FUAC. Comunicación. Actualidade

Investigadores do CITEEC traballan en proxectos de investigación para a mellora da calidade dos recursos hídricos

27/03/2024

Investigadores do CITEEC, liderados polo docente e investigador do grupo de investigación GEAMA, Joaquín Suárez López, están inmersos nun proxecto desenvolvido no marco da xestión dos desbordamentos de sistemas de saneamento unitario e o seu impacto sobre as masas de augas naturais, o proxecto Life RUBIES, que ten por obxectivo desenvolver ferramentas de toma de decisións para limitar a contaminación das masas de auga.

O Grupo de Enxeñaría da Auga e Medio Ambiente lidera proxectos de investigación no campo da enxeñaría hidráulica

13/03/2024

O Grupo de Enxeñaría da Auga e Medio Ambiente (GEAMA) de la Universidade da Coruña colabora en proxectos de investigación no campo da enxeñaría da auga. Os traballos, iniciados entre decembro de 2023 e xaneiro de 2024 levados a cabo polo investigador do CITEEC e coordinador do grupo de investigación Enxeñaría da Auga e do Medio Ambiente da Universidade da Coruña, Ricardo Juncosa Rivera, supón unha inversión de preto de 80.000 euros. As liñas de investigación dos 4 proxectos céntranse na realización de estudos hidráulicos e hidrolóxicos para Inverpuente e Zifra Ingeniería, de caracterización química das augas termais de prexigueiro e de análises químicas e microbiolóxicas para Cobre San Rafael.

O grupo de investigación GEAMA da UDC colabora en proxectos de investigación de modelización portuaria

29/01/2024

O equipo de investigación, liderado polo investigador do CITEEC e membro activo do grupo de investigación GEAMA, Enrique Peña, traballa nun proxecto pioneiro no mundo, para o deseño en 3D dun modelo físico do observatorio submarino “Peiraos de Solpor”, co que se pretende potenciar a biodiversidade mediante o uso de sistemas artificiais que xeren hábitat nos portos, pero, á vez, cun obxectivo que sirva de concienciación e permita o gozar e coñecemento por parte da cidadanía.

O grupo de investigación de Enxeñaría da Auga e do Medio Ambiente lidera proxectos no ámbito das enerxías renovables

15/01/2024

Os investigadores do CITEEC Enrique Peña González, José Sande González-Cela e Andrés Figuero Pérez, e membros activos do grupo de investigación GEAMA da UDC, dirixen durante o ano 2023 traballos para o proxecto ELISA, con especial atención no estudo experimental en Dársena de Oleaje de la solución ELISA MV. 

O grupo de investigación GEAMA da UDC lidera proxectos de enxeñería hidráulica

14/08/2023

O grupo de investigación de Enxeñería da auga e Medio Ambiente (GEAMA), adscrito ao Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (Citeec), lidera proxectos de investigación no campo da hidrología. Os traballos iniciados no segundo trimestre do ano 2023 están dirixidos polos profesores Ricardo Juncosa Rivera e Jordi Delgado Martín da Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canles e Portos e supoñen un investimento de 92.000 euros.

O grupo de investigación GEAMA da UDC lidera proxectos en enxeñaría hidráulica

05/04/2023

O grupo de investigación de Enxeñaría da Auga e do Medio Ambiente (GEAMA), adscrito ao Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (Citeec), lidera proxectos de investigación no campo da hidroloxía. Os traballos iniciados no primeiro trimestre do ano 2023 son: un estudo hidrolóxico para Greeenalia Wind Power Campelo, cunha duración dun mes, e un proxecto de análises químicas e microbiolóxicas para Cobre San Rafael, cunha duración de 9 meses. O encargado de levalos a cabo é o profesor da Escola Técnica Superior de Enxeñaría del Camiños, Canais e Portos e coordinador do grupo de investigación GEAMA, Ricardo Juncosa Rivera. Supoñen unha inversión que ascende a 67.000 euros. 

