FUAC. Comunicación. Actualidade

Cartolab amplía colaboración nun proxecto de Cooperación Internacional do programa do Banco Interamericano de Desenvolvemento

04/04/2024

O Laboratorio de Enxeñería Cartográfica da UDC participa nun proxecto de asistencia técnica para o desenvolvemento dunha ferramenta de seguimento e supervisión de programas rurais do Banco Interamericano de Desenvolvemento (BIC). O proxecto, renovado por 3 meses máis, está liderado polo investigador e director do grupo de investigación CARTOLAB, Alberto Varela, e ten por obxectivo facilitar un manexo máis eficiente de datos xeoespaciais vinculados a programas do BID. Os traballos, levados a cabo desde setembro de 2023, teñen prevista a súa finalización en maio de 2024.

O grupo de investigación Dereito Público Global traballa en proxectos para entidades locais de asesoramento xurídico

27/03/2024

O grupo de investigación Dereito Público Global, liderado por Jaime Rodriguez-Arana Muñoz, participou durante o primeiro trimestre de 2024 no desenvolvemento de 5 proxectos en materia xurídico-administrativa. Os traballos foron coordinados polos profesores Carlos Ignacio Aymerich Cano, Juan Jose Pernas Garcia e Jose Antonio Blanco Moa e supoñen un investimento de 27.000 euros.

O grupo de investigación de Estruturas Arquitectónicas da UDC participa en proxectos de arquitectura sobre conservación e restauración de edificios

27/03/2024

O profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura e membro activo do grupo de investigación de Estruturas Arquitectónicas (GEA) da Universidade da Coruña, José Antonio Vazquez Rodríguez, aborda un proxecto de conservación e restauración da Capela de San Roque no Concello de Sada. Os traballos, iniciados en marzo, teñen unha duración de dous meses e consisten na elaboración do proxecto técnico do sistema de acodalamiento e estabilización da fachada do edificio da sala de exposicións “Capela de San Roque”.

A Universidade da Coruña e o Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia colaboran en proxecto de investigación en fisioterapia e rehabilitación funcional

27/03/2024

A profesora da Facultade de Fisioterapia e membro activo do grupo de investigación Intervención Psicosocial e Rehabilitación, Sonia Souto Camba, dirixe un proxecto de investigación en Fisioterapia e Rehabilitación funcional, impulsado polo Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (COFIGA). Os traballos, iniciados en marzo de 2023, teñen unha duración de 12 meses e inclúen a elaboración de informes e proxectos de intervención profesionais e a análise da situación investigadora na área da fisioterapia.

A Universidade da Coruña e a Rede Acolle impulsan proxectos sobre migración e desenvolvemento

26/03/2024

O equipo de traballo, que está a levar a cabo os traballos de asesoramento no desenvolvemento do proxecto as microcredenciales como unha oportunidade de aprendizaxe para persoas en situación de vulnerabilidade, está dirixido por Laura Ouso, Catedrática da Universidade na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña e coordinadora do ESOMI. Os traballos inclúen a proxección, elaboración e posta en marcha da microcredencial centrada no sector do fogar e os coidados, avaliación e difusión das aprendizaxes obtidas no seu desenvolvemento. O proxecto, cuxos traballos deron comezo en marzo de 2024, ten unha duración de 10 meses.

A Universidade da Coruña recibe encargos de entidades locais para o desenvolvemento de proxectos de asistencia xurídica

26/03/2024

Os traballos, liderados polo investigador Carlos Aymerich Cano, especializado en Dereito Administrativo e membro activo do Grupo de Investigación Dereito Público Global da UDC desde febreiro de 2024, teñen por obxectivo o asesoramento xurídico-administrativo no proceso de elaboración, negociación e aprobación da nova Relación de Postos de Traballo (RPT) para unha entidade local. Os traballos, iniciados en febreiro de 2024, teñen unha duración de 12 meses e contan cun orzamento que ascende a 18.000 euros. 

Persoal Docente e Investigador da UDC participa en proxectos de I+D+i relacionados coa Intelixencia Artificial no campo da saúde

25/03/2024

Investigadores do Grupo de Investigación Redes de Neuronas Artificiais e Sistemas Adaptativos - Imaxe Médica e Diagnóstico Radiolóxico (RNASA-IMEDIR) da Universidade da Coruña levan a cabo traballos de asesoramento para a xestión de imaxe médica dixital, co obxectivo de mellorar a eficiencia do traballo dos profesionais clínicos e facerlles chegar ferramentas necesarias dunha forma amigable.  Os traballos, iniciados en febreiro e liderados polo profesor da Facultade de Informática e membro activo do grupo de investigación RNASA-IMEDIR, Julián Dorado da Rúa, desenvolveránse por un período de 5 meses.

Novo artigo da FUAC na Revista Pocomaco

18/03/2024

Como resultado da colaboración da FUAC coa Revista Pocomaco, lanzamos un novo artigo baixo o título  "Inteligencia Artificial para mejorar la vida de las personas".  Artigo dispoñible aquí. 

O Grupo de Enxeñaría da Auga e Medio Ambiente lidera proxectos de investigación no campo da enxeñaría hidráulica

13/03/2024

O Grupo de Enxeñaría da Auga e Medio Ambiente (GEAMA) de la Universidade da Coruña colabora en proxectos de investigación no campo da enxeñaría da auga. Os traballos, iniciados entre decembro de 2023 e xaneiro de 2024 levados a cabo polo investigador do CITEEC e coordinador do grupo de investigación Enxeñaría da Auga e do Medio Ambiente da Universidade da Coruña, Ricardo Juncosa Rivera, supón unha inversión de preto de 80.000 euros. As liñas de investigación dos 4 proxectos céntranse na realización de estudos hidráulicos e hidrolóxicos para Inverpuente e Zifra Ingeniería, de caracterización química das augas termais de prexigueiro e de análises químicas e microbiolóxicas para Cobre San Rafael.

A Universidade da Coruña participa en proxectos en materia de Economía

13/03/2024

O docente da Facultade de Economía e Empresa e membro do grupo de investigación Regulación, Economía e Finanzas (GREFIN) da Universidade da Coruña, Fernando Ruiz Lamas, dirixe un proxecto de asesoramento en matería económica sobre contabilidade e operacións societarias. Os traballos levaronse a cabo entre xaneiro e febreiro de 2024. 

O CSN e a Universidade da Coruña colaboran no desenvolvemento de programas de vixilancia radiolóxica ambiental

12/03/2024

Os docentes Jose Luis Calvo Rolle e Esteban Jove Pérez, do Grupo de Investigación Ciencia e Técnica Cibernética (CTC), que forma parte da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol (EPEF) da Universidade da Coruña, lideran os traballos levados a cabo polo equipo de investigación, consistentes no desenvolvemento dun programa de vixilancia radiolóxica ambiental a nivel nacional. O proxecto, promovido polo Consello de Seguridade Nuclear e a Universidade da Coruña, ten unha duración de 4 anos e conta cun orzamento de 480.000 euros.

A Universidade da Coruña participa en proxectos de asesoramento sobre a pegada de emprego

12/03/2024

Os docentes José López Rodríguez e Jose María Losada López da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña colaboran nun proxecto de asesoramento sobre a pegada de emprego. Os traballos, levados a cabo desde marzo, teñen unha duración de 12 meses e inclúen a supervisión e validación dunha ferramenta que permite ao consumidor coñecer canto do que paga ao comprar un produto ou servizo vai para o emprego.

O grupo de investigación Dereito Público Global traballa en proxectos de asesoramento xurídico

05/03/2024

O investigador Juan José Pernas García, profesor da Facultade de Dereito e membro activo do grupo de investigación Dereito Público Global da Universidade da Coruña, lidera proxectos en materia de Dereito Ambiental. Durante os meses de xaneiro e febreiro de 2024 abordou dous proxectos, un sobre asesoramento xurídico sobre o método de cálculo de custo de emisión dos gases de efecto invernadoiro e un segundo proxecto de asesoramento xurídico sobre o uso de envases e residuos de envases.

O Grupo de Tecnoloxía Electrónica e Comunicacións da UDC colabora en proxectos de tecnoloxía electrónica

05/03/2024

O profesor da Facultade de Informática e membro activo do grupo de investigación de Tecnoloxía Electrónica e Comunicacións (GTEC) da Universidade da Coruña, Oscar Blanco Novoa, colabora en proxectos tecnolóxicos de formación sobre "Internet de las cosas (IoT)". Os traballos, iniciados en xaneiro de 2024, inclúen a organización e impartición de actividades de formación dirixidas a profesionais interesados de perfis diversos, como enxeñeiros/as ou persoal técnico en activo, graduados en enxeñaría ou titulados en formación profesional de grao superior, co obxectivo de mellorar os coñecementos en materia de IoT, en colaboración con Tokio School.  A data prevista de finalización da formación será en xullo de 2024. 

O grupo de investigación de Estruturas Arquitectónicas da UDC aborda proxectos de asesoramento en proxectos de estruturas

01/03/2024

O profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura e membro activo do grupo de investigación de Estruturas Arquitectónicas (Gea) da Universidade da Coruña, Manuel Jose Freire Tellado, participou durante os meses de xaneiro e febreiro de 2024 en tres proxectos de asesoramento en proxectos de estruturas para entidades de ámbito nacional.

O Grupo Integrado de Enxeñería da UDC desenvolve proxectos de I+D+i

01/03/2024

Os investigadores Richard Duro Fernández e Diego Crespo Pereira do Grupo Integrado de Enxeñaría da UDC lideran proxectos de I+D+i. Richad Duro, Doutor en Física e Coordinador do Grupo Integrado de Enxeñería, colabora desde xaneiro de 2024 nun proxecto promovido por Navantia Australia, para o deseño de vehículos aéreos de superficie autónomos. Pola súa banda Diego Crespo, Doutor en Enxeñería Industrial e membro do Grupo Integrado de Enxeñería, participa nun proxecto para o estudo do impacto económico social e ambiental da rede de tranvía de Metrotenerife, cuxos traballos se iniciaron en xaneiro de 2024. Os traballos teñen unha duración de 15 e 4 meses respectivamente e contan cun orzamento de 130.000 euros.

A Universidade da Coruña participa en proxectos de asesoramento económico-financeiro

01/03/2024

O profesor da Facultade de Economía e Empresa da UDC, Félix Puime Guillén, lidera dous proxectos de asesoramento económico-financeiro. Os traballos, iniciados en febreiro, teñen unha duración de 12 meses o primeiro proxecto e 2 meses o segundo proxecto e conta cun orzamento de 18.000 euros.

Éxito rotundo na segunda edición do HackUDC, celebrado a pasada fin de semana na Facultade de Informática da Universidade da Coruña (FIC)

23/02/2024

A Facultade de Informática da Universidade da Coruña acollía do 16 ao 18 de febreiro a segunda edición de HackUDC, o maior hackathon de Galicia, que reuniu a preto de 150 estudantes para desenvolver proxectos tecnolóxicos baixo un límite de tempo, achegando ideas e tamén desenvolvendo os prototipos funcionais para demostralas. A participación global superou mesmo asa 200 persoas, inluíndo a voluntarios e patrocinadores do evento, triplicando así a asistencia con respecto á edición do ano 2023. Así o confirman os datos facilitados polos organizadores do encontro, o Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) da FIC, quen amosan a súa inmensa satisfacción co resultado do evento. Entre os patrocinadores do evento atópanse Codee, Bizaway, Gradiant, Disashop, Denodo, Igalia, InditexTech, a Cátedra Cicas, a Cátedra NTT Data, Roommatik, Duacode e Bahía.

 

Máis información no seguinte enlace: https://www.udc.es/gl/novas/Exito-rotundo-na-segunda-edicion-do-HackUDC-celebrado-a-pasada-fin-de-semana-na-Facultade-de-Informatica-da-Universidade-da-Coruna-FIC/

A Universidade da Coruña e Repsol renovan a súa colaboración ata decembro de 2024

29/01/2024

O profesor Química Analítica da UDC e membro do Grupo de Investigación QANAP, José Manuel Andrade Garda renova como responsable do proxecto. O equipo de traballo leva a cabo os traballos de investigación do ámbito científico establecidos no acordo asinado entre a Universidade da Coruña e REPSOL. O acordo asinado o 20 de decembro de 2020 e renovado en decembro de 2022 ata o 31 de decembro de 2023, foi renovado ata decembro de 2024 e conta cun orzamento de 90.000 euros.

A Universidade da Coruña participa en proxectos de asesoramento económico-financeiro

29/01/2024

O profesor da Facultade de Economía e Empresa da UDC, Félix Puime Guillén, dirixe un proxecto de asesoramento económico-financeiro para a elaboración dun informe pericial. Para levalo a cabo fará unha análise inicial e da evolución da información financeira, unha análise do sector e valoración do plan de negocios da empresa. Os traballos teñen unha duración de 3 meses, ata abril de 2024.

O grupo de Análise e Prospectiva Sociopolítica da UDC aborda proxectos de investigación social

29/01/2024

O profesor Alberto Cotillo Pereira da Facultade de Socioloxía e coordinador do Grupo de Análise e Prospectiva Sociopolítica (LAPSO) da UDC dirixe un proxecto de investigación social, onde explorará e analizará datos cuantitativos para a elaboración dun informe posterior. Os traballos teñen unha duración de 2 meses e conta cun orzamento de 30.000 euros.  

A UDC participa en proxectos de asesoramento sobre o apoio ao emprendemento, autoemprego e economía social en Galicia

25/01/2024

Os traballos, liderados polos profesores da Facultade de Economía e Empresa da UDC María Carmen Gago Cortés e Jose María Losada López, inclúen o estudo e asesoramento sobre as medidas de apoio e emprendemento, autoemprego e apoio á economía social e responsabilidade social e plans de igualdade das empresas en Galicia, así como no proceso de creación de empresas. Os traballos, iniciados en decembro de 2023, teñen unha duración de 4 meses.

A Universidade da Coruña e a Clínica Assistens impulsan proxectos de investigación no ámbito da saúde

24/01/2024

A profesora da Facultade de Fisioterapia da UDC, a Dra. Esther Carmen Fernández nomeada investigadora principal nun proxecto para proporcionar asesoramento médico no ámbito do exercicio, a saúde e as patoloxías. Os traballos, iniciados en xaneiro de 2024, inclúen atención en consulta e prescrición de tratamentos no ámbito da Educación Física e o Deporte por un período de 2 anos.

Investigadores do CITENI da UDC participan en proxectos de enxeñaría no ámbito das tecnoloxías marítimas

24/01/2024

CoreMarine e o Grupo Integrado de Enxeñería (GII) da UDC colaboran no asesoramento dun proxecto de enerxía eólica offshore. Os traballos, levados a cabo polo equipo investigador ata decembro de 2024, inclúen traballar na simulación de plataformas flotantes destinadas a enerxía renovable mariña axustadas con código para a dinámica de liñas de fondeo. O proxecto ten unha duración de 12 meses e está liderado por Vicente Díaz Casás, profesor da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol (EPEF) e membro activo do Grupo de Investigación GII da UDC e ten por obxectivo a elaboración de informes relativos aos resultados de simulación e validación de códigos axustados tipo CFD co código de dinámica de liñas de fondeo MOORDYN.

O grupo de investigación Química Analítica Aplicada dá UDC lidera proxectos de investigación en química analítica

19/01/2024

Investigadores da Universidade da Coruña participan en proxectos de investigación para a formación na área de control de calidade, centrada no uso de cartas de control de calidade, análise práctica de datos e incerteza, incertezas, microbiológicos e de augas. O equipo de traballo, liderado polo profesor dá UDC e membro do grupo de investigación QANAP, José Manuel Andrade Garda, leva a cabo o desenvolvemento e impartición de cursos de formación técnica desde o ano 2022, cunha orientación eminentemente práctica e orientados ao persoal da multinacional automobilística Stellantis. Os traballos do último proxecto, iniciados en xaneiro de 2024, teñen unha duración de 12 meses.

Investigadores do CICA da UDC participan en proxectos de I+D no ámbito da química

19/01/2024

A investigadora Mª Teresa Rodríguez Blas da Facultade de Ciencias da UDC e membro activo do grupo de investigación Metais no medio Ambiente e Medicina (METMED) da UDC lidera proxectos de investigación no ámbito da química. Os proxectos, un está centrados no estudo de propiedades físico-químicas de tellas cerámicas, cunha duración de 24 meses, ata setembro de 2024 e un segundo proxecto, cuxos traballos desenvolvidos desde xaneiro de 2024 polo equipo investigador, consisten na identificación e análise de péptidos funcionais en cereais por un período de 12 meses.

O grupo de investigación BIOCOST participa en proxectos de I+D en biodiversidade

18/01/2024

O profesor Jaime Fagundez Díaz, profesor da área de Bioloxía da Facultade de Ciencias e membro activo do grupo de investigación Bioloxía Costeira (BIOCOST), lidera un proxecto para o estudo dos hábitats de interese comunitario (THIC) presentes en Galicia por un período de 18 meses, ata mediados de 2025. Os traballos teñen por obxectivo a determinación do estado de conservación, redacción de medidas de conservación e deseño dun sistema de seguimento para hábitats de interese comunitario, característico de formacións herbosas, dentro e fóra da Rede Natura 2000. Para levar a cabo os traballos conta cun orzamento de 54.000 euros.  

Investigadores do grupo de investigación Empresa, Consumo e Dereito da UDC lideran proxectos en materia xurídica

16/01/2024

O profesor Fernando Peña López da Facultade de Dereito da UDC e membro do grupo de investigación Empresa, Consumo e Dereito (ECD) lidera un proxecto de asesoramento xurídico en asuntos relativos a seguros, xestión de riscos empresariais, contratos civís e mercantís, contratos internacionais e dereito da construcción, ata outubro de 2023. Os traballos desenvolveronse por un período de 12 meses, cun investimento de 42.000 euros.

