FUAC. Comunicación. Actualidade

A UDC e a FUAC asinan un convenio coa Consellería de Mar para dar continuidade o Plan da cultura marítima de Galicia-Horizonte 2030

24/01/2024

A Consellería do Mar da Xunta de Galicia, a Universidade da Coruña e a Fundación da Universidade da Coruña asinaron en decembro de 2023 un convenio para o desenvolvemento das accións do Plan Cultura Marítima-Horizonte 2030, co obxectivo de dar continuidade ao Plan da Cultura Marítima Horizonte 2030, como instrumento capaz de favorecer a xestión integral, posta en valor e activación da cultura marítima de cara ao futuro.

O grupo de investigación en Histora da Arquitectura da UDC comisaría a Exposición Antonio Tenreiro Brochon. Obra Arquitectónica e Pictórica Reunidas

25/10/2023

O arquitecto e membro do grupo de investigación en Histora da Arquitectura da Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSAC) da UDC, Antonio Rio Vázquez, elixido polo Concello da Coruña como Comisario da Exposición "Antonio Tenreiro Brochon. Obra Arquitectónica e Pictórica Reunidas". A exposición, que formou parte do abano das diversas mostras gráficas para a celebración da Semana da Arquitectura 2023, celebrada do 29 de setembro ao 8 de outubro e que conmemora o medio século de vida da ETSAC da UDC, rende tributo ao arquitecto e pintor coruñés co motivo do centenario do seu nacemento, viaxa pola vida e obra de Tenreiro Brochón, que vislumbrou a construción como unha vía para interconectar a arquitectura, a pintura e a escultura. O seu traballo é recoñecido case que de forma popular polo deseño da fonte das Paxariñas, no barrio de Elviña, mais o seu selo tamén pervive a día de hoxe en numerosos locais comerciais da cidade da Coruña, así como nos murais da Casa Enrique, da rúa Compostela.

Traballos de asesoramento no ámbito da arquitectura con Emma López Bahut

30/06/2022

A investigadora Emma López Bahut, adscrita ao Departamento de Proxectos arquitectónicos, Urbanismo e Composición da Universidade da Coruña e creadora de Arquitecturas Procesadas, promove proxectos arquitectónicos. O equipo investigador encárgase de realizar unha análise técnica dos procesos creativos do proxecto nas súas diferentes fases de desenvolvemento e a través da plataforma web arquitecturasprocesadas.com difunde os resultados de proxectos que destacan no seu proceso de deseño en diferentes formatos, dando así visibilidade ao traballo de grandes figuras  e estudantes da arquitectura. O proxecto, que deu comezo en febreiro ten unha duración de dous anos.

A Universidade da Coruña e a FUAC asinaron un convenio no veleiro maís antigo de Galicia coa Consellería de Mar para elaborar o Plan da cultura marítima de Galicia-Horizonte 2030

14/07/2021

A sinatura do convenio fíxose o luns 5 de xullo nun acto simbólico a bordo do balandro Joaquín Vieta, o veleiro máis antigo de Galicia, construído entre 1915 e 1916  nunha carpintería de Ribeira do Freixo (Outes). A conselleria do Mar, Rosa Quintana firmou o convenio de colaboración co reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o presidente do padroado da Fundación  Universidade da Coruña (FUAC), José María Barja, para a elaboración do Plan da cultura marítima de Galicia-Horizonte 2030. Este acordo, que foi aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o pasado 2 de xuño, permitirá deseñar un plan de accións para protexer o patrimonio e a cultura marítima de Galicia e blindar o seu futuro.

 

A colaboración ,que estará vixente ata o 31 de decembro de 2023 con opción de prórroga, tradúcese nunha investigación dirixida polo profesor e experto na materia Óscar Fuertes e conta con preto de 200.000 euros de financiamento da Consellería do Mar.

 

Máis información

A Axencia de Turismo de Galicia, a UDC e a FUAC asinan un convenio para dar continuidade ao proxecto Traslatio. O patrimonio marítimo dos camiños do mar a Santiago

A Axencia de Turismo de Galicia, a UDC e a FUAC asinaron en marzo de 2024 un convenio para o desenvolvemento das acción do proxecto Traslatio: O patrimonio marítimo dos camiños do mar a Santiago, co obxectivo de dar continuidade ao proxecto Traslatio.