O investigador do CITEEC, Enrique Peña lidera traballos de modelización portuaria en Galicia

23/03/2023

O investigador do CITEEC, Enrique Peña, coordina proxectos para a realización do estudo integral e análise de datos da ondada in-situ, para o desenvolvemento e mellora de ferramentas de predición e toma de desiciones na operatividade portuaria que poidan minorar a axitación interior da ondada e melloren a maniobrabilidade das embarcacións. O equipo de investigación levará a cabo, como fin dos traballos, diversas actuacións para transferencia tecnolóxica, con especial atención nos pantaláns mexilloeiros do Porto de Xufre - Illa de Arousa en Pontevedra e no Porto Exterior de Ferrol na Coruña.

El investigador Jordi Delgado, miembro del Geama, dirige un proyecto en área de la Ingeniería Civil na Presa do Eume

22/03/2023

O investigador Jordi Delgado, será o encargado do proxecto, impulsado por HCC. Os traballos inclúen a realización de ensaios geomecánicos de materiais da Cimentación da Presa do Eume (A Coruña), tanto en formigón, como en rocas. A duración dos traballos é de seis meses e conta cun orzamento de 35.000 euros.

O Grupo de Enxeñaría da Auga e Medio Ambiente traballa en proxectos de investigación no campo da hidroloxía

04/01/2023

O coordinador do Grupo de Enxeñaría da Auga e Medio Ambiente (GEAMA), Ricardo Juncosa, adscrito ao Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (Citeec) dirixe proxectos de investigación no campo da hidroloxía que supoñen unha inversión de 8.470 euros entre marzo e xuño de 2022. A liñas de investigación céntranse na realización de estudos hidráulicos  e hidrolóxicos en Vilarchao e Santa Comba.

Cobre San Rafael e GEAMA colaboran en proxectos de hidroloxía

29/09/2022

O coordinador do Grupo de Enxeñaría da Auga e Medio Ambiente (GEAMA) da UDC dirixe un proxecto de mostraxe e execución de perfís e análises químicos impulsado por Cobre San Rafael. Os traballos teñen unha duración de dous meses e conta cun orzamento que ascende a 3.450 euros.

Traballos de Ricardo Juncosa no campo da hidroloxía

04/07/2022

O investigador Ricardo Juncosa Rivera, coordinador do Grupo de Enxeñaría da Auga e Medio Ambiente, adscrito ao Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (Citeec) dirixe un proxecto de caracterización química e microbolóxica de augas. Os traballos inclúen un estudo de control de augas nas zonas máis afastadas da contorna da mina de Touro, co fin de ter ben caracterizados os tramos baixos do rio Brandelos e Lañas (ata a súa confluencia co rio Ulla). O prazo de execución dos traballos é de 11 meses e conta cun orzamento que ascende a 50.000 euros. 

Proxectos de I+D+i por Ricardo Juncosa

17/03/2022

O investigador Ricardo Juncosa Rivera, coordinador do Grupo de Enxeñaría da Auga e Medio Ambiente, adscrito ao Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (Citeec) dirixe o proxecto de aproveitamento e informe xustificativo dos perímetros de protección do Balneario de Arteixo. O prazo de execución dos traballos é de tres meses e medio e conta cun orzamento de 18.000 euros. 

A Xunta e as tres universidades galegas colaborarán nun estudo sobre a incidencia do cambio climático na costa da Comunidade

07/01/2022

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez e os reitores das universidades de A Coruña, Santiago de Compostela e de Vigo asinason o 27 de decembro o convenio de colaboración para o desenvolvemento de análise da incidencia do cambio climático na costa galega. No que participan o Grupo de Enxeñaría e Medio Ambiente (GEAMA) da UDC, O Grupo de Investigación REDE da Universidade de Vigo e o Grupo de Investigación ECO-IURIS da USC.

O profesor Ricardo Juncosa traballa en proxectos de investigación no campo da hidroloxía

22/06/2021

O profesor Ricardo Juncosa do grupo GEAMA lidera proxectos de investigación no campo da Hidroloxía que supoñen unha inversión preto de 42.000 euros. As entidades coas que participa son Termas do Prexigueiro S.L. e Ibernisha participando na adaptación dos espazos termais de Outariz e A Chavasqueira e As Termas do Prexigueiro, e Cobre San Rafael traballando no Informe do plan hidrolóxico de Galicia.

 

A empresa Taxus Gestión Ambiental Ecología y Calidad S.L. asina coa UDC un proxecto sobre a xestión integrada de concas hidrolóxica

12/05/2021

A empresa Taxus Gestión Ambiental Ecología y Calidad S.L. encarga un estudo da Análise Territorial da Conca do Río Eume e diagnóstico inicial da influencia de ENDESA na mesma á UDC. O estudo levarao a cabo un equipo do GEAMA dirixido polo profesor Joaquín Suárez López. 

 

Comprometidos cos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) da Axenda 2030 e particularmente co obxectivo nº6: "Garantir a dispoñibilidade de auga e a súa xestión sostible e o saneamento para todos" o equipo de investigación durante os 6 meses de duración do contrato tratará de ter na primeira fase de recompilación a valoración de toda a información dispoñible da conca e do medio natural que explota ENDESA, o Parque Natual das Fragas do Eume.

O profesor Luis Cea Gómez lidera o equipo no Proxecto de deseño e desenvolvemento dun modelo hidrodinámico 3D do embalse de Cecebre para aplicación de modelos de calidade de auga

04/05/2021

Luis Cea Gómez é o coordinador do Grupo de Investigación de Enxeñaría da Auga e do Medio Ambiente (GEAMA) lidera o equipo investigador no Proxecto de deseño e desenvolvemento dun modelo hidrodinámico 3D do embalse de Cecebre para aplicación de modelos de calidade de auga.

 

Este contrato ten como obxecto xeral o desenvolvemento dun modelo numérico tridimensional do embalse de Cecebre, que permita a correcta caracterización do seu funcionamento hidrodinámico, co fin de obter unha ferramenta numérica que poida servir de axuda para a súa xestión no marco dos traballos desenvolvidos dentro do denominado Plan Gleon.

O Canal de Isabel II financia un estudo sobre a xestión dos desbordamentos dos sistemas de saneamento

24/03/2021

Nomeado investigador responsable do estudo ao profesor da ETSI Caminos Canais e Portos da UDC Jerónimo Puertas Agudo, que conta co apoio e os recursos do Grupo de Enxeñaria da Auga e Medio Ambiente (GEAMA) para levar a cabo o estudo e paralelamente interacturá co equipo encargado da análise. O obxecto de estudo consiste na calibración das normas técnicas polas que se especifican e desenvolven os procedementos de deseño das medidas, obras e instalacións para a xestión dos desbordamentos de sistemas de saneamento (DSS) e ten prevista unha duración dun ano. 

Modelización portuaria, encargo da Xunta de Galicia ao investigador do CITEEC Enrique Peña

12/11/2020

Enrique Peña, investigador do CITEEC encargado pola Xunta de Galicia para o desenvolvemento de ferramentas de prediccción e toma de decisións na operatividade portuaria. Os traballos, con especial aplicación ao Porto da Coruña, terán diferentes fases iniciando en primeiro lugar unha campaña de campo que permita abordar as actuacións, clave tecnolóxica do encargo recibido, en materia de modelización. O equipo de investigación levará a cabo, como fin dos traballos, diversas actuacións para transferencia tecnolóxica. 

GEAMA lidera sete proxectos de investigación no eido da hidroloxía

04/11/2020

O profesor Ricardo Juncosa do grupo GEAMA lidera 7 proxectos de investigación no campo da hidroloxía que supoñen unha inversión de preto de 32.000 euros. As entidades coas que participa son Zifra Ingeniería, S.L., Cobre San Rafael, S.L., Termas do Prexigueiro e Grupo Minero Santa Comba. 

A entidade Drenatura S.L. e a Universidade da Coruña impulsan proxectos en materia de enxeñaría civil hidráulica e desenvolvemento sostible

Un equipo do GEAMA desenvolve o proxecto de "Elaboración de manual de drenaje sostenible de aguas pluviales en infraestructuras viarias de Bizkaia". Os traballos dirixidos por Joaquín Suárez López e José Anta Álvarez, profesores do departamento de Enxeñaria Civil da UDC están enfocados ao deseño de técnicas que permitan xestionar as escorrentías e os seus impactos nas vías de comunicación. De forma complementaria, o proxecto pretende o desenvolvemento dunha ferramenta estocástica de apoio para avaliar o índice de impacto e a vulnerabilidade do medio receptor para tomar medidas correctivas. O prazo durante o que se desenvolverán as actividades será de 12 meses e conta cun orzamento que  ascende a 48.000 euros.