A UDC participa en proyectos en materia de economía

16/01/2024

O profesor da Facultade de Economía Financeira e Contabilidade e membro activo do Grupo de investigación en regulación, economía e finanzas (GREFIN) da Universidade da Coruña Fernando Ruiz Lamas, dirixe un proxecto sobre asesoramento e asistencia técnica na área de consolidación contable de entidades locais. Os traballos, iniciados en decembro de 2023, teñen unha duración dun mes.  

O grupo de investigación de Enxeñaría da Auga e do Medio Ambiente lidera proxectos no ámbito das enerxías renovables

15/01/2024

Os investigadores do CITEEC Enrique Peña González, José Sande González-Cela e Andrés Figuero Pérez, e membros activos do grupo de investigación GEAMA da UDC, dirixen durante o ano 2023 traballos para o proxecto ELISA, con especial atención no estudo experimental en Dársena de Oleaje de la solución ELISA MV. 

O grupo de investigación Saúde e Podoloxía lidera proxectos de investigación de promoción da saúde

08/01/2024

O proxecto, liderado polo Dr. Óscar Álvarez-Calderón Iglesias, profesor da Facultade de Ciencias da Saúde e membro do grupo de investigación Saúde e Podoloxía (GISAP) da UDC, inclúe a realización de tarefas de consultoría e asesoramento, así como a realización de diversas actividades de promoción da saúde no ámbito da Otorrinolaringoloxía, tales como charlas, coloquios, conferencias e campañas de saúde por un período de 12 meses.

O Grupo Integrado de Enxeñaría da UDC desenvolve proxectos de I+D+i

04/01/2024

O investigador Diego Crespo Pereira, Doutor en Enxeñaría Industrial e membro do Grupo Integrado de Enxeñería da UDC lidera proxectos de I+D+i para unha entidade local en materia simulacións e optimización de procesos industriais. Os traballos inclúen o desenvolvemento dun modelo de simulación en Flexsim que sexa capaz de simular o funcionamento dunha planta e do sistema de picking integrado nun almacén, co obxectivo de optimizar o seu funcionamento e mellorar a súa taxa de produción, diminuír tempos mortos, minimizar custos, mellorar a distribución en planta, etc. Os traballos levarán a cabo ata marzo de 2024.

A UDC colabora en proxectos de consultoría financeira

04/01/2024

O profesor Felix Puime Guillen de Economía e Empresa da UDC será o encargado do asesoramento na estratexia financeira da empresa Xestión de Reclamacións Xudiciais. Os traballos comezaron en setembro de 2023 e teñen unha duración de 12 meses.

O Grupo de Polímeros del CITENI da UDC participa en proxectos medioambientais de asesoramento en materiais plásticos

04/01/2024

As investigadoras Rebeca Bouza Padín da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e María José Abad López da Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) e coordinadora do Grupo de Polímeros da UDC lideran proxectos para o desenvolvemento de solucións de materiais poliméricos máis sostibles. O equipo de traballo liderado pola investigadora Rebeca Bouza Padín leva a cabo un estudo de Materiales Biopolimericos, por período de dous anos, ata novembro de 2024 e o equipo de traballo liderado pola investigadora María José Abad López desenvolve un estudo na área de ensaios clínicos con materiais poliméricos por un período de catro anos, ata xuño de 2027.

A Universidade da Coruña recibe encargos de entidades locais para o desenvolvemento de proxectos de asistencia xurídica

04/01/2024

A profesora Marta García Pérez da Facultade de Dereito da UDC, traballa en proxectos de asesoramento en ámbito xurídico durante o ano 2023. Durante o mes de xullo participou na análise xurídica de cuestións sobre a costa e o litoral e de novembro a decembro prestou asesoramento sobre o impacto da nova normativa de protección dos dereitos e benestar dos animais de compañía en Galicia e á normativa aplicable aos animais de caza.

Profesores da Facultade de Ciencias da UDC participan en proxectos de I+D en biodiversidade no medio rural

03/01/2024

Os profesores María José Servia García e Jaime Fagundez Díaz, profesores da área de Bioloxía da Facultade de Ciencias,  lideran proxectos de I+D en biodiversidade no medio rural.  Os traballos desenvolvidos durante o ano 2023 teñen como obxectivo o acompañamento científico-técnico e traballos de campo na avaliación de estratexias emerxentes e ambientais sostibles, para o control de pragas nos cultivos (velutina, paxaros, jabalíes), o deseño dun proxecto de Cooperación Leader 2022-2023 sobre polígonos vitícolas e frutícolas para identificar a problemática do viñedo, analizar as posibles alternativas de loita con métodos sostibles fronte á velutina, jabalíes e aves e deseñar posibles cultivos de interese, ambos dentro do proxecto “Polígonos vitícolas e frutícolas, viño e froita” e o deseño dun proxecto de Cooperación Leader 2022-2023 para o proxecto “Conectando Biodiversidade”, co obxectivo de identificar posibles actuacións a desenvolver e áreas de conectividade ecolóxica na área da Coruña.

A Universidade da Coruña impulsa proxectos de I+D+i

03/01/2024

O profesor de enxeñaría civil José Ramón Salgueiro da EUDI da UDC, dirixe un proxecto de investigación para o deseño de novos conceptos de deseño industrial, centrada no deseño de paneis de mando para o control de maquinaria de cuberta de embarcacións. Os traballos levados a cabo polo equipo de investigadores desde novembro de 2023 teñen unha duración de 8 meses e medio e conta cun orzamento que ascende a 6.000 euros.

O grupo de investigación Dereito Público Global traballa en proxectos para entidades locais de asesoramento xurídico

03/01/2024

O grupo de investigación Dereito Público Global, liderado por Jaime Rodriguez-Arana Muñoz, participou durante o último semestre, ata decembro de 2023 no desenvolvemento de proxectos en materia xurídico-administrativa. Os traballos foron coordinados polos profesores Carlos Ignacio Aymerich Cano e Carlos Amoedo Souto e supoñen un investimento de 30.000 euros.

Investigadores da Universidade da Coruña traballan nun estudo sobre a situación do turismo en Galicia

03/01/2024

Os profesores Iria Caamaño Franco, Carlos Rodriguez Carro e Jose Pablo Abeal Vázquez da Facultade de Turismo da Universidade da Coruña reciben en decembro de 2023 un encargo para o desenvolvemento dun estudo sobre o sector turístico de Galicia durante o período 2016-2023 para a definición do Plan Estratéxico de Galicia 2024-2030.

O grupo de investigación de Arquitectura de Computadores da UDC aborda proxectos de I+D

22/12/2023

O equipo de investigación composto por membros do Grupo de Arquitectura de Computadores (GAC) baixo a dirección do profesor Dr. Juan Touriño Domínguez traballan nun proxecto no campo da enxeñería informática para a organización de bases de datos e procesamento de información no marco do convenio do Observatorio de Movilidad de Terras, no que participan entre outras entidades, a Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela. O proxecto ten por obxectivo dar soporte técnico ao grupo LaboraTe (USC) na creación, organización, procesamento e explotación de bases de datos para a elaboración de informes. O prazo durante o que se desenvolverán os traballos será de 8 meses, a contar desde novembro de 2023.

A Universidade da Coruña e Hijos de Rivera impulsan proxectos de I+D+i

22/12/2023

O investigador Pablo Lixeiro Martinez Risco da Facultade de Ciencias da UDC dirixe un proxecto de investigación de maridaxe molecular de cervexas Estrela Galicia. Os traballos, iniciados en novembro de 2023 teñen unha duración de 1 ano e conta cun orzamento que ascende a 33.000 euros.

O grupo de investigación Saúde e Podoloxía da UDC colabora en proxectos de I+D relativo ás Ciencias Médicas

21/12/2023

O grupo de investigación Saúde e Podoloxía recibe encargos para o desenvolvemento de proxectos de I+D relativo ás Ciencias Médicas. O proxecto está coordinado polo profesor Dr. Luis López López da Facultade de Enfermería e Podoloxía e coordinador do grupo de investigación Saúde e Podoloxía (GISAP), consiste na prestación de asesoramento técnico na biomecánica, cirurxía e disección anatómica do pé, por un período de 2 anos. Os traballos, iniciados en novembro de 2023, inclúen a valoración dos casos e supervisión e tutorización dos procedementos.  

O grupo de investigación en bioloxía evolutiva colabora en proxectos de investigación e desenvolvemento na área da botánica e a xenética

21/12/2023

O grupo de investigación en bioloxía evolutiva (GIBE) da UDC recibe encargos para proxectos de I+D na área da botánica e a xenética. Os proxectos, un coordinado polo profesor Andrés Martínez Lage da Facultade de Ciencias por un período de dous anos, cuxos traballos están centrados na obtención de metafases para un estudo citogenético, iniciados en novembro de 2022 e un segundo proxecto coordinado polo profesor Manuel Pimentel Pereira da Facultade de Ciencias por un período de 1 ano, consistente na análise e caracterización da diversidade xenética dos lúpulos silvestres de Galicia, traballos iniciados en outubro de 2023.

Investigadores galegos únense para estudar terapias con células nai en lesións traumáticas da médula espinal

21/12/2023

Os investigadores Rodrigo Montoto-Meijide, do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela; Rosa María Meijide Failde, do Grupo de Investigación en Terapia Celular e Medicina Regenerativa, Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC) e directora da Aula de Nutracéutica e Ciencias Biomédicas da UDC; Silvia María Díaz Prado, do Departamento de Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas da UDC e Universidade da Coruña e Antonio Montoto-Marqués, do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC) publican un novo artigo onde estudan terapias con células nai mesenquimales en lesións traumáticas da medula espinal na Revista Internacional de Ciencias Moleculares titulado "Mesenchymal Stem Cell Therapy in Traumatic Spinal Cord Injury: A Systematic Review". Fai click aquí para ler o artigo.

A Universidade da Coruña impulsa proxectos en materia de urbanismo e socioloxía para varias entidades

21/12/2023

Os profesores María Jesús Andrade Suárez, Manuel Docampo e Maria Elvira Lezcano Gonzalez e Antonia Perez Garcia da UDC colaboran en proxectos de urbanismo e socioloxía, cun investimento de 29.000 euros durante o ano 2023. A profesora María Jesús Andrade Suárez da Facultade de Socioloxía, coordina un proxecto para o desenvolvemento dun estudo da dimensión territorial e turística do Camiño a Fisterrra-Muxía, co obxectivo de realizar un estudo do peregrino; Manuel Docampo García  da Facultade de Socioloxía coordina un proxecto para o desenvolvemento dun estudo socieconómico de parques eólicos e Maria Elvira Lezcano Gonzalez e Antonia Perez Garcia da Facultade de Turismo coordinan un proxecto para o desenvolvemento dunha plataforma de comunicación de datos turísticos na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas.

Novo artigo da FUAC na Revista Pocomaco

20/12/2023

Como resultado da colaboración da Fundación Universidade da Coruña coa Revista Pocomaco, lanzamos un novo artigo baixo o título "La Cidade das TIC refuerza la posición de A Coruña como referente de innovacion digital al servicio de la sociedad".  Artigo dispoñible aquí. 

 

A revista completa de decembro de 2023 está dispoñible aquí

A Universidade da Coruña e Zinpro Animal Nutrition impulsan proxectos de I+D

20/12/2023

A profesora Carmen Veiga Barbazán da Facultade de Ciencias e coordinadora do grupo de investigación Bioingeniería Ambiental e Control de Calidade (BIOENGIN) UDC lidera un proxecto de enxeñaría para a determinación do contido de ácidos graxos en mostras de diferente orixe, co obxectivo de axudar a mellorar a produtividade, a economía e o impacto ambiental da produción. Os traballos, iniciados en novembro de 2023, teñen unha duración de 5 anos.

A Universidade da Coruña promove proxectos no ámbito da actividade física e deportiva a nivel profesional

20/12/2023

O profesor Ángel Vales Rodríguez da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física encargado do asesoramento en desenvolvemento e implementación de estratexias e protocolos para a avaliación e optimización do rendemento nos equipos profesionais do R.C.Deportivo da Coruña. Os traballos inclúen a avaliación do rendemento competitivo dos equipos, a monitorización do modelo de xogo e adestramento do primeiro equipo masculino e o desenvolvemento de recursos tecnolóxicos para a elaboración de informes técnicos de avaliación do rendemento, por un período de tres anos.

O grupo de investigación GREFIN da UDC recibe encargos de asesoramento financeiro

20/12/2023

O profesor da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña e membro activo do grupo de investigación en regulación, economía e finanzas (GREFIN), Fernando Ruiz Lamas, recibe en outubro de 2023 un encargo dunha entidade local para a realización de asesoramento en técnicas de valoración de empresas. Os traballos inclúen tarefas de documentación da información financeira, análise e aplicación práctica das metodoloxías de valoración de empresas.

AENOR e a UDC colaboran no desenvolvemento de proxectos de I+D+i

19/12/2023

AENOR e a UDC colaboran no desenvolvemento de proxectos no ámbito de I+D+i. Os profesores/as Javier Pereira Loureio da Facultade de Ciencias da Saúde, Juan Rabuñal Dopico da Facultade de Informática (FIC), Alfonso Loureiro Montero da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol (EPEF) e Manuel Francisco Herrador Barrios, Luis Esteban Romera Rodríguez e Ahitor Baldomir García da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos  (ETSI) participan nunha decena proxectos durante o segundo semestre do ano 2023.

A Universidade da Coruña impulsa proxectos de arquitectura colaborativa como resposta a crise humanitaria de Cabo Delgado

18/12/2023

A profesora Patricia Muñiz Núñez da Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC colabora no proxecto de investigación “Da emerxencia á recuperación. Plan de resposta diferenciada ás necesidades de vivenda transicional na crise humanitaria de Cabo delgado”. O proxecto ten por obxectivo analizar as necesidades dos distintos grupos de poboación desprazada e xerar solucións arquitectónicas diferenciadas, adaptadas e integrais en materia fundamentalmente de transición. Os traballos iniciados en outubro de 2023 teñen unha duración de dous meses e medio.

Cartolab colabora en proxectos de Cooperación Internacional do programa do Banco Interamericano de Desenvolvemento

11/12/2023

O laboratorio de Enxeñaría Cartografía da UDC está colaborando nun proxecto de asistencia técnica para o desenvolvementeo dunha ferramenta de seguemento e supervision de programas rurais do Banco Interamericao de Desenvolvemento (BIC). O proxecto, liderado polo investigador e director do grupo de investigación CARTOLAB, ten por obxectivo facilitar o manexo máis eficiente de datos xeoespaciais vencellados á programas do BID. Os traballos, iniciados en setembro de 2023, teñen unha duración de 5 meses

O grupo de investigación de Ferrocarrís e Transportes da UDC colabora en proxectos de I+D

11/12/2023

 

Os investigadores Margarita Novales Ordax e Alfonso Orro Arcay, coordinadora e membro do grupo de investigación de Ferrocarrís e Transportes da UDC (FERROTRANS), dirixen un proxecto sobre mobilidade sustentable e planificación do transporte público da Cidade da Coruña. Os traballos inclúen a realización de estudos sobre melloras de sistemas de transporte público da cidade, análise dos estudos e diferentes propostas de mellora. O proxecto ten unha duración de 2 meses e conta cun orzamento de 18.000 euros. 

A Universidade da Coruña e CT Ingenieros impulsan proxectos de Innovación Tecnolóxica

11/12/2023

 

Investigadores do Grupo Integrado de Enxeñaría da UDC participan no proxecto REPERA 2. Os traballos, liderados polo investigador Vicente Díaz Casás, inclúen a realización de simulacións no ámbito da Enxeñaría. Os traballos, levados a cabo entre novembro de 2022 e xuño de 2023, contan cun orzamento de 62.000 euros.

A Universidade da Coruña e Trespes Arquitectos promoven a realización de proxectos arquitectónicos e urbanos

11/12/2023

O profesor Fernando Agrasar Quirosa, do Departameneto de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición da Universidade da Coruña, colabora nun proxecto de asesoramento no deseño dunha vivenda.

O grupo de investigación RNASA-IMEDIR da UDC colabora en Proxectos de I+D+i

11/12/2023

 

O profesor e membro do grupo de investigación RNASA-IMEDIR da UDC Juan Ramón Rabuñal dirixiu proxectos de desenvolvemento de solucións tecnolóxicas no ano 2023 para Certificación y Confianza Cámara.

A Universidade da Coruña e Hijos de Rivera impulsan proxectos de I+D

07/12/2023

Os investigadores Mª Teresa Rodríguez Blas e Jose Luis Barriada Pereira da Facultade de Ciencias e membros do grupo de investigación Metais no medio Ambiente e Medicina (METMED) da UDC , dirixen proxectos por un importe de 65.000 euros para o proceso de elaboración da cervexa. Os traballos, iniciados en agosto de 2022 teñen unha duración inicial de 16 meses, e consisten no desenvolvemento dun estudo de avaliación do contido de proteína de diferentes variedades de fermento e un estudo da influencia de parámetros industriais no comportamento de moléculas funcionais na elaboración de cervexa.

O grupo de investigación ESOMI da UDC lidera proxectos de investigación no ámbito galego

01/12/2023

A coordinadora do grupo de investigación ESOMI colabora no desenvolvemento de proxectos do ámbito das migracións desde unha perspectiva sociolóxica. Os traballos, que comezaron en outubro de 2023, inclúen a elaboración dun informe que recolle a evolución dos movementos migratorios, o perfil da poboación migrante en Galicia e o impacto positivo que está a ter no territorio. O proxecto ten unha duración de tres meses.

Investigadores do grupo de investigación Empresa, Consumo e Dereito da UDC lideran proxectos en materia xurídica

21/11/2023

Os profesores Fernando Peña López e Natalia Alvarez Lata da Facultade de Dereito da UDC e membros do grupo de investigación Empresa, Consumo e Dereito (ECD) dirixen proxectos de asesoramento xurídico, cunha duración de 12 meses cun investimento de 95.000 euros. Fernando Peña López dirixe un proxecto de asesoramento e asistencias técnicas en asuntos relativos a contratación nacional e internacional, dereito inmobiliario e da construción, conflitos en mercados financeiros e de seguros, relacións de alta; e Natalia Alvarez Lata un proxecto de Asesoramento en Dereito Civil.

A UDC e a Confederación Hidrografica do Ebro impulsan proxectos de I+D+i

09/11/2023

A grupo de investigación AQUATERRA colabora no desenvolvemento de proxectos no ámbito de I+D+i. O investigador Javier Samper Calvete da Escola de Camiños lidera un proxecto en materia de hidroloxía. Os traballos, que comezaron en outubro de 2023, inclúen a realización da actualización dos modelos 2D de fluxo e transporte de HCH a través de grávalas do aluvial do Rio Gállego e cálculo dos fluxos másicos de descarga dos sedimentos de colmatación cara ao Encoro de Sabiñanigo. O proxecto ten unha duración de 12 meses y cuenta con un presupuesto de 14.000 euros.

A UDC recibe encargos de consultoría financeira

08/11/2023

O profesor Felix Puime Guillen de Economía e Empresa da UDC recibe encargos de proxectos de proxectos de consultoría financeira. Os traballos liderados durante o último ano inclúen a elaboración de informes periciais de valoración, estudos económicos e asesoramento a empresas na súa estratexia financeira e supoñen un investimento de 23.000 euros. 

O investigador do CITIC, Luís Castedo, nomeado presidente da área TIC da Axencia Estatal de Investigación

07/11/2023

O grupo de investigación Filosofía e Metodoloxía das Ciencias do Artificial participa nun proxecto sobre incubación de proxectos audiovisuais

02/11/2023

A investigadora María Josefa Formoso Barro, do grupo de Filosofía e Metodoloxía das Ciencias do Artificial (FMCCA) colabora co Clúster Audiovisual Galego nun proxecto sobre incubación de proxectos audiovisuais. O proxecto está a desenvolverse entre os meses de xullo e novembro de 2023.

A Universidade da Coruña recibe encargos para o desenvolvemento de proxectos de Enxeñaría Láser

31/10/2023

O grupo de investigación do Laboratorio de Aplicacións Industriais do Láser (LAIL) adscrito ao Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) da UDC, lidera proxectos de investigación baseados na aplicación da tecnoloxía láser. Os traballos teñen por obxecto asesorar ás empresas no tratamento e análise de materiais con láseres pulsados ​​e aplicacións industriais de láseres de potencia, realizando cursos de formación e desenvolvendo actividades de divulgación para promover o coñecemento científico na sociedade. Os traballos desenvolvidos durante o ano 2023, dirixidos polo coordinador do grupo de investigación LAIL, Armando Yañez Casal e os investigadores Ana Jesús López Díaz e Alberto Ramil Rego, supoñen un investimento que ascende a 25.000 euros.

A Universidade da Coruña colabora no deseño de programas de actividade e exercicio físico saudable

25/10/2023

 

O grupo de investigación Performance and Health Group da UDC está desenvolvendo un proxecto para a creación dun curso de formación específica en programas de actividade e exercicio físico saudables para o colectivo de educadores físicos e deportivos, con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, coa finalidade de ampliar a oferta formativa de cursos propios da UDC. No proxecto, liderado  polo investigador e director da Cátedra SXD Galicia Activa, Eliseo Iglesias Soler, participan os investigadores Manuel Giráldez García, Xurxo Dopico Calvo, María Rúa Alonso, Juan Fariñas Rodríguez, Jessica Rial Vázquez e Ivan Nine, da UDC; Javier Rico Díaz, da USC e Roberto Barcala Furelos, da UVigo.

O grupo de investigación en Histora da Arquitectura da UDC comisaría a Exposición Antonio Tenreiro Brochon. Obra Arquitectónica e Pictórica Reunidas

25/10/2023

O arquitecto e membro do grupo de investigación en Histora da Arquitectura da Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSAC) da UDC, Antonio Rio Vázquez, elixido polo Concello da Coruña como Comisario da Exposición "Antonio Tenreiro Brochon. Obra Arquitectónica e Pictórica Reunidas". A exposición, que formou parte do abano das diversas mostras gráficas para a celebración da Semana da Arquitectura 2023, celebrada do 29 de setembro ao 8 de outubro e que conmemora o medio século de vida da ETSAC da UDC, rende tributo ao arquitecto e pintor coruñés co motivo do centenario do seu nacemento, viaxa pola vida e obra de Tenreiro Brochón, que vislumbrou a construción como unha vía para interconectar a arquitectura, a pintura e a escultura. O seu traballo é recoñecido case que de forma popular polo deseño da fonte das Paxariñas, no barrio de Elviña, mais o seu selo tamén pervive a día de hoxe en numerosos locais comerciais da cidade da Coruña, así como nos murais da Casa Enrique, da rúa Compostela.

A investigadora Luz Paz Agras lidera o proxecto “Arquitectura e oficios en Galicia. Unha ollada contemporánea”

16/10/2023

 

A investigadora Luz Paz Agras, do Grupo de Investigación en Composición Arquitectónica y Patrimonio (GICAP), lidera o proxecto “Arquitectura e oficios en Galicia. Unha ollada contemporánea”, a través do cal se elaborará un informe técnico sobre o estado actual dos oficios na arquitectura galega.

O centro de documentación ambiental Domingo Quiroga atópase entre os proxectos finalistas da cuarta edición do Premio de Rehabilitación da Xunta de Galicia

15/10/2023

O Museo Centro Gaiás da Cidade de Cultura de Galicia en Santiago de Compostela acolleu o 6 de outubro de 2023 a cuarta entrega da edición do Premio de Rehabilitación da Xunta de Galicia, onde once proxectos destacaron sobre o resto de participantes. Entre eles destacan varios proxectos nos que participaron profesores da Universidade da Coruña: un proxecto do Grupo de Investigación en Composición Arquitectónica e Patrimonio (GICAP), realizado por Fernando Agrasar Quiroga (UDC), Luz Paz Agras (UDC) e Marta Marcos Maroño, confeccionaron a rehabilitación do Pazo de Lóngora, no concello de Oleiros, A Coruña;  un proxecto realizado polos arquitectos Juan José Creus Andrade (UDC) e Covadonga Carrasco López, realizaron unha rehabilitación dunha das casas máis antigas do Centro histórico de Corcubión e un proxecto realizado por Óscar Fortes Dopico (UDC) e Iago Fernández, idearon a rehabilitación do estaleiro tradicional Ciprián para convertelo nun espazo museístico da carpintería no Concello de Outes.

Investigadores da EPEF participan nun estudo sobre a indución oxidativa de xeosintéticos de polietileno de alta densidade

13/10/2023

Un equipo de investigadores da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol (EPEF) participan nun proxecto coa empresa GSR Tech Control para o asesoramento e realización de ensaios para a avaliación do tempo de indución oxidativa de mostras de xeosintéticos de polietileno de alta densidade (PEAD), de acordo coas normas ASTM D 5885 e UNE EN ISO 11357-6. O equipo está formado por Jorge José López Beceiro (director), Ana María Díaz Díaz e Ramón Pedro Artiaga Díaz, membros do grupo de investigación PROTERM. 

O CITIC premia a excelencia tecnolóxica na VI edición do XoveTIC

09/10/2023

 

O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña (UDC) ven de premiar un total de nove investigacións no ámbito das TIC dentro da VI Edición do XoveTIC, que tivo lugar os pasados 5 e 6 de outubro. Ao remate do evento, no transcurso do cal se presentaron 55 traballos -entre comunicacións orais e pósteres-, outorgáronse os galardóns en diversas categorías para recoñecer a destacados profesionais e investigadores nos eidos da IA, a ciberseguridade, a enxeñaría de datos, a computación de altas prestacións ou a big data. Preme aquí para obter máis información dos gañadores.

O grupo de investigación Laboratorio de Enxeñaría Mecánica da UDC participa en proyectos de I+D+i

15/09/2023

O profesor da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol da UDC Urbano Lugrís Armesto dirixe proxectos relacionados cos ámbitos prioritarios do Deseño Industrial, os Materiais e Procesos Industriais, a Intelixencia Artificial, o Modelado e Simulación, as Tecnoloxías de Información e Comunicacións (TIC), así como calquera outra especialidade, afíns ao deseño e construción naval e os sistemas asociados. Os traballos, que comezaron en xullo, teñen unha duración de 18 meses e conta cun investimento de 49.000 euros.

A profesora Luz Paz Agras lidera o proxecto 'Sistemas artesanais en Galicia. Perspectivas de futuro'

14/09/2023

 

O Grupo de Investigación en Composición Arquitectónica e Patrimonio (GICAP) da Universidade da Coruña está desenvolvendo a investigación “Sistemas artesanais en Galicia. Perspectivas de futuro”, encargada polo Consello Económico e Social de Galicia. A profesora Luz Paz Agras actúa como investigadora principal.

O profesor Juan Jesús Raposo Arceo lidera proxectos de asistencia xurídica e urbanística

14/08/2023

O profesor Juan Jesús Raposo Arceo, da Facultade de Dereito da UDC traballa nun proxecto de asesoramento en ambito urbanistico e profesional, co obxectivo de levar a cabo un estudo en materia urbanística, lexislación e informes. Os traballos, que comezaron en maio de 2023, teñen prevista a súa finalización en decembro de 2026 e conta cun orzamento anual de 15.000 euros.

O grupo de investigación Dereito Público Global colabora no asesoramento xurídico de Ordenación do Litoral

14/08/2023

O investigador e membro do grupo de investigación Dereito Público Global, Francisco Javier Sanz Larruga, coordina os traballos para a realización dun informe sobre a relevancia da ordenación e xestión integrada do litoral como política autonómica de Galicia, levados a cabo entre xuño e xullo de 2023.

A UDC e Reserva da Biosfera Mariñas e Terras de Mandeo impulsan proxectos para favorecer o desenvolvemento do rural

14/08/2023

O investigador Jose Antonio Blanco Moa, membro do grupo de investigación Dereito Público Global, dirixe varios proxectos de asesoramento xurídico co obxectivo de favorecer a súa aplicación práctica polos concellos do territorio da Reserva de Biosfera Mariñas. Os traballos, levados a cabo por membros do grupo de investigación, iniciáronse en xuño e teñen prevista a súa finalización en novembro de 2023.

O grupo de investigación Dereito Público Global traballa en proxectos para entidades locais de asesoramento xurídico

14/08/2023

O grupo de investigación Dereito Público Global, liderado por Jaime Rodriguez-Arana Muñoz, participou ata xuño de 2023 no desenvolvemento dunha decena proxectos no ámbito xurídico, réxime xurídico do litoral e dereito ambiental. Os traballos foron realizados polos profesores/as Francisco Javier Sanz Larruga, Juan Jose Pernas García, Carlos Ignacio Aymerich Cano, María del Carmen Rodríguez Martín-Retortillo, Carlos Amoedo Souto e Jose Antonio Blanco Moa da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña e supoñen un investimento de 92.000 euros.

O grupo de investigación GEAMA da UDC lidera proxectos de enxeñería hidráulica

14/08/2023

O grupo de investigación de Enxeñería da auga e Medio Ambiente (GEAMA), adscrito ao Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (Citeec), lidera proxectos de investigación no campo da hidrología. Os traballos iniciados no segundo trimestre do ano 2023 están dirixidos polos profesores Ricardo Juncosa Rivera e Jordi Delgado Martín da Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canles e Portos e supoñen un investimento de 92.000 euros.

Investigadores do grupo de investigación Jean Monnet da UDC lideran proxectos en materia económica

11/08/2023

 

As profesoras Nuria Calvo Babío e Marta Rey García da Facultade de Economía e Empresa da UDC dirixen estudos ao redor da viabilidade e sustentabilidade económica cun investimento de 34.000 euros. Nuria Calvo dirixe un estudo estudo de viabilidade polígono industrial de Lamas por un período de 5 meses; e Marta Rey dirixe un estudo de caracterización de agrupacións industriais das organizacións de plena inclusión dirixido á acción estratéxica desde maio ata decembro de 2023, co obxectivo de propoñer liñas de acción estratéxica axustadas aos distintos perfís de membros identificados á entidade.

A Universidade da Coruña recibe encargos de entidades locais para o desenvolvemento de proxectos de asistencia xurídica e urbanística

10/08/2023

O profesor Juan Jesús Raposo Arceo, da Facultade de Dereito da UDC renova como director de proxectos para a Asociación Eólica de Galicia e de Vento Verde S.L.O encargo da Asociación Eólica de Galicia (EGA) ten por finalidade a asistencia xurídica en materia de ordenación do territorio, urbanismo, medio ambiente, montes e normativa sectorial de dereito público e a súa incidencia no sector eólica, e doutra banda, o encargo de Vento Verde S.L.céntrase na asistencia xurídica e urbanística para a instalación de fibra óptica en concellos de Galicia. Os traballos desenvolveranse durante 12 meses, desde outubro do 2022 a setembro de 2023.

Diego Crespo Pereira do GII da UDC participa nun proxecto de enerxía eólica offshore

10/08/2023

 

Seaplace o Grupo Integrado de Enxeñaría –GII da UDC colaboran no asesoramento do proxecto Portwind sobre a implementación en FlexSim do proceso produtivo de eólica flotante en Porto. Os traballos, liderados polo investigador Diego Crespo Pereira, inclúen o desenvolvemento do modelo conceptual, o deseño parametrizado do modelo, e a programación do xemelgo dixital de procesos e actualización dos parámetros de rendemento dos diferentes elementos produtivos. Os traballos levaranse a cabo ao longo de 12 meses, ata abril de 2023, e conta cun orzamento de 85.000 euros.

O profesor Felix Puime Guillen encargado dun proxecto de asesoramento financeiro

10/08/2023

O profesor Felix Puime Guillen de Economía e Empresa da UDC aborda traballos de asesoramento para a elaboración dun informe pericial de valoración. Os traballos teñen unha duración de 3 meses, ata xullo de 2023.

GALCORE e a UDC colaboran no desenvolvemento de proxectos de I+D+i

09/08/2023

GALCORE e a UDC colaboran no desenvolvemento de proxectos no ámbito de I+D+i. O profesor Ramón Arriaga Díaz da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol (EPEF) liderou un proxecto sobre asesoramento e colaboración no desenvolvemento e mellora tecnolóxica e realización de ensaios de autocontrol no primeiro cuadrimestre do ano 2023.

AENOR e a UDC colaboran no desenvolvemento de proxectos de I+D+i

09/08/2023

AENOR e a UDC colaboran no desenvolvemento de proxectos no ámbito de I+D+i. Os profesores/as Javier Pereira Loureio da Facultade de Ciencias da Saúde, Juan Rabuñal Dopico da Facultade de Informática (FIC), Alicia Munin Doce e Vicente Diaz Casas da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e Blanca Laffon Lage da Facultade de Ciencias da Educación participan en 15 proxectos durante o primeiro semestre do ano 2023.

SITCA e a Universidade da Coruña impulsan proxectos internacionais de turismo

09/08/2023

 

O encargado do proxecto para a realización do curso de formación sobre Creación de Plans de Xestión de Crise, dirixido ás Administracións de Turismo de Belize, Guatemala e Honduras é o investigador Jakson Renner Rodrigues Soares, coordinador do grupo de investigación en Experiencia Turística da Universidade da Coruña. O equipo docente, formado polo Dr. Jakson Renner, o Dr. Ángel Rodríguez Pallas, a Dra. María Sánchez e o Dr. Javier Fernández, levará a cabo as diversas actuacións para a organización e realización do curso. O proxecto ten unha duración de 8 meses, ata o 31 de decembro de 2023, e conta cun un orzamento de 8.200 euros.

O Instituto Universitario de Estudios Marítimos lidera proxectos de investigación marítima en España

09/08/2023

 

O investigador Fernando González Laxe, director do Instituto Universitario de Estudios Marítimos, leva a cabo un proxecto de análise dos cambios post-Covid do consumo de pescado. Para o desenvolvemento do traballo analizarase a estrutura e determinantes de consumo en tres momentos de tempo: pre-pandemia, pandemia e post-pandemia. O proxecto ten unha duración de 6 meses, ata outubro de 2023, e conta cun orzamento de 15.000 euros.

Novo artigo da FUAC na Revista Pocomaco

08/08/2023

Como resultado da colaboración da Fundación Universidade da Coruña coa Revista Pocomaco, lanzamos un novo artigo baixo o título "La Cidade das TIC refuerza la posición de A Coruña como referente de innovacion digital al servicio de la sociedad".  Artigo dispoñible aquí. 

A revista completa está dispoñible aquí

A investigadora Luz Paz Agras da Escola Técnica Superior de Arquitectura traballa en proxectos no campo de rehabilitación de vivendas no ámbito nacional

07/08/2023

A investigadora do Grupo de Investigación en Composición Arquitectónica e Patrimonio da UDC Luz Paz Agras, colabora nun proxecto de rehabilitación dunha vivenda en Vilalba (Lugo), como encargada da dirección de obra. Os traballos, que comezaron no principio do ano 2023, teñen unha duración de 12 meses. O orzamento ascende a 3.600 euros.

O investigador Juan José Pernas traballa en proxectos en materia medio ambiente e economía circular

07/08/2023

Juan José Pernas, profesor de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña e membro activo do Grupo de Investigación "Derecho Público Global" recibe un encargo dunha entidade municipal para a formación e asesoramento xurídico nas actuacións financiadas con fondos Next Generation. Encargarase de impartir docencia e asesorar sobre a aplicación concreta do DNSH nos procediemientos de preparación contractual na execución dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, por un período de 10 meses. Conta cun orzamento que ascende a 18.000 euros.

