domínguez e Dr. Ramón Doallo Biempica desenvolven actuacións para varios proxectos no campo dos Sistemas de Información Xeográfica (SIG), un proxecto para a adaptación a Apache Spark dun algoritmo xenético de agrupación de parcelas mediante permutas e un proxecto para o desenvolvemento dunha aplicacion SIG-WEB para a consulta de estadísticas de parcelarios. O prazo durante o que se desenvolven os traballos será de 6 meses, a contar desde marzo de 2022, cun orzamento que ascende a 43.000 euros.