A Universidade da Coruña e Precisgal impulsan proxectos de I+D+i

07/08/2023

O investigador Armando Yañez Casal, coordinador do grupo de investigación Laboratorio de Aplicacións Industriais do Láser (LAIL) será o encargado dirixir o proxecto para a realización dun curso de formación sobre “LASER CLADDING DE MATERIALES CERAMICOS DE MATRIZ METALICA”. O curso ten unha duración de 15 horas, distribuído en tres xornadas e impartirase por profesores do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais(CITENI) da Universidade da Coruña.

O grupo de investigación de Construcción (GCONS) leva a cabo proxectos na área da Enxeñaria da Construcción

07/08/2023

O investigador Fernando Martínez Abella, membro do Grupo de Investigación de Construcción (GCONS) adscrito ao Centro de Innovación CITEEC, será o encargado de dirixir o proxecto sobre o estudo do comportamento de anclaxe en hormigón. Os traballos, que serán levados a cabo por investigadores do grupo GCONS, incluen: a asistencia técnica, fabricación de especímenes do ensaio, ensaios e elaboración dun informe. O proxecto ten unha duración de 6 meses e conta cun orzamento de 8.500 euros.

A Facultade de Turismo desenvolve un estudo sobre a demanda turística no Camiño Inglés

07/08/2023

As profesoras Iria Caamaño Franco e Antonia Perez García da Facultade de Turismo da Universidade da Coruña, reciben encargos para levar a cabo un estudo demoscópico sobre a demanda turística no Camiño Inglés. Os traballos, que comezaron en xuño, inclúen a análise do perfil, motivacións e grao de satisfacción dos turistas e peregrinos Sigüeiro e Santiago de Compostela do Camiño Inglés no ano 2023. O proxecto ten unha duración de 6 meses e conta cun orzamento que ascende a 12.000 euros.

A Universidade da Coruña recibe encargos para o asesoramento especializado en medición ambiental a nivel nacional

07/08/2023

O coordinador do grupo de investigación Ciencia e Técnica Cibernética (CTC) da Universidade da Coruña, José Luis Calvo Rolle lidera un proxecto para a Medición de parámetros radiactivos en mostras da contorna das centrais nucleares de Trillo y Zorita. Os  traballos, que deron comezo en abril de 2023, serán desenvolvidos por un investigadores da Universidade da Coruña e  incluen a monitorización e medición da radiación en centros de traballo. O proxecto ten unha duración de 24 meses. 

O Grupo de investigación cardiovascular GRINCAR participa en proxectos do ámbito da medicina preventiva e saúde pública

07/08/2023

O Dr. Javier Muñiz, coordinador do Grupo de investigación cardiovascular GRINCAR da Universidade da Coruña lidera un proxecto de investigación sobre as diferenzas no manexo temperá e posterior a alta despois dun infarto de miocardio. Os traballos inclúen o asesoramento no deseño, plan de análise e xestión e análise de datos do estudo por un período de 24 meses, ata marzo do 2025.

O profesor Carlos Aymerich Cano da Facultade de Dereito da UDC, nomeado investigador principal en varios proxectos para entidades locais

07/08/2023

O profesor Carlos Aymerich da Facultade de Dereito e membro activo do Grupo de Investigación Dereito Público Global da UDC, cun importe 7.800 euros recibe dous encargos para o asesoramento e asistencia técnica no ámbito xurídico-administrativo no primeiro semestre do ano 2023, un deles cunha duración de 6 meses, ata setembro de 2023 e outro de 12 meses de duración, ata xullo de 2024.

Os grupos de Investigación React! e CTC da UDC traballan nun proxecto de I+D+i industrial

07/08/2023

Membros dos grupos de investigación Reactividade Química e Fotorreactividad  React! eCiencia e Técnica Cibernética (CTC) da Universidade da Coruña traballan nun proxecto sobre sobre "Asesoramento en procura de sensores indirectos para a xeración de alertas temperás sobre contaminación e aparición de anomalías en EDAR". Os encargados do desenvolvemento do proxecto son Moisés Canle López, especializado en Química física e Jose Luís Calvo Rolle, especializado en Enxeñaría de Sistemas e Automática. O proxecto ten unha duración de 27 meses e conta cun orzamento que ascende a 54.000 euros.

O grupo de investigación Propiedades térmicas e reológicas de materiais (PROTERM) traballa en proxectos de Enxeñaria Naval e Industrial

07/08/2023

O investigador Ramón Arriaga Díaz, coordinador do grupo de investigación Propiedades térmicas e reológicas de materiais (PROTERM) da UDC, adscrito ao Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) dirixe os traballos dun ensaio con  materiais xeosistéticos.

A Fundación Unviversidade da Coruña convoca un proceso de selección de encargados/as para o servizo de limpeza

27/07/2023

A Fundación Universidade da Coruña oferta dous postos de traballo de encargados/as para o servizo de limpeza da área de operacións. O prazo de presentación de solicitudes comeza o 27 de xullo ata o 10 de agosto de 2023. As persoas interesadas en presentarse poderán facelo no seguinte enlace (pica aquí).

A Facultade de Fisioterapia da Universidade da Coruña participa en proxectos do ámbito clínico-asistencial

11/07/2023

Os profesores da Facultade de Fisioterapia da Universidade da Coruña e membros do grupo de investigación interpretación psicosocial e rehabilitación funcional, Ramón Fernández Cervantes y Antonio Souto Gestal participan nun proxecto co obxectivo de mellorar a coordinación asistencial, docente e investigadora de fisioterapia. O proxecto, liderado por Ramón Fernández Cervantes, ten unha duración de dous anos e conta un investimento aproximado de 12.100 euros. Os traballos incluen a coordinación dos recursos metodolóxicos, técnicos e humanos destinados á prestación da atención asistencial; a avaliación, diagnóstico e prescrición de procedementos fisioterapéuticos de asesoramento en proxectos do ámbito sociosanitario e colaboración en actividades de formación.

A Facultade de Ciencias da UDC acollerá a xornada 'Humidais construídos para a depuración de augas residuais'

30/06/2023

O vindeiro mercores 12 de xullo celebrarase na Facultade de Ciencias da Universidade a xornada "Humidais construídos para a depuración de augas residuais", organizada por Humigal-Sedaqua (spin-off da UDC) e o grupo de investigación EnAmb-React! en colaboración da Cátedra Emalcsa-UDC.. Se estás interesado en asistir podes inscribirte neste enlace ata o 9 de xullo de 2023.

 

Consulta aquí máis información

O Anuario de Estudos Marítimos da Universidade da Coruña convértese nunha publicación de referencia no sector a nivel nacional

27/06/2023

A Sala de Prensa da Reitoría da Universidade da Coruña acolleu esta mañá a presentación do segundo volume do Anuario de Estudos Marítimos, do Instituto Universitario de Estudos Marítimos. Á presentación asistiu o reitor, Julio Abalde, xunto cos profesores da UDC Fernando González Laxe e María José Rodríguez Docampo, codirectores da publicación e que ostentan os cargos de director e secretaria do Instituto. O volume aporta así unha visión actual, en tanto ao uso de novas tecnoloxías, políticas medioambientais, sustentabilidade e impacto económico nos últimos anos. Consulta aquí a noticia completa

A Facultade de Sociología da UDC acollerá o VI Encuentro Intercongresual Comité de Investigación Socioloxía do Traballo

06/06/2023

O VI Encontro Intercongresual do Comité de Investigación de Socioloxía do Traballo da Federación Española de Socioloxía (FES) celebrarase os días 29 e 30 de xuño de 2023 na Universidade da Coruña, na Facultade de Socioloxía. Este encontro é un espazo de aprendizaxe e intercambio onde teñen cabida tanto os resultados de investigacións xa concluídas como aqueles traballos que se atopan “en proceso” de elaboración. O prazo de inscrición e matrícula está aberto ata o 15 de xuño de 2023 a través da seguinte ligazón.

Fernando González Laxe imparte este mércores a súa última clase como profesor da UDC

10/05/2023

O eurodiputado e ex ministro de Exteriores José Manuel García-Margallo participou no Ciclo de conferencias da Cátedra Luis Fernández Somoza

30/04/2023

O eurodiputado e ex ministro de Exteriores José Manuel García-Margallo impartiu o 28 de abril de 2023 na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña, unha conferencia baixo o título "La política exterior y su contribución al desarrollo económico de España". Xa está disponñble a conferencia completa. 

 

Investigadores do Centro de Investigacións Científicas Avanzadas da UDC lideran un proxecto en materia de hidroloxía

13/04/2023

O grupo de investigación AQUATERRA desenvolve a cuarta fase do estudo de Hidroxeoloxía e modelos de balance hidrolóxico, e modelos de fluxo subterránero e transporte de contaminantes nos emprazamentos afectados por INQUINOSA, en Sabiñánigo (Huesca). O catedrático de Hidráulica e Hidroloxía da área de Enxeñaría do terreo, Francisco Javier Samper Calvete, será o responsable de dirixir os traballos levados a cabo polo equipo de investigación. Os traballos, iniciados no mes de xaneiro, incluen: a actualización dos modelos de fluxo e transporte realizados na fase anterior, cuantificación do fluxo dos contaminantes e a realización de modelos numéricos dos ensaios hidráulicos e de trazadores. O proxecto ten unha duración de 20 meses e conta cun financiamento de 35.000 euros. 

Os profesores da Facultade de Informática da UDC, Tiago Manuel Fernández e Oscar Blanco abordan varios proxectos de tecnoloxía electrónica

13/04/2023

O equipo de investigación composto por dous membros do Grupo de Tecnoloxía Electrónica e Comunicacións(Gtec) da UDC baixo a dirección do profesor Tiago Manuel Fernández Caramés, levan a cabo actuacións para varios proxectos de desenvolvemento e impartición de cursos sobre "Internet de las cosas (IoT)". Os traballos inclúen a organización e impartición de actividades de formación dirixidas a profesionais interesados de perfis diversos, como enxeñeiros/as ou persoal técnico en activo, graduados en enxeñaría ou titulados en formación profesional de grao superior, co obxectivo de mellorar os coñecementos en materia de IoT, en colaboración con Comunidad Campus e Tokio School. A data prevista de finalización dos cursos será en xuño de 2023.

A UDC colabora con Btwice e Prointega Ingeniería no desenvolvemento de proxectos de I+D+i

11/04/2023

Os investigadores do Laboratorio de Enxeñaria Mecánica (LIM) adscrito ao Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), Francisco Javier Gonzalez Varela e Manuel Jesús González Castro, lideran tres proxectos de I+D+i  entre decembro de 2022 e maio de 2023. Dous dos proxectos están centrados na investigación das propiedades de motores eléctricos, e o terceiro no deseño e verificación de columnas e báculos de iluminación.

O grupo de investigación GREFIN da UDC recibe encargos de asesoramento financeiro

10/04/2023

O profesor da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña e membro activo do grupo de investigación en regulacion, economía e finanzas (GREFIN), Fernando Ruiz Lamas, recibe en xaneiro de 2023 un encargo dunha entidade local para a realización de asesoramento en técnicas de valoracion de empresas. Os traballos, que se levaron a cabo ao longo dun mes, incluen tarefas documentación da información financeira, análise e aplicación práctica das metodoloxías de valoración de empresas.

A Universidade da Coruña e o Instituto Gallego de Podología promoven investigacións no ámbito clínico-asistencial

10/04/2023

O fisioterapeuta e doutor pola Universidade da Coruña, Antonio José Souto Gestal, dirixe un proxecto de investigación, cuxo obxectivo é mellorar o ámbito sociosanitario na especialidade de fisioterapia en procesos de dor complexa de orixe nociplástico. A duración do proxecto denominado "Asesoramiento en asistencia e investigación en fisioterapia" é de catro anos.

O Grupo de investigación RNASA-IMEDIR da UDC participa en proxectos relacionados coa Intelixencia Artificial e Biomédica

05/04/2023

O profesor da Facultade de Informática da Universidade da Coruña e membro do grupo de investigación RNASA-IMEDIR, Julián Dorado de la Calle, lidera proxectos na área da intelixencia artificial e desenvolvemento de aplicacións software para o diagnóstico asistido en entornos médidos. Na actualidade participa en dous proxectos, cun orzamento estimado de 23.600 euros. Un dos traballos sobre a realización dun informe sobre indicadores dentro do proxecto de investigación TACTICS, e o outro sobre asesoramento na aplicación de técnicas de visualización de alta calidade para imaxe médica en dispositivos de alta resolución gráfica. Os traballos teñen unha duración de seis meses.

O grupo de investigación GEAMA da UDC lidera proxectos en enxeñaría hidráulica

05/04/2023

O grupo de investigación de Enxeñaría da Auga e do Medio Ambiente (GEAMA), adscrito ao Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (Citeec), lidera proxectos de investigación no campo da hidroloxía. Os traballos iniciados no primeiro trimestre do ano 2023 son: un estudo hidrolóxico para Greeenalia Wind Power Campelo, cunha duración dun mes, e un proxecto de análises químicas e microbiolóxicas para Cobre San Rafael, cunha duración de 9 meses. O encargado de levalos a cabo é o profesor da Escola Técnica Superior de Enxeñaría del Camiños, Canais e Portos e coordinador do grupo de investigación GEAMA, Ricardo Juncosa Rivera. Supoñen unha inversión que ascende a 67.000 euros. 

A Universidade da Coruña e Iagos's Publicidad colaboran nun proxecto de publicidade exterior en Galicia

04/04/2023

O profesor da Facultade de Turismo da Universidade da Coruña, Javier Luis Fernández Fernández dirixe o proxecto de asesoramento no estudo sobre a publicidade exterior en Galicia. Os traballos teñen unha duración de 24 meses. 

O investigador do CITEEC, Enrique Peña lidera traballos de modelización portuaria en Galicia

23/03/2023

O investigador do CITEEC, Enrique Peña, coordina proxectos para a realización do estudo integral e análise de datos da ondada in-situ, para o desenvolvemento e mellora de ferramentas de predición e toma de desiciones na operatividade portuaria que poidan minorar a axitación interior da ondada e melloren a maniobrabilidade das embarcacións. O equipo de investigación levará a cabo, como fin dos traballos, diversas actuacións para transferencia tecnolóxica, con especial atención nos pantaláns mexilloeiros do Porto de Xufre - Illa de Arousa en Pontevedra e no Porto Exterior de Ferrol na Coruña.

AENOR e a UDC colaboran no desenvolvemento de proxectos de I+D+i

23/03/2023

AENOR e a UDC colaboran no desenvolvemento de proxectos no ámbito de I+D+i. Os profesores/as Juan Rabuñal da Facultade de Informática (FIC) e Alicia Munin da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) participan en 6 proxectos durante o primeiro trimestre do ano 2023.

O grupo de investigación Ciencia e Técnica Cibernética da UDC participa en proxectos de asesoramento especializado en medición ambiental

23/03/2023

O coordinador do grupo de investigación Ciencia e Técnica Cibernética (CTC) da Universidade da Coruña, José Luis Calvo Rolle dirixe varios proxectos de asesoramento da medición da radiación ambiental. O equipo de investigación levará a cabo a monitorización e medición da radiación en centros de traballo. As investigacións, que comezaron en febreiro, estímase unha duración inicial de 12 meses para un dos proxectos e no segundo de 24 meses.

A Universidade da Coruña e Repsol renovan a súa colaboración ata decembro de 2023

23/03/2023

O profesor Química Analítica da UDC e membro do Grupo de Investigación QANAP, José Manuel Andrade Garda renova como responsable do proxecto. O equipo de traballo leva a cabo os traballos de investigación do ámbito científico establecidos no acordo asinado entre a Universidade da Coruña e REPSOL. O acordo asinado o 20 de decembro de 2020, foi renovado en decembro de 2022 ata o 31 de decembro de 2023 e conta cun orzamento de 90.000 euros.

A Cátedra NTT Data concede a bolsa dos TFGs solidarios

22/03/2023

A Cátedra NTT Data, na segunda edición da convocatoria da bolsa para a realización do Traballo de Fin de Grao en colaboración con ONGs, concede a bolsa para o traballo "Análise e visualización de datos de prestación de servizos á terceira idade en Cruz Vermella”. O beneficiario da bolsa, estudante do Grao en Ciencia e Enxeñería de Datos da FIC, contará coa axuda do profesor da Facultade de Informática, Óscar Pedreira, para elaboralo. Preme aquí para ler a noticia completa.

O Centro Sociocultural de Baio acolleu a presentación da quinta edición do programa universitario para Maiores da Universidade da Coruña

22/03/2023

Máis de cincuenta persoas (maiores de 50 anos) procedentes de 7 concellos da Costa da Morte acudiron o mércores 22 de febreiro de 2023 á apertura dos cursos da quinta edición da Universidade Senior en Baio. O acto inaugural correu a cargo da directora da Universidade Senior da UDC, Matilde García; a directora de Planificación Académica, Nancy Vázquez; a adxunta á dirección, Susana Iglesias; e o alcalde de Zas, Manuel Muíño. O plan formativo, que conta con 55 alumnos nesta edición,  está composto por tres módulos de arte e sociedade, ciencia e tecnoloxía e saúde e benestar onde se tratan asuntos moi variados, desde Goya a geobotánica e nutrición. Le aquí a noticia completa.

El investigador Jordi Delgado, miembro del Geama, dirige un proyecto en área de la Ingeniería Civil na Presa do Eume

22/03/2023

O investigador Jordi Delgado, será o encargado do proxecto, impulsado por HCC. Os traballos inclúen a realización de ensaios geomecánicos de materiais da Cimentación da Presa do Eume (A Coruña), tanto en formigón, como en rocas. A duración dos traballos é de seis meses e conta cun orzamento de 35.000 euros.

O grupo de investigación Dereito Público Global colabora no asesoramento xurídico do anteproxecto de Lei de Ordenación Litoral de Galicia

22/03/2023

O investigador e membro do grupo de investigación Dereito Público Global, Francisco Javier Sanz Larruga, coordina os traballos sobre a tramitación, transferencia e divulgación do anteproxecto de Lei de Ordenación do Litoral de Galicia. Os traballos para desenvolver inclúen un servizo de apoio no asesoramento xurídico durante o procedemento de tramitación, actividades de transferencia e divulgación con colectivos interesados no anteproxecto de lei,  e celebración dun simposio de expertos e expertas no Litoral. O proxecto ten unha duración de 4 meses e conta cun orzamento de 18.000 euros.

O profesor de Bioloxía Jaime Fagúndez Díaz estuda os Habitats de Interese Comunitarios (HICs) en Ourense

22/03/2023

O investigador e membro do Grupo de Investigación BIOCOST, Jaime Fagundez Diaz está inmerso nun proxecto sobre o estudo da presenza e estado de conservación de habitats de interese comunitarios(HICs) nunha área en Calvos de Randin (Ourense) desde o mes de marzo. Durante tres meses realizará traballos de campo co obxectivo de identificar, localicar, delimitar e valorar o estado de conservación dos HICs da zona.

O Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña recibe o Premio Nacional de Enxeñería Informática polo seu programa Talentos Inclusivos

17/03/2023

O Consello Xeral de Colexios Profesionais de Enxeñaría de Informática de España outorgou, nesta primeira edición, o premio nacional na categoría de "Humanismo e Compromiso Social" ao Centro de Investigacións TIC da Universidade da CoruñaCoruña(CITIC) polo seu programa Talentos Inclusivos. O director do CITIC, Manuel F. González Penedo, quen participou onte no acto de entrega, xunto co reitor, Julio Abalde, na Real Academia de Enxeñaría en Madrid, agradeceu este recoñecemento, que, segundo dixo “vén premiar a esencia do proxecto e tamén o labor dun centro, o noso, que traballa e evoluciona conectado coa sociedade e as súas necesidades”. Le aquí a noticia completa.

O Grupo de Estudos Territoriais (GET) leva a cabo un estudo do impacto sociodemográfico e económico das plantas de enerxía eólica no litoral galego

14/03/2023

O profesor da Facultade de Socioloxía e membro do grupo de investigación interdisciplinar de Estudos Territoriais (GET), Manuel Docampo García, é o encargado de liderar un estudo sobre o Impacto Social das plantas de enerxía eólica na área da Costa da Morte. Os traballos desenvolvidos entre febreiro e marzo de 2023 céntranse na medición do impacto sociodemográfico e económico dos polígonos eólicos da poboación da zona. 

A Escola Superior de Náutica e Máquinas da UDC colabora en proxectos de enxeñería naval

01/03/2023

O investigador Feliciano Fraguela Díaz, da Escola Superior de Náutica e Máquinas da Universidade da Coruña, lidera un proxecto para o asesoramento en servizos técnicos e científicos do ámbito naval. Os traballos, iniciados en febreiro de 2024, teñen por obxectivo a optimización do mantemento naval e industrial mediante a análise de indicadores e parámetros co obxectivo da redución de custos, redución e mellor anticipación de avarías e incremento da vida útil dos equipos. O proxecto ten unha duración dun ano e conta cun orzamento de 22.000 euros.

A directora da Cátedra ALDABA WIB pola Universidade da Coruña participa no ciclo de charlas para o alumnado do Instituto Ramón Menéndez Pidal de Zalaeta

14/02/2023

O instituto Ramón Menéndez Pidal de Zalaeta conmemora o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia e na Tecnoloxía cun ciclo de chalas para o alumnado. O ciclo conta con profesionais de referencia, especialmente no ámbito universitario e investigador, entre as que se atopa a directora da Cátedra ALDABA WIB, Virginia Mato Abad, quen impartirá o martes 14 de febreiro unha charla sobre enxeñaría informática, contribuindo así a dar visibilidade ás aportacións das mulleres no eido das TIC, xerar referentes e espetar o interese das necas e rapazas nas carreiras tecnolóxicas.

Estudantes e profesorado das universidades da Coruña e Brasilia participaron nunha ruta turístico-urbanística guiada por Carballo

10/02/2023

No día de onte a coordinadora do Grupo de Estudos Territoriais da UDC, María Andrade xunto con Maite Parga e Xaime Díaz guiaron pola localidade de Carballo(A Coruña) unha visita turístico-urbanística que se enmarcaba dentro das actividades do ciclo de percorridos pola provincia pertencentes ao I Seminario Galaico-Brasileiro “Pontes que unen patrimonios”, encontro entre o Centro de Ensino Unificado de Brasília (CEUB) e a UDC, que se celebrou durante esta semana na Facultade de Socioloxía e na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña. No roteiro por Carballo participaron unha vintena de participantes, á que tamén asistiron o profesor da Facultade de Socioloxía da UDC, Manuel Docampo; o director da ETSAC da UDC, Plácido Lizancos; ou a coordinadora de paisaxe, Cristina García. Na programación de hoxe está programada unha conferencia impartida por Plácido Lizancos sobre "A Escola de Arquitectura de Galiza. Unha escola para construir un país".  Enlace á noticia.

A RAGC premia o proxecto de investigación de arrecife artificial coordinado polo profesor da EPEF da UDC, Luis Carral

07/02/2023

A Real Academia Galega de Ciencias falla os premios de Investigación Ernesto Vieitez Cortizo 2022, que recoñecen o labor de investigadores sénior e mozos da nosa comunidade. Están destinados a promover e recoñecer a investigación no eido das matemáticas, física e ciencias de computación; química e xeoloxía; bioloxía e ciencias da saúde; ciencias técnicas; e ciencias económicas e sociais. A academia concedeu na 32ª edición unha mencion honorífica na modalidade de traballo de investigación a un proxecto centrado na aplicación dos residuos de depuración de bibalvos en Galicia para a recuperación dos ecosistemas mariños mediante a creación de arrecifes artificiais. É un proxecto multidisciplinar coordinado polo profesor da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol da Universidade da Coruña, Luis Carral. Enlace a noticia da RAGC.

A Xunta analizará a colaboración con investigadores da Universidade da Coruña no uso dunha técnica para controlar a herba da pampa

11/01/2023

Investigadores das universidades da Coruña e Santiago de Compostela participan nun estudio de medicina termal das augas minero-medicinais e termais en Galicia

05/01/2023

O proxecto, dirixido pola investigadora da Facultade de Ciencias da Saúde e directora da Aula de Nutracéutica e Ciencias Biomédicas, Rosa Meijide, céntrase no estudio das caracterísicas termihidroxeoquímicas e terapéuticas das augas mineromedicinais e termais en Galicia. O obxectivo de dito estudio é elaborar unha proposta de recomendacións en relación aos usos das augas. O prazo durante o que se desenvolveron os traballos é de 4 meses, cun orzamento de 10.769 euros.

O grupo de investigación Microbioma y Salud da Universidade da Coruña realiza traballos de asesoramento en ultrasecuenciación de ADN

05/01/2023

A investigadora e coordinadora do grupo de investigación, Margarita Poza, leva a cabo tarefas de asesoramento en ultrasecuenciación da rexión 16s rARN bacteriano. Os traballos inclúen a extracción e purificación de ADN bacteriano nas mostras, a amplificación da rexión de 16s rRNA bacteriano, a construción de librerías xenómicas e secuenciación de ADN bacteriano e a análise bioinformática do microbioma das mostras. Os traballos leváronse a cabo por un período de 6 meses.

O Concello de Santiago de Compostela e a Universidade da Coruña impulsan proxectos en materia de dereito público

05/01/2023

O investigador do grupo de Dereito Público Global e coordinador da Cátedra de Dereito Local, Carlos Amoedo, é o encargado de realizar un informe xurídico sobre a articulación administrativa da subvención concedida ao Concello de Santiago de Compostela para a creación dunha plataforma loxística de última milla. Entre os traballos a realizar atópase o estudo das opcións xurídicas dispoñibles relativos á execución de subvencións concedidas, por un importe de 9.680 euros. Os traballos teñen unha duración de 3 meses.

O Grupo de Enxeñaría da Auga e Medio Ambiente traballa en proxectos de investigación no campo da hidroloxía

04/01/2023

O coordinador do Grupo de Enxeñaría da Auga e Medio Ambiente (GEAMA), Ricardo Juncosa, adscrito ao Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (Citeec) dirixe proxectos de investigación no campo da hidroloxía que supoñen unha inversión de 8.470 euros entre marzo e xuño de 2022. A liñas de investigación céntranse na realización de estudos hidráulicos  e hidrolóxicos en Vilarchao e Santa Comba.

A Facultade de Turismo e a Asociación Rural de Desenvolvemento Ría de Muros Noia colaboran nun proxecto de turismo sostible

04/01/2023

As profesoras dos departamentos de Socioloxía e Humanidades dirixen un proxecto, en colaboración coa Asociación Rural de Desenvolvemento Ría de Muros Noia. O proxecto ten entre os seus obxectivos o deseño e a implantación dun modelo de xestión integral das oficinas de turismo do Xeodestino Ría de Muros-Noia. O orzamento para a súa realización ascende a 5.000 euros.

Novo artigo da FUAC na Revista Pocomaco

31/12/2022

Como resultado da colaboración da FUAC coa Revista Pocomaco, lanzamos un novo artigo baixo o título  "Las cátedras y aulas institucionales, claves para crear valor e impulsar el desarrollo sostenible de nuestra sociedad desde la colaboración público-privada".  Artigo dispoñible aquí. 

AESIA. Unha decisión equilibrada para un camiño transformador

05/12/2022

A nova sede da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA) situarase na Coruña.

Le aquí a noticia completa 

A Fundación Universidade da Coruña publica a memoria de actividades 2021

02/12/2022

É o resultado das actividades da FUAC desenvolvidas durante os anos 2020 e 2021 pola Fundación Universidade da Coruña. Consulta aquí a memoria de actividades 2021.

A Universidade da Coruña e o Clúster Audiovisual Galego impulsan o proxecto I+P INCUBA

29/09/2022

A profesora da Facultade de Ciencias da Comunicación María Josefa Formoso coordina o proxecto I+P INCUBA que conta coa financiación do Instituto de Cinematografía y Artes Visuales (ICAA) do Ministerio de Cultura y Deporte. O proxecto posto en marcha en setembro ten como obxectivo a incubación e mellora de proxectos audiovisuais en fase de desenvolvemento a través de titorías, webinarios e consultoría. Nesta primeira edición forman parte de I+P INCUBA seis proxectos. Os produtores e guionistas de cada un dos proxectos contarán co asesoramento en tres ámbitos: guión, produción e distribución entre os meses de setembro, outubro e novembro. 

Cobre San Rafael e GEAMA colaboran en proxectos de hidroloxía

29/09/2022

O coordinador do Grupo de Enxeñaría da Auga e Medio Ambiente (GEAMA) da UDC dirixe un proxecto de mostraxe e execución de perfís e análises químicos impulsado por Cobre San Rafael. Os traballos teñen unha duración de dous meses e conta cun orzamento que ascende a 3.450 euros.

O Instituto de Estudios Marítimos colabora con autoridades portuarias galegas

08/09/2022

A colaboración do Instituto Universitario de Estudios Marítimos con autoridades portuarias galegas durante o ano 2022, entre as que se atopa a Autoridade Portuaria da Coruña, de Vilagarcía, de Vigo, de Ferrol e de Marín e Ría de Pontevedra, está liderada polo investigador Fernando González Laxe, profesor da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña.

 

Na actualidade está inmerso nun proxecto de Análise-diagnóstico da realidade e posicionamento portuario de Marín respecto a Galicia e ao norte de Portugal por un período de 6 meses. Os traballos que comezaron en xuño céntranse no estudo da competitivade do Porto de Vilagarcía, concluíndo coa presentación de propostas de cooperación entre os sistemas portuarios que permitan mellorar a súa eficiencia. 

A Facultade de Turismo desenvolve un estudo sobre a demanda turística no Camiño Inglés

07/09/2022

As profesoras Iria Caamaño Franco e Antonia Pérez García da Facultade de Turismo da Universidade da Coruña, reciben un encargo para levar a cabo un estudo demoscópico sobre a demanda turística no Camiño Inglés. Os traballos, que comezaron en xuño, incluen a análise do perfil, motivacións e grao de satisfacción dos turistas e peregrinos no Camiño Inglés no ano 2022. O proxecto ten unha duración de 6 meses e conta cun orzamento que ascende a 12.000 euros. 

Os profesores Ramón Doallo e Juan Touriño colaboran coa Xunta de Galicia na xestión de terras

06/09/2022

Os investigadores Ramón Doallo e Juan Touriño, do grupo de arquitectura de computadores da FIC da UDC veñen de renovar ata maio de 2024 a colaboración coa Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia para o desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento do sistema de información de apoio na xestión do Banco de Terras de Galicia (SITEGAL). Os traballos inclúen o deseño de novas estratexias de explotación de datos, mediante a utilización de tecnoloxías contribuindo a mellorar a dispoñibilidade e escalabilidade da plataforma. 

A investigadora Mª Teresa Rodríguez Blas renova no proxecto Hi-Bio 4.0

18/08/2022

A investigadora Mª Teresa Rodríguez Blas da Facultade de Ciencias da UDC dirixe un estudo sobre a potencialidade funcional de diferentes péptidos funcionais, a partir de cereais e pseudocereais no marco do proxecto Hi-Bio 4.0, liderado por Hijos de Rivera S.A.U.. Os traballos que comezaron en xuño teñen unha duración de 6 meses e conta cun orzamento de 19.000 euros. 

Asesoramento na área de economía financeira e contabilidade con Fernando Ruiz Lamas

12/08/2022

O profesor de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade da Coruña, Fernando Ruiz Lamas, recibe encargos para a realización do asesoramento no ámbito contable. Desde o mes de abril e ata decembro de 2022 é o responsable do proxecto sobre asesoramento na aplicación do resultado en sociedades de capital para Audiesa.

Pilar Álvarez Barbeito recibe encargos para prestar servizos de asesoramento e asistencia técnica sobre fiscalidade

12/08/2022

A profesora e investigadora Pilar Álvarez Barbeito do Departamento de Dereito Público da UDC dirixe un proxecto sobre asesoramento e asistencia técnica sobre fiscalidade nacional e internacional, máis concretamente en materia sobre tendencias nacionais e internacionais. Os traballos que comezaron en xuño de 2022 teñen unha duración de 12 meses e o importe do proxecto ascende a 35.000 euros.

Traballos do Grupo de Investigación Jean Monnet de Competitividade e Desenvolvemento Rexional na Unión Europa en materia de economía

11/08/2022

A investigadora Marta Rey García, da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña, dirixe un proxecto sobre a investigación interactiva sobre o terceiro sector de acción social en España para a plataforma da ONG de acción social, impulsado por Fresno Servicios Sociales. O prazo durante o que se desenvolverán as actividades será de 9 meses, concluíndo en febreiro de 2023 coa presentación dun informe que recolla os resultados da análise e unha base de traballo para asumir os retos nos próximos anos.

Axudas para proxectos de I+D e novos proxectos empresariais do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2021-2023

11/08/2022

Orde CIN/373/2022, de 26 de abril, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas públicas, por parte do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial, E.P.E., a proxectos de I+D e novos proxectos do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2021-2023, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

 

Consulta aquí as bases reguladoras

A Universidade da Coruña e o Concello de Narón promoven iniciativas de economía circular

10/08/2022

Ana Ares Pernas, investigadora do Grupo de Polímeros e profesora da Escola Universitaria de Deseño Industrial de Ferrol, pon en marcha xunto ao Concello de Narón un programa de asesoramento e formación no tratamento e valorizacion de plásticos enmarcado no Proxecto Ártabro Inclusivo. A formación impartirase por un período de 7 meses e ten como finalidade contribuir á erradicación e valorización de residuos da zona costeira achegando o coñecemento a entidades que traballan con persoas con necesidades especiais. Con esta formación, estas persoas, serán capaces de revalorizar os residuos recollidos na zona costeira.

Traballos de asesoramento en dereito administrativo e urbanístico con Almudena Fernández Carballal

09/08/2022

A UDC asina coa sociedade Galiciaplaya 3 un proxecto por 6.600 euros co obxectivo de asesorar en materia de dereito administrativo e urbanístico por un período de dous meses. A investigadora e doutora en Dereito, Almudena Fernández Carballal, encárgase de levar a cabo os traballos en materia de asesoramento legal sobre o réxime xurídico da finca denominada antiga Fábrica de Gres Burela que inclúen o estudo da súa vixente ordenación urbanística, a legalidade e oportunidade da súa descatalogación urbana e posibles actuacións na relación porto-cidade do municipio de Burela. 

O grupo de investigación Filosofía, Constitución e Racionalidade traballa en proxectos no campo da ética no traballo

09/08/2022

O profesor José Antonio Seoane Rodríguez de Filosofía do Dereito da UDC e coordinador do grupo de investigación Filosofía, Constitución e Racionalidade lidera un proxecto sobre o plan de formación e asesoramento sobre a ética no traballo social. Intervención social e toma de decisións para unha entidade local por un período de 4 meses.

Traballos en materia de economía financeira e contabilidade por Ángel Fernández e Gustavo Rego

09/08/2022

Os profesores da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña, Ángel Fernández Castro e Gustavo Rego Veiga, reciben un encargo para o desenvolvemento dun proxecto de colaboración sobre asesoramento financeiro no ámbito económico da modificación puntual do PXOM da Coruña no ámbito del API S35 Ría do Burgo, concluindo coa presentación dun informe sobre a viabilidade económico-financeira do proxecto. Os traballos teñen unha duración de 8 meses, a contar desde maio de 2022 e conta cun orzamento que ascende a 14.500 euros. 

Juan José Pernas dirixe varios proxectos en materia de medio ambiente e economía circular

08/08/2022

Juan José Pernas, profesor de Dereito adminitrativo da Universidade da Coruña e membro activo do Grupo de Investigación "Dereito Público Global" recibe encargos de varias entidades para dirixir proxectos en materia de réxime xurídico de residuos e de servizos públicos vinculados a súa xestión e outros aspectos xurídico-administrativos e ambientais. O desenvolvemento dos proxectos de investigación conleva a realización por parte do profesor de actividades formativas sobre a nova lei de residuos e chans contaminados para unha economía circular e as súas normas de desenvolvemento, así como asesoramento xurídico en materia de residuos e economía circular por un período de dous anos. 

O profesor de arquitectura Jose Antonio Vázquez Rodríguez traballa nun proxecto de rehabilitación da piscina municipal do Concello de Sada

05/08/2022

Jose Antonio Vázquez Rodríguez é arquitecto e profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña. No desenvolvemento da súa profesión participa como director de obra de rehabilitación da cuberta da piscina  municipal do Concello de Sada. As actuacións céntranse na realización dos traballos de documentación e asistencia técnica por un período de 8 meses.

Traballos en materia de historia do dereito e das institucións polo profesor Eduardo Cebreiros

05/08/2022

O investigador e docente do departamento de dereito privado Eduardo Cebreiros Álvarez é o encargado do proxecto de investigación, cuxo obxectivo é poñer en valor e dar a coñecer o papel da Deputación de Ourense como institución  e o seu papel nos últimos 200 anos de historia. A duración do proxecto denominado "asesoramento na organización do bicentenario da Deputación de Ourense" é de 8 meses e medio. O investigador na súa calidade de experto en historia do dereito e das institucións centrará os seus esforzos no asesoramento científico técnico xeral para todas as actividades programadas para conmemorar os 200 anos da institución desde a súa constitución no ano 1822.

O grupo de investigación RNASA-IMEDIR da UDC colabora nun proxecto relacionado coas Tecnoloxías da Información

04/08/2022

O grupo de investigación Imaxe Médica e Diagnóstico Radiolóxico RNASA-IMEDIR participa nun proxecto de asesoramento de aplicacións na nube para a xestión de EPIs. Os traballos dirixidos polo profesor Julián Dorado de la Calle da facultade de informática teñen unha duración de 6 meses e conta cun orzamento estimado de 4.200 euros. 

Traballos de asesoramento no ámbito da socioloxía con Antón Alvarez Sousa

04/08/2022

O profesor Antón Álvarez Sousa dirixe un proxecto sobre "As familias acolledoras en Galicia: Novas problemáticas e demandas na era post-covid". Os traballos inclúen unha análise e valoración da imaxe percibida que posúen as familias acolledoras sobre o Programa de Acollemento Familiar. O prazo durante o que se desenvolverán as actividades será de dous meses e medio e conta cun orzamento estimado de 7.000 euros.

Traballos do Grupo de Polímeros no ámbito marítimo

11/07/2022

A Asociación de Mulleres do Sector Pesqueiro, SEO Fisterra Ría de Muros-Noia, e a Asociación Adisbismur promoven o proxecto medioambiental de asesoramento e formación en materiais plásticos no marco do proxecto centro para a transformación do lixo marítimo. O equipo de traballo dirixido pola investigadora e profesora de Física e Ciencias da Terra da Universidade da Coruña, Ana Isabel Ares Pernas, encárgase de levar a cabo as actuacións de: formación, identificación e separación de plásticos, recomendacións de uso do material reciclado e asesoramento durante todo o proceso de transformación dos resudios mariños. O prazo durante o que se desenvolverán as actividades é de 7 meses.

Traballos de asesoramento no ámbito da enxeñaría química con Alberto de Vega

11/07/2022

O profesor Alberto de Vega de Enxeñaría Quimica participa no programa de mostraxe de alimentos de Castela e León en 2022. Así desde febreiro ata agosto de 2022 analizaranse 45 mostras, coa finalidade de dispoñer das determinacións por parte dos datos relativos de contaminantes nos produtos alimenticios, e así poder avaliar os sistemas de control, produción e comercialización. O orzamento do proxecto ascende a 17.000 euros.

Os profesores Ramón Doallo e Juan Touriño da Facultade de Informática da UDC abordan varios proxectos de I+D

11/07/2022

O equipo de investigación composto por membros do Grupo de Arquitectura de Computadores baixo a dirección dos profesores Dr. Juan Touriño Domínguez e Dr. Ramón Doallo Biempica desenvolven actuacións para varios proxectos no campo dos Sistemas de Información Xeográfica (SIG), un proxecto para a adaptación a Apache Spark dun algoritmo xenético de agrupación de parcelas mediante permutas e un proxecto para o desenvolvemento dunha aplicacion SIG-WEB para a consulta de estadísticas de parcelarios. O prazo durante o que se desenvolven os traballos será de 6 meses, a contar desde marzo de 2022, cun orzamento que ascende a 43.000 euros. 

O investigador Miguel Rodríguez Bugarín dirixe un proxecto de mellora das comunicacións na zona portuaria de Vigo e a rede ferroviaria da Unión Europea

11/07/2022

O investigador Miguel Rodríguez Bugarín de Enxeñaría Civil dirixe os traballos obxecto do estudio da conectividade ferroviaria á terminal de Bouzas. Encargarase de analizar os aspectos que resulten máis importantes e decisivos relacionados coa conexión arredor do porto de Vigo e a rede ferroviaria da Unión Europea, tanto desde o punto de vista das infraestruturas como dos servizos ferroviarios de mercancías a desenvolver. Concluindo os traballos coa presentación dun informe no que se expoñan e desenvolvan argumentos técnicos que promovan a contrución dun acceso ferroviario á zona portuaria de Bouzas, en particular para conectar a terminal portuaria de transbordadores coa rede ferroviaria de interese xeral (RFIG).

O profesor Carlos Aymerich Cano da Facultade de Dereito da UDC, nomeado investigador principal en varios proxectos para entidades locais

11/07/2022

A UDC asina contratos con varias entidades locais por un importe de 24.000 euros ata xuño de 2022 co obxectivo do asesoramento xurídico-administrativo no proceso de elaboración das súas relacións de Postos de Traballo (RPT). O encargado de levalos a cabo é o investigador Carlos Aymerich Cano, especializado en Dereito Administrativo e membro activo do Grupo de Investigación Dereito Público Global da UDC; grupo coordinado polo Dr. Jaime Rodríguez-Arana Muñoz. Unha vez concluido o proxecto ten que elaborar un informe sobre as conclusións as que chegue para as entidades solicitantes dos servizos.

Novo artigo da FUAC na Revista Pocomaco

05/07/2022

Como resultado da colaboración da FUAC coa Revista Pocomaco, lanzamos un novo artigo baixo o título "Innovación tecnologica para la industria".  Artigo dispoñible aquí. 

Traballos de Ricardo Juncosa no campo da hidroloxía

04/07/2022

O investigador Ricardo Juncosa Rivera, coordinador do Grupo de Enxeñaría da Auga e Medio Ambiente, adscrito ao Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (Citeec) dirixe un proxecto de caracterización química e microbolóxica de augas. Os traballos inclúen un estudo de control de augas nas zonas máis afastadas da contorna da mina de Touro, co fin de ter ben caracterizados os tramos baixos do rio Brandelos e Lañas (ata a súa confluencia co rio Ulla). O prazo de execución dos traballos é de 11 meses e conta cun orzamento que ascende a 50.000 euros. 

Traballos de asesoramento no ámbito da arquitectura con Emma López Bahut

30/06/2022

A investigadora Emma López Bahut, adscrita ao Departamento de Proxectos arquitectónicos, Urbanismo e Composición da Universidade da Coruña e creadora de Arquitecturas Procesadas, promove proxectos arquitectónicos. O equipo investigador encárgase de realizar unha análise técnica dos procesos creativos do proxecto nas súas diferentes fases de desenvolvemento e a través da plataforma web arquitecturasprocesadas.com difunde os resultados de proxectos que destacan no seu proceso de deseño en diferentes formatos, dando así visibilidade ao traballo de grandes figuras  e estudantes da arquitectura. O proxecto, que deu comezo en febreiro ten unha duración de dous anos.

Estudo de hábitats naturais e proposta de medidas a compensatorias no norte de Lugo polo biólogo Jaime Fagundez

30/06/2022

O investigador e membro do Grupo de Investigación BIOCOST, Jaime Fagundez Díaz, atópase inmerso nun proxecto sobre o estudo da biodiversidade do norte da provincia de Lugo. Os traballos incluen a avaliación dos hátitats incluidos na Directiva 92/43/CEE e do seu estado de convservación durante dous meses, cos que elaborar a cartografía da zona e presentación de propostas de medidas para a conservación e restablecemento dos hábitats naturais, da fauna e flora silvestres de interese comunitario.

Traballos de asesoramento no ámbito da Otorrinolaringoloxía con Óscar Álvarez-Calderón

29/06/2022

O profesor da Facultade de Ciencias da Saúde e médico especializado en otorrinolaringoloxía, Óscar Álvarez-Calderón Iglesias, recibe encargos para a realización dun estudio de "Valoración do impacto da patoloxia na área ORL en calidade de vida e funcionalidade dos pacientes" que a padecen e un "Proxecto de actividades para a promoción da saúde no ámbito da otorrinolaringoloxía". O prazo durante o que desenvolverá os traballos será dun ano.

Aquatica Ingeniería e o grupo de investigación AQUATERRA colaboran no Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa

27/06/2022

O investigador do grupo de investigación AQUATERRA, Javier Samper, dirixirá o proxecto de Actualización do Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa. Un equipo de investigadores da Universidade da Coruña están levando a cabo as diversas actuación que inclúen: o estudo do humedal da Laguna de Sobrado dos Monxes, a avaliación de recursos subterráneos na demarcación Galicia-Costa e a elaboración e definición de propostas para a optimización da xestión integral da auga ante os retos do cambio climático. O proxecto que leva en marcha desde febreiro ten unha duración de 10 meses.

O profesor da Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas Feliciano Fraguela dirixirá un proxecto de prestación de servizos técnicos e científicos

22/06/2022

O profesor do departamento de Ciencias da Navegación e Enxeñaría Marítima e membro do grupo de investigación de Enerxía e propulsión, Feliciano Fraguela, dirixe un proxecto de prestación de servizos técnicos e científicos para Empresa Mantenimiento y Servicios, TECMAN S.L..

 

O profesor realizará un estudo sobre a optimización do mantemento naval e industrial mediante a análise de indicadores e parámetros co obxectivo da redución de custos, redución e mellor anticipación de avarías e incremento da vida útil dos equipos. Os traballos levaránse a cabo ao longo dun ano e conta cun orzamento que ascende a 21.000 euros. 

Proxectos I+D+i con AENOR

22/06/2022

AENOR e a UDC amplian a súa colaboación no ámbito da I+D+i. No primeiro semestre do ano 2022 participaron nunha decena de proxectos os profesores/as Javier Pereira de Ciencias da Saúde, Blanca Laffon de Educación, Mª José Abad da Escola de Deseño Industrial, Alfonso Loureiro e Luis Carral da Escola Politécnica Superior, Luis Esteban Romera da Escola Superior de Arquitectura e Juan Ramón Rabuñal da FIC. 

O Instituto Universitario de Estudios Marítimos traballa na mellora da Comunidade Autónoma Galega

22/06/2022

O investigador Fernando González Laxe, profesor da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña e director do Instituto Universitario de Estudios Marítimos desenvolve proxectos de asesoramento técnico no ámbito marítimo para as Autoridades Portuarias da Coruña, Vilagarcía, Vigo e Ferrol. As actuacións están dirixidas ao estudo da competitividade e mellora da estratexia de crecemento e consolidación da Comunidade Autónoma galega. Para a execución dos traballos conta cun orzamento estimado de 50.000 euros.

A FUAC participa na XI edición da Feria de Emprego da Cámara de Comercio

19/05/2022

Volve a Feira de Emprego, a Cámara organiza a XI Edición da Feria de Emprego o vindeiro 31 de maio de 2022. Un ano máis a FUAC participará como en anteriores edicións ¡¡Esperámosvos!!

 

Consulta aquí máis información 

 

#FeriaEmpleo #Cámara #practicasfuac #Empleo #Carballo #CámaraComercioACoruña

Traballos en materia de Dereito polo profesor Francisco Javier Sanz Larruga

11/05/2022

O profesor de Dereito Francisco Javier Sanz Larruga leva a cabo a elaboración dun informe sobre a viabilidade xurídica de crear unha organización interprofesional láctea galega. Os traballos incluen o estudo da viabilidade xurídica con base na normativa comunitaria e nacional. O orzamento do proxecto ascende a 6.000 euros. 

Proxectos de I+D+i con Jose Ramón Méndez

11/05/2022

O profesor de enxeñaría civil José Ramón Salgueiro dirixe o proxecto de  "Nuevos conceptos de mobiliario urbano corporativo (GAMA) para el Ayuntamiento de Arteixo". As diversas actuacións que levarán a cabo 11 investigadores incluen o estudo de conceptos baseados nos requisitos do ecodeseño, produtos sustentables que incorporen criterios medioambientais e biofílicos en todas as súas fases: concepción, desenvolvemento, transporte e reciclaxe. A duración estimada do proxecto é de 5 meses e conta cun orzamento que ascende a 18.000 euros.

O alumnado da FP dual da Universidade Laboral de Culleredo inicia as súas prácticas en Emalcsa

09/05/2022

Os estudantes de primeiro Ciclo Superior de Xestión da Auga impartido en Galicia, no CIFP Universidade Laboral de Culleredo comezaron a súa formación práctica en Emalcsa a través do plan de estudos do Sistema de Formación Profesional dual, pioneiro na comunidade galega.

 

Tras un primeiro semestre de formación teórica nas aulas, o alumnado pasa ás instalacións da empresa encargada da xestión directa do ciclo integral da auga en Coruña e a súa área metropolitana, onde continuará a súa aprendizaxe durante cinco meses. 

 

Para a xestión administrativa e económica da estancia dos alumnos en Emalcsa, tanto a compañia como o CIFP contaron con servizo de asistencia técnica da Fundación Universidade da Coruña (FUAC). 

Comparando a condición física de escolares galegos antes e durante o primeiro ano de pandemia

12/04/2022

Luis Fernández Somoza da nome a unha das aulas da Facultade de Economía e Empresa

12/04/2022

O reitor da UDC presidirá o 16 de abril, un recoñecemento pola gran contribución do presidente de Cartesón ás actividades académicas desenvolvidas no marco da Cátedra. 

O Grupo de Investigación cardiovascular Grincar traballa na mellora do proxecto SVEC-G

31/03/2022

O investigador da Universidade da Coruña Javier Muñiz coordina o equipo de traballo, formado por investigadores da UDC e a USC, encargado do asesoramento do Sistema de Vixilancia das Enfermidades Crónicas de Galicia (SVEC-G), co obxectivo de mellorar a investigación clínica e a docencia. O proxecto que arrancou a súa sexta fase en xaneiro conta cun orzamento estimado de 15.000 euros e ten un prazo de execución de tres meses.

O profesor Félix Puime aborda varios proxectos de asesoramento para diversas entidades

31/03/2022

O profesor da Facultade de Economía e Empresa da UDC Félix Puime Guillén desenvolve varios proxectos na área de economía para as entidades Argentina Barbados, un proxecto consistente na revisión das contas contables do grupo e para Millenium Group, no proxecto de elaboración dun cadro de mando integral.

O Grupo de investigación RNASA-IMEDIR da UDC participa en proxectos relacionados coa Intelixencia Artificial

21/03/2022

Na actualidade o equipo de traballo leva a cabo un proxecto cun orzamento estimado de 28.000 euros sobre asesoramento na aplicación de técnicas de optimización de visualización de imaxe médica que está liderado polo profesor da Facultade de Informática Julián Dorado de la Calle. O prazo durante o que se desenvolveran os traballos de asesoramento é de 6 meses.

Proxectos de I+D+i por Ricardo Juncosa

17/03/2022

O investigador Ricardo Juncosa Rivera, coordinador do Grupo de Enxeñaría da Auga e Medio Ambiente, adscrito ao Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (Citeec) dirixe o proxecto de aproveitamento e informe xustificativo dos perímetros de protección do Balneario de Arteixo. O prazo de execución dos traballos é de tres meses e medio e conta cun orzamento de 18.000 euros. 

Traballos en materia de economía financeira e contabilidade por América Álvarez e Ángel Fernández

17/03/2022

Os profesores da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña, América Álvarez Domínguez e Ángel Fernández Castro levan a cabo traballos de asesoramento en materia de contabilidade e valoración de empresas. A duración inicial do proxecto é de dous meses e conta cun orzamento que ascende a 14.500 euros. 

A Universidade da Coruña e a empresa NTT DATA promoven a Cátedra de Diversidade e Tecnoloxía

23/02/2022

 

Esta Cátedra permitirá, entre outras cousas, traballar no impulso de vocacións tecnolóxicas femininas. Preme aquí para ver máis información.

Desenvolvemento de traballos de análise no ámbito científico polo Grupo de Investigación Ingeniería Química Ambiental

17/01/2022

O investigador Alberto de Vega dirixe desde o mes de novembro un proxecto de análise de isotopos estable de mostras recollidas nas campañas ecosistemáticas para Fundación AZTI. Os traballos levaránse a cabo ao longo de 18 meses cun orzamento que ascende a 10.890 euros.

Traballos do Grupo Integrado Ingeniería en I+D no ámbito das tecnoloxías marítimas

10/01/2022

O investigador Vicente Díaz Casás da Escola Politécnica Superior e membro do Grupo de Investigación GII da UDC, dirixe un proxecto de asistencia técnica para a simulación e validación experimental no deseño dun dispositivo para a contención de plásticos en ríos. Os traballos deron comezo en outubro e levanse a cabo empleando o modelado e ensaio experimental de barreiras para a súa contención. O proxecto estímase dure 5 meses e para o seu desenvolvemento cóntase cunha achega económica de 45.000 euros.

Proxectos de I+D+i por Jose Ramón Méndez

30/12/2021

O profesor Jose Ramón Méndez da E.U. de Deseño Industrial dirixe proxectos no ámbito da Enxeñaría por importe de 12.000 euros. 

Luis Carral do Grupo Mixto dirixe o proxecto PROARR3

30/12/2021

A entidade Estructuras y Equipamiento Submarinos de Galicia e o Grupo de Enxeñaría Mixto da UDC asinaron o 20 de novembro de 2021 a continuación dos traballos do “PROYECTO INVESTIGACIÓN PROARR3 – NUEVAS FORMAS Y TAMAÑO DE MÓDULOS A PARTIR DE LA OPTIMIZACIÓN, MEDIANTE TÉCNICAS DE SIMULACIÓN, DE LA LOGÍSTICA DE PRODUCCIÓN Y DE SUMINISTRO”. As diversas actuacións  desenvolveranse por sete investigadores. Os traballos levaranse a cabo ao longo de 18 meses cun orzamento que ascende a 10.000 euros.

Traballos de asesoramento no ámbito do Dereito con Fernando Peña

30/12/2021

 

O profesor Fernando Peña da Facultade de Dereito, cun importe de 3.000 euros recibe un encargo de Moneo Jurídica para a elaboración dun informe sobre enriquecimento inxusto, xestión de negocios alleos e pago de honorarios por membro de comunidade de bens. O prazo de execución dos traballos é de dous meses.

 

Cartolab lidera a xeolocalización

29/12/2021

 

O profesor Alberto Varela, da Escola de Camiños, dirixe un proxecto de deseño e implementación dunha metodoloxía de análise mediante o procesamento masivo de datos LiDAR para a identificación e caracterización de defectos no pavimento, sendo obxecto do estudo un tramo da rede viaria autonómica da Xunta de Galicia. Para o deselvolvemento dos traballos conta coa colaboración de técnicos do Grupo de Investigación Avanzada e Cartográfica (Cartolab) da UDC e do Grupo de Arquitectura de Computadores do Centro Singular de Investigación de Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da USC. Estímase un prazo de execución dos traballos de 9 meses. O orzamento para este estudo ascende a 18.000 euros.

O investigador Fernando Peña da Facultade de Dereito nomeado conselleiro académico de Vales & Asociados

28/12/2021

 

A entidade Vales, Abogados & Asesores Tributarios encarga ao investigador Fernando Peña un proxecto de asesoramento e asistencias técnicas en materia de asesoramento xurídico empresarial, seguros, contratación nacional e internacional  e arbitraxe. O importe do proxecto ascene a 36.000 euros. Dirixirá durante os vindeiros 12 meses o estudo en materias xurídicas propias do presente encargo.

O investigador Miguel Rodríguez Bugarín inmerso nun proxecto de mellora das comunicacións do Porto de A Coruña

28/12/2021

 

O investigador Miguel Rodríguez Bugarín coordinará os traballos obxecto do estudo dos elementos para a definición dunha estratexia ferroviaria para a Autoridade Portuaria de A Coruña. Desde finais de outubro de 2021 e ata febreiro de 2022 o investigador encargarase de analizar os aspectos que, nos próximos anos, resulten máis importantes e decisivos relacionados coa conexión do Porto de A Coruña e á rede ferroviaria nacional e europea. O orzamento do proxecto ascence 14.000 euros.

Traballos do Grupo de Investigación Laborario LaMeRoc no ámbito da xeoloxía, minería e xeotécnica en Galicia

27/12/2021

 

O profesor Jordi Delgado dirixe unha investigación sobre a caracterización xeral e extracción secuencial de metais en mostras de sedimento fluvial da contorna da Mina Landoi (Cariño, A Coruña). O obxectivo do proxecto é avaliar a posibilidade de realizar unha caracterización dos sedimentos fluviais da contorna desde o punto de vista do seu contido en metais seleccionados. O orzamento do proxecto ascende a 6.000 euros.

 

Traballos de carácter xurídico por Jaime Rodriguez-Arana

27/12/2021

 

O profesor Jaime Rodriguez-Arana responsable do asesoramento xurídico para unha gandería local. Desenvolverá a súa liña de traballo por un periódo inicialde tres meses, conta cun orzamento que ascende a 3.600 euros.

Novo artigo da FUAC na Revista Pocomaco

17/12/2021

Como resultado da colaboración da FUAC coa Revista Pocomaco, lanzamos un novo artigo baixo o título "El tejido productivo gallego cuenta con las infraestructuras de la UDC para incrementar su competitividad analítica".  Artigo dispoñible aquí

Estudo dos xacementos arqueolóxicos costeiros de Galicia por Marcos Lado

11/11/2021

 

O investigador da Universidade da Coruña, Marcos Lado Liñares, coordinará os traballos obxecto do estudo da monitorización dos xacementos arqueolóxicos costeiros de Galicia afectados polo cambio climático. Durante 3 meses o equipo investigador encargaráse da elaboración de modelos da superficie do solo nos xacementos arqueolóxicos costeiros de Castro de Baroña (Porto do Son), Adro Vello (O Grove), Guidoiro Areoso (A Illa) e Igrexa Vella (Mañón), empregando tecnoloxía Lidar aeroportada en drons.

Traballos do Grupo de Investigación GREFIN en materia de Economía

11/11/2021

 

Os profesores Anxo Calvo Silvosa e Angel Fernández Castro dirixen un proxecto sobre a análise da industria cárnica en Galicia, España e a Unión Europa. Para o seu deselvolvemento levarán a cabo a análise económica de empresas galegas en termos comparativos coa industria cárnica española e das principais Comunidades Autónomas produtoras. O proxecto ten unha duración de 3 meses.

O profesor de Enxeñaría Civil Francisco Taibo xestiona un proxecto para unha entidade local

11/11/2021

O profesor Francisco Taibo Pena de Enxeñaría Civil, xestiona un proxecto na área de multimedia en rede para a empresa CINFO. Os traballos céntranse no desenvolvemento de tecnoloxía para o render e procesamento de vídeo na nube. A duración inicial do proxecto é de 10 meses e o orzamento ascende a 40.000 euros.

Traballos na área de enxeñería mecánica por Javier Cuadrado

11/11/2021

O investigador e coordinador do Laboratorio de Enxeñaría Mecánica (LIM), Javier Cuadrado, dirixe un estudo ergonómico dun posto de traballo para ZEN Business Solutions S.L. Os traballos deselvolvidos procuran reducir as lesións dos operarios na realización das súas tarefas laborais. O estudo desenvolverase no prazo de 6 meses.

O investigador Federico Pomar aborda o Proxecto Algaterra

11/11/2021

O investigador Federico Pomar do Departamento de Bioloxía dirixirá o Proxecto Algaterra, impulsado pola entidade Porto Muiños. El proxecto analizará a presenza de fitohormonas en mostras liofilizadas de algas mariñas de Galicia, co fin de elaborar novos insumos agrícolas para a mellora de cultivos ecolóxicos. Os traballos que deron comezo en outubro de 2021 rematarán en setembro de 2023.

 

Estudo dos hábitats da provincia de Lugo polo Biólogo Jaime Fagundez

10/11/2021

O investigador e membro do Grupo de Investigación BIOCOST, Jaime Fagundez Diaz atópase inmerso nun proxecto sobre a avaliación da presenza de hábitats e vexetación en dúas áreas de estudo no norte de Lugo desde o mes de setembro. Durante 3 meses realizará traballos de campo co obxectivo de estudar os hábitats detectados, flora de interese ou ameazada e recomendación de actuación na zona.

 

Traballos de Bruno Casal en materia de Economía

10/11/2021

O investigador Bruno Casal está levando a cabo unha asistencia técnica para o deseño e a implantación de novos modelos de negocio, centrándose inicialmente na análise en detalle da entidade e procura de novos nichos de mercado, co obxectivo final de deseñar novos modelos de negocio. O orzamento para o desenvolvemento do proxecto ascende a 67.000 euros e ten una duración de dous anos.

Traballos na área de podoloxía por Manuel Romero

02/11/2021

O profesor Manuel Romero de Ciencias da Saúde desenvolve tarefas de asesoramento e apoio a investigación clínica na especialidade de podoloxía para Assistens, será durante o ano 2021 e ata setembro de 2023. O orzamento ascende a 7.200 euros. 

O profesor Alberto de Vega inmerso nun proxecto de análise nos alimentos na Comunidade Autónoma de Galicia

29/10/2021

Nomeado como investigador principal o profesor Alberto de Vega de Enxeñaría Quimica nun proxecto sobre a análise de produtos químicos en alimentos. Así durante o ano 2021 e ata decembro de 2022 analizaránse maís de 100 mostras. A finalidade é dispoñer das determinacións por parte da Comunidade Autónoma de Galicia dos datos relativos de contaminantes nos alimentos, e así poder avaliar os sistemas de control, produción e comercialización. A achega económica ascende a 47.000 euros.

Análise da demanda turística do Camiño Inglés por Carlos Carro e Antonia Pérez

29/10/2021

Os profesores da Universidade da Coruña, Carlos Carro e Antonia Pérez, dirixen o Estudo demoscópico sobre a demanda turística no Camiño Inglés. Os traballos levados a cabo polo equipo de investigación céntranse na identificación do perfil, as motivacións e o grao de satisfacción do turista/peregrino no último trimestre do ano 2021. O orzamento do proxecto ascende a 9.600 euros.

O profesor Carlos Aymerich encargado dun proxecto para unha entidade pública local

29/10/2021

Desde o mes de novembro e durante o vindeiros 12, meses Carlos Aymerich da Facultad de Dereito da UDC aborda traballos de asesoramento centrados na valoración técnica e económica de postos de traballo; utilizando como instrumento obxectivo de ordenación a RPT. O orzamento do encargo ascende 6.000 euros.

A investigadora do CITIC Susana Ladra lidera un proxecto sobre tecnoloxías de secuenciación de ADN

26/10/2021

O proxecto de I+D do ámbito internacional BIRDS, Bioinformatics and Information Retrieval Data Structures Analysis and Design, está financiado pola Comisión Europea a través do Programa H2020, MSCA-RISE-UE. No mes de xuño Susana Ladra comezou a dirixir os traballos, para o cal estímase unha duración dun ano e conta cun orzamento que ascende a 66.900 euros.

Traballos de asesoramento no sector do xogo en Galicia por José Manuel Sánchez Santos

18/10/2021

O investigador José Manuel Sánchez Santos é o responsable de levar a cabo traballos de asesoramento sobre o sector do xogo público e privado en Galicia. O obxectivo deste proxecto é realizar unha análise da situación actual e dos potenciais escenarios do sector. O proxecto conta cun orzamento de preto de 7.000 euros financiado pola entidade Loterias y Apuestas Deportivas de Galicia S.L., cun tempo estimado de realización dos traballos de 5 meses.

Proxectos I+D+i con AENOR

18/10/2021

AENOR e a UDC amplian a súa colaboación no ámbito da I+D+i. No ano 2021 participaron en 6 proxectos os profesores/as Blanca Laffon da Facultade de Educación, Mª José Abad da Escola de Deseño Industrial, Alfonso Loureiro da Escola Politécnica Superior, Concepción Herrero da Facultade de Ciencias e Juan Ramón Rabuñal da Facultade de Informática.

Os investigadores José Ramón Méndez e Alvaro Deibe dirixen un proxecto de deseño industrial

18/10/2021

O proxecto sobre novos conceptos de mandos para equipos de apriete de pernos está desenvolvido por un equipo investigador dirixido por José Ramón Méndez da Área de Proxectos de Enxeñaría e Alvaro Deibe da Área de Matemática Aplicada. Os traballos comezaron en xuño ten prevista a súa finalización a finais de outubro de 2021.

Traballos de mellora do proceso de negocio por Richard Duro

18/10/2021

O investigador Richard Duro da área de Ciencas da Computación e Intelixencia Artificial leva a cabo un proxecto de mellora do proceso de negocio, cuxo orzamento ascende a 3.600 euros e cunha duración de dous meses. Os traballos centránse no desenvolvemento dunha ferramenta que dixitalice e automatice o proceso de negocio existente entre BLUE QUALITY cos seus clientes e proveedores de servizo.

Asesoramento científico no desenvolvemento de ánodos baseados en silicio para baterías de ion-litio

14/10/2021

Os investigadores Jose Luis Barriada e Mª Teresa Rodríguez dirixen o equipo de traballo encargado de levar a cabo o proxecto de I+D baixo o título de LION-HD (investigación industrial de materiais estratéxicos para baterías de ion-litio de alta densidade enerxética e custo optimizado en electro mobilidade). O proxecto posto en marcha en xuño de 2021 conta cun prazo de realización de 3 anos e un orzamento estimado de 16.900 euros.

O Equipo de investigación Sociedades en movimiento (ESOMI) responsable da elaboración do Plan de Loita contra o racismo e a xenofobia en Navarra (2021-2026)

13/10/2021

O proxecto conta cunha duración máxima de 7 meses e un orzamento de 46.000 euros para a súa elaboración. equipo que está levando a cabo o proxecto está dirixido por Laura Oso, Catedrática da Universidade na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña e coordinadora do ESOMI, cuxa entrega está prevista a finais do mes de decembro do ano 2021. 

O Grupo de Estruturas Arquitectónicas da UDC aborda unha decena de proxectos con diversas entidades

05/10/2021

 

Durante o 2021 firmáronse 10 contratos con diversas entidades por un importe de 21.000 euros co obxectivo de asesorar sobre a estabilidade estrutural en edificios. O investigador encargado de levalos a cabo é Juan Pérez Valcárcel, profesor de Estruturas da Escola Técnica Superior de Arquitectura e membro activo do Grupo de Estructuras Arquitectónicas (GEA).

Asesoramento sobre información xenética relacionado con cardiopatias familiares pola investigadora María Sobrido

28/09/2021

A investigadora María Sobrido dirixe un proxecto de xestión de documentación científica centrada na información xenética relacionada con cardiopatias familiares. O proxecto púxose en marcha en maio e conta cun orzamento de 11.000 euros, cunha duración inicial de 12 meses.

Carlos Aymerich asesora a diversas entidades locais na elaboración das súas RPT

15/09/2021

Durante o primeiro semestre de 2021 firmáronse contratos con varias entidades locais por un importe de 28.000 euros co obxectivo de asesorar no proceso de elaboración das súas Relacións de Postos de Traballo (RPT). O investigador encargado de levalos a cabo é Carlos Aymerich, do Departamento de Dereito Público e membro activo do Grupo de Investigación "Derecho Público Global" da UDC.

Investigadores da UDC e da USC traballan na mellora do Sistema de Vixilancia das Enfermidades Crónicas de Galicia (SVEC-G)

10/09/2021

 

O investigador da Universidade da Coruña Javier Muñiz coordina o equipo de traballo encargado do asesoramento do Sistema de Vixilancia das Enfermidades Crónicas de Galicia (SVEC-G), co obxectivo de mellorar a investigación clínica e a docencia. O proxecto, que comezou a súa quinta fase en xullo, conta cun orzamento estimado de 15.000 euros e ten un prazo de execución de 6 meses.

O investigador Jose Luis Calvo Rolle dirixe un proxecto no Laboratorio de Radioactividade Ambiental da UDC

06/09/2021

O investigador e profesor da Escola Universitaria Politécnica da UDC Jose Luis Calvo Rolle dirixe un proxecto de desenvolvemento e asesoramento para a medición de radiación ambiental entre o Laboratorio de Radioactividade Ambiental e a Universidade de Castilla-La Mancha (UCLM). As investigacións deron comezo en novembro do ano 2020 e estímase que teña unha duración inicial de 24 meses.

Plan de actividades para o ano 2021 entre o Campus Industrial da UDC e a Fundación Universidade da Coruña

03/09/2021

O Campus Industrial da UDC e a Fundación Universidade da Coruña asinaron un acordo de colaboración para as actuacións do plan de actividades do ano 2021 no ámbito da I+D+i nos Campus de Especialización por un importe de 21.500 euros.

Traballos de asistencia xurídica e urbanística polo profesor de Dereito Juan Jesús Raposo Arceo

02/09/2021

O profesor da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña Juan Jesús Raposo Arceo recibe encargos da Asociación Eólica de Galicia e de Vento Verde S.L.

O traballo coa Asociación Eólica de Galicia (EGA) deu comezo en xullo do presente ano, sendo a finalidade do encargo a asistencia xurídica en materia de ordenación do territorio, urbanismo, medio ambiente, montes e normativa sectorial de dereito público e a súa incidencia no sector eólico. 

Por outra banda, o encargo de Vento Verde S.L., que comezou en xuño, céntrase na asistencia xurídica e urbanística para a instalación de fibra óptica en concellos de Galicia.

Conta para cada encargo cun orzamento estimado de 17.000 euros e un prazo inicial de execución dun ano.

A profesora da FEE da UDC María Jesús Freire encargada do equipo para a elaboración do Barómetro de Economía

02/09/2021

A profesora da Facultade de Economía e Empresa María Jesús Freire Seoane nomeada encargada do equipo que leva a cabo a recompilación de datos para a elaboración do Barómetro de Economía. O proxecto arrancou a finais de abril do presente ano e ten un prazo de execución de 12 meses, para o que conta cun orzamento estimado de 7.000 euros. O BAROMETRO DE ECONOMÍA recolle periódicamente a opinión do colectivo de economistas galegos sobre parámetros clave da situación actual da nosa contorna; resultando de gran utilidade as conclusións obtidas para os responsable públicos e privados na súa toma de decisións. 

 

A investigadora Natalia Alvarez Lata dirixe un proxecto para a empresa ANDERSEN TAX&LEGAL

02/08/2021

A entidade ANDERSEN TAX&LEGAL encarga a UDC a realización dun proxecto sobre asesoramento en materia de Dereito Patrimonial, o importe do proxecto ascende a 60.000 euros. A investigadora e especialista en Dereito Contractual e de Consumo e en Responsabilidade Civil Natalia Alvarez Lata, dirixe actualmente desde febreiro o proxecto do estudo en materia propia da contratación, así como o asesoramento á entidade durante os dous anos de duración da encomenda.

Traballos de carácter científico técnico por Matilde Massó e Monsterrat Golías Pérez

02/08/2021

 

A Axencia Nacional da Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) encarga a Matilde Massó e Montserrat Golías Pérez da UDC a realización dun informe sobre a fenda salarial nas universidades públicas españolas. Os traballos levados a cabo por ambas investigadoras facilitarán unha primeira visión sobre a situación actual a partir dunha mostra representativa das universidades públicas españolas.

Asesoramento en estudo sobre a Publicidade exterior en Galicia con Javier Luis Fernández Fernández

02/08/2021

 

O profesor Javier Luis Fernández Fernández da Facultade de Filoloxía da UDC participa na actualidade en proxectos con entidades da área da publicidade como Yago's Publicidad e Zercana no asesoramento en estudo sobre a publicidade exterior en Galicia.

O Grupo de Investigación RNASA-IMEDIR da UDC colabora en proxectos relacionados coa Intelixencia Artificial

02/08/2021

 

Na actualidade o equipo de traballo leva a cabo un proxecto para unha entidade do ámbito tecnolóxico cun orzamento estimado de 31.000 euros sobre asesoramento na aplicación de técnicas de intelixencia artificial e computación na nube para a xestión de imaxe médica dixital, que está liderado polo profesor da Facultade de Informática Julián Dorado de la Calle. O seu obxectivo é agregar maior valor a entidade asesosando no desenvolvemento dun sistema integral de xestión de imaxe médica na nube que incorpore técnicas avanzadas de Intelixencia Artificial.

Asesoramento en peritacións de saldos contable con Fernando Ruiz Lamas

02/08/2021

 

O profesor de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade da Coruña Fernando Ruiz Lamas recibe encargos para a realización de asesoramento no ámbito contable. Desde o mes de setembro de 2020 e ata setembro de 2021 é o responsable da análise da contabilidade para unha entidade local.

Investigación do estudo do tratamento de residuos de A Coruña a cargo do profesor Manuel Soto Castiñeira

29/07/2021

Encomenda ao profesor da Facultade de Ciencias da UDC Manuel Soto Castiñeira a dirección do proxecto sobre o tratamento de residuos de A Coruña encamiñado a súa xestión eficiente e sustentable. O proxecto, que ten unha duración de 10 meses inclúe un estudo do potencial de material residual e como reciclalo e reutilizalo. Conta cun presuposto de 15.600 euros.

A Facultade de Ciencias da UDC desenvolve un estudo para una entidade local

23/07/2021

 

A investigadora Mª Teresa Rodríguez Blas da Facultade de Ciencias da UDC dirixe un estudio sobre a potencialidade funcional de diferentes péptidos funcionais, que poden estar presentes en cereais e pseudocereais. O proxecto ten unha duración inicial dun ano e está financiado por Hijos de Rivera S.A.U. por un importe de 10.000 euros.

Traballos de asesoramento no ámbito da ética no eido local con José Antonio Seoane Rodríguez

23/07/2021

 

O profesor José Antonio Seoane Rodríguez de Filosofía do Dereito da UDC e coordinador do Grupo de Investigación "Filosofía, Constitución e Racionalidade" recibe o encargo dunha entidade local de asesoramento no ámbito da ética no traballo social, intervención social e toma de decisións.  

 

Terceira fase da monitorización do virus SARS-CoV-2

23/07/2021

 

En maio de 2021 deu comezo a terceira fase da monitorización do virus SARS-CoV-2 nas instalacións xestionadas por Edar Bens. O proxecto COVIDBENS III dirixido pola investigadora Margarita Poza Domínguez cunha duración prevista de 6 meses conta cun orzamento de 50.000 euros.

I+D ao servizo das persoas grazas á transferencia de coñecemento

14/07/2021

Xa temos  novo número da revista Pocomaco publicada en xullo de 2021 (Nº 31). A Fundación Universidade da Coruña colabora coa revista Pocomaco, polo que vos presentamos o novo artigo sobre "I+D al servicio de las personas gracias a la transferencia de conocimiento"

 

Ligazón ao artigo

O departamento de Química da Facultade de Ciencias da UDC pon en marcha un proxecto sobre el Estudo de propiedades físico-químicas de tellas cerámicas

23/06/2021

 

Os responsables de levar a cabo o proxecto son os profesores María Teresa Rodríguez Blas e Andrés Manuel de Blas Varela do Grupo de Investigación Metais en Medio Ambiente e Medicina (METMED) adscritos ao Departamento de Química da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña. A duración inicial do proxecto é de 24 meses. Durante o  desenvolvemento do proxecto os investigadores centraránse principalmente en analizar as transformacións de fase que se producen durante o tempo de cocido, así como a estrutura porosa do material.


#investigacionudc #innovacion

O programa dirixido polo profesor Valentín Escudero prorroga para o ano 2021 o seu convenio anual coa Xunta de Galicia

23/06/2021

O programa de Avaliación e tratamento terapeútico de menores en situación de risco e desamparo é froito  dun convenio entre a Consellería de Política Social da Xunta  de Galicia e a Universidade da Coruña foi prorrogado para o ano 2021 por un total de 235.019 euros, o que da a oportunidade aos menores que se atopan no contexto  de Protección a Infancia a recibir atención terapéutica especializada.


O confinamento pola COVID-19 no programa supuxo un descenso das derivacións ao programa no segundo trimestre que se recuperou no terceiro trimestre ata saturar os 290 casos do convenio. No cuarto trimestre houbo unha enorme e inesperada cantidade de casos novos derivados ao programa que recibiron tratamento  anticipado grazas a prórroga do programa. 

O profesor Manuel José Freire Tellado da ETS da UDC dirixe a obra de restauración da Igrexa, Claustro e areas De Visita Pública No Colexio Do Cardeal De Monforte De Lemos (Lugo)

22/06/2021

O profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC Manuel José Freire Tellado dirixe a obra de restauración da Igrexa, Claustro e áreas de Visita Pública no Colexio do Cardeal de Monforte de Lemos (Lugo), para a súa realización contará con 6 meses desde a sinatura do encargo o 30 de abril de 2021 e contará cun importe de 12.600 euros.

 

O proxecto está cofinanciado polo Fondo Europeo de de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 que promove a restauración e mellora das condicións de conservación dos elementos singulares do patrimonio cultural da Ribeira Sacra para a súa difusión e posta en valor.

O profesor Ricardo Juncosa traballa en proxectos de investigación no campo da hidroloxía

22/06/2021

O profesor Ricardo Juncosa do grupo GEAMA lidera proxectos de investigación no campo da Hidroloxía que supoñen unha inversión preto de 42.000 euros. As entidades coas que participa son Termas do Prexigueiro S.L. e Ibernisha participando na adaptación dos espazos termais de Outariz e A Chavasqueira e As Termas do Prexigueiro, e Cobre San Rafael traballando no Informe do plan hidrolóxico de Galicia.

 

A Universidade da Coruña e Repsol asinan un acordo de colaboración

22/06/2021

O profesor José Manuel Andrade Garda Catedrático de Química Analítica da UDC e membro do Grupo de Investigación QANAP lidera o equipo de traballo encargado de levar a cabo a investigación no ámbito científico acordada no acordo asinado entre a Universidade da Coruña e Repsol. A duración do proxecto é dun ano desde a sinatura o 20 de decembro de 2020 e conta cun orzamento de 84.700 euros.

#investigacionudc #innovacion

Roche Farma e Fundación Universidade de A Coruña colaboran no desenvolvemento da investigación biomédica

25/05/2021

Roche Farma e a Fundación Universidade da Coruña asinan un convenio de colaboración que promove a investigación biomédica, e que están levando a cabo o 
"PROXECTO DE FORMACIÓN REUMATOLÓXICA DO CHUAC" no Hospital Universitario de A Coruña baixo a coordinación do Dr. Javier de Toro Santos a fin de facilitar a difusión de coñecemento sobre artritis reumatoide.

 

Desde o ano 2015 desde o servizo de reumatoloxía do Hospital Clínico Universitario e baixo a denominación de Proxecto de Formación Dixital, lévanse realizando unha batería de actividades de divulgación orientadas tanto a clínicos como a pacientes en distintos ámbitos e canles, ao que se une como colaborador ROCHE FARMA para os años 2020 e 2021 cunha aportación que ascende a 8.000 euros, continuando así este ambicioso e exitoso proxecto. Este proxecto obtivo o recoñecemento da Sociedade Española de Reumatoloxía.

A Universidade da Coruña e o Instituto Galego de Podoloxía promoven investigacións no ámbito clínico-sanitario

25/05/2021

 

O investigador e docente no Departamento de Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas Ramón Fernández Cervantes, é o encargado do proxecto de investigación, cuxo obxectivo é mellorar o ámbito sociosanitario. A duración do proxecto denominado "Asesoramento en coordinación asistencial, docente investigadora en procesos de fisioterapia" é de 12 meses nos cales centrará os seus esforzos en avaliar os procecementos fisioterapeuticos actuais, proporcionar asesoramento técnico á empresa e promover unha formación continua no ámbito clínico asistencial óptimo.

A FUAC participa na IX edición virtual de Emprego da Cámara de Comercio de A Coruña

24/05/2021

 

Volve a Feria de Emprego, a Cámara organiza a IX Edición virtual da Feria de Emprego o vindeiro 17 de xuño de 2021. A FUAC contará cun STAND VIRTUAL e realizaremos entrevistas ¡¡Esperámosvos!!

 

#practicasfuac #FeriaEmpleoCoruna #practicasfuac #Empleo #coruña #coruna #camaradecomercio

Os investigadores da UDC Margarita Poza e Moisés Canle, continuan liderando investigacións en Galicia sobre o Sars-Cov-2

12/05/2021

Moisés Canle López nomeado investigador responsable do equipo de traballo que leva a cabo o proxecto BENS_REWAPO_2 a través do Grupo de Reactividad Química e Fotorreactividade_React! da UDC , onde se aborda a problemática da presenza de contaminantes orgánicos emerxentes (COEs) nos efluentes que recibe a planta de tratamento de augas residuais, mediante a monitorización e sensorización dos COEs. Dando comezo a segunda fase do xa abordado con anterioridade BENS_REWAPO, investigación que ten prevista unha duración de 12 meses. 

 

Paralelamente, a investigadora Margarita Poza está inmersa na dirección do equipo de traballo de investigación na segunda fase do proxecto COVIDBENSII na área metropolitana de A Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros. A UDC leva a cabo esta investigación a través do Grupo de Microbioloxía do Instituto de Investigación Biomédica (INIBIC) e da Profesora Asociada de Microbioloxía da Universidade da Coruña, do Grupo de Investigación Microbioma e Saúde.

 

Os recursos económicos destinados a ambos proxectos financiados por Edar Bens rondan os 110.000 euros. Nesta segunda fase de seguemento os investigadores centran o su traballo na análise de datos para minimizar os efectos da epidemia da COVID-19 .

A empresa Taxus Gestión Ambiental Ecología y Calidad S.L. asina coa UDC un proxecto sobre a xestión integrada de concas hidrolóxica

12/05/2021

A empresa Taxus Gestión Ambiental Ecología y Calidad S.L. encarga un estudo da Análise Territorial da Conca do Río Eume e diagnóstico inicial da influencia de ENDESA na mesma á UDC. O estudo levarao a cabo un equipo do GEAMA dirixido polo profesor Joaquín Suárez López. 

 

Comprometidos cos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) da Axenda 2030 e particularmente co obxectivo nº6: "Garantir a dispoñibilidade de auga e a súa xestión sostible e o saneamento para todos" o equipo de investigación durante os 6 meses de duración do contrato tratará de ter na primeira fase de recompilación a valoración de toda a información dispoñible da conca e do medio natural que explota ENDESA, o Parque Natual das Fragas do Eume.

A Fundación Deporte Galego e Universidade da Coruña traballan en prol de reactivar o deporte galego

11/05/2021

A Fundación Deporte Galego encarga ao Grupo de aprendizaxe e control do movemento humano en actividade física e deporte (ACoM) da UDC o asesoramento e análise no proceso metodolóxico para a identificación e o control da situación de contaxio do coronavirus SARS-CoV-2 no deporte galego. O responsable do proxecto é D. Rafael Martín Acero e é o encargado de transmitir os resultados obtidos á entidade.

 

Traballan para identificar os riscos de transmisión do virus. Fundamental para o fomento da práctica deportiva de base e de alto nivel, xa que permitirá establecer medidas de seguridade que evite a transmisión e incrementa a seguridade dos participantes. 

 

#investigacionudc #deportegalego

O profesor Luis Cea Gómez lidera o equipo no Proxecto de deseño e desenvolvemento dun modelo hidrodinámico 3D do embalse de Cecebre para aplicación de modelos de calidade de auga

04/05/2021

Luis Cea Gómez é o coordinador do Grupo de Investigación de Enxeñaría da Auga e do Medio Ambiente (GEAMA) lidera o equipo investigador no Proxecto de deseño e desenvolvemento dun modelo hidrodinámico 3D do embalse de Cecebre para aplicación de modelos de calidade de auga.

 

Este contrato ten como obxecto xeral o desenvolvemento dun modelo numérico tridimensional do embalse de Cecebre, que permita a correcta caracterización do seu funcionamento hidrodinámico, co fin de obter unha ferramenta numérica que poida servir de axuda para a súa xestión no marco dos traballos desenvolvidos dentro do denominado Plan Gleon.

O profesor Ahitor Regueiro inmerso nun proxecto de tecnoloxía RFID

23/04/2021

O profesor e investigador Ahitor Regueiro Fernández, que imparte clases na Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) da UDC, é un dos pioneiros na ensinanza da impresión 3D e durante os próximos dous anos encargarase de dirixir un proxecto no ámbito da enxeñaría civil. Encargaráse do deseño de novos conceptos de máquinas con tecnoloxía RFID,  tecnoloxías de uso sinxelo do deseño de novos conceptos de máquinas na busca da solución que mellor se adapte ao seu negocio. O uso de tecnoloxías RFID axuda a mellorar procesos empleando máis eficientemente o tempo e a reducción de custos.

O Grupo de Investigación Reactividad Química e Fotorreactividade da UDC traballa nun proxecto piloto de GSJ

21/04/2021

Membros do Grupo de Investigación “Reactividad Química e Fotorreactividade” (React!) da UDC traballan no proxecto piloto de GSJ Solutions asesorando sobre o control das condicións fisicoquímicas relacionadas coa reducción da néboa atmosférica na A8. O responsable do seu desenvolvemento é o Profesor Moisés Canle López, especializado en Química física. Este proxecto cunha duración de 6 meses e aborda aspectos fisicoquímicos relacionados coa problemática da presenza da néboa na autopista A8.

 

O profesor de Bioloxía Jaime Fagúndez Díaz da UDC estuda a flora, vexetación e hábitats de Galicia

21/04/2021

O profesor Jaime Fagúndez Díaz dirixe proxectos para varias entidades na área da botánica. Actualmente imparte docencia na Facultade de Ciencias da UDC e é membro do Grupo de investigación Biología Costera (BIOCOST). Os encargos consisten na realización de estudos da flora, vexetación e hábitats en Galicia; para a elaboración de cartografía específica con localización de hábitats, flora de interese ou ameazada e recomendacións de actuación.

A investigadora María Sobrido Prieto renova como investigadora principal dun proxecto sobre información xenética

21/04/2021

A profesora e investigadora María Sobrido Prieto renova ata febreiro do ano 2021 como investigadora principal no proxecto de asesoramento en xestión de documentación científica sobre información xenética relacionada con cardiopatías familiares para unha entidade do sector sanitario por un importe de 11.616 euros.

O Profesor Félix Puime Guillén asesora a entidade Process Improvement Academy LLC

15/04/2021

A entidade Process Improvement Academy LLC conta asesoramento na área de economía por parte da UDC a través do Profesor Félix Puime Guillén renovando ata o 31 de maio a súa colaboración no proxecto de Asistencia Técnica en  Asesoramento financeiro. Entre as tarefas levadas a cabo polo investigador atópanse: a elaboración do protocolo financeiro comercial, deseño do sistema de análise do risco de crédito e a elaboración do modelo para a concesión de crédito comercial.

 

O Profesor Félix Puime Guillén continua dando asesoramento financeiro a entidade Process Improvement Academy LLC

15/04/2021

 

A entidade Process Improvement Academy LLC conta asesoramento na área de economía por parte da UDC a través do Profesor Félix Puime Guillén renovando ata o 31 de maio a súa colaboración no proxecto de Asistencia Técnica en 
Asesoramento financeiro. Entre as tarefas levadas a cabo polo investigador atópanse: a elaboración do protocolo financeiro comercial, deseño do sistema de análise do risco de crédito e a elaboración do modelo para a concesión de crédito comercial.

 

O Director da EUAT da UDC Santiago López Piñeiro leva a cabo ensaios de materiais de construcción

13/04/2021

Na actualidade Santiago López Piñeiro da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da UDC colabora con varias entidades realizando ensaios de materiais no eido da construcción por un período de 4 anos, co obxectivo de proporcionar ás entidades información servizos de valor engadido en materia de transferencia e innovación que permiten mellorar a súa eficiencia.

A profesora Cristina García Fontán da UDC encargada da redacción de proxecto de acondicionamento do espazo do Vixía de Monte Alto

13/04/2021

O Concello de A Coruña encarga a investigadora e especialista en Urbanismo Cristina García Fontan  da Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC a redacción do Proxecto de Acondicionamento do Espazo de O Vixia de Monte Alto en A Coruña. A proposta inclúe o estudo e análise do entorno para xerar un espazo verde de calidade contribuindo a mellora da habitabilidade e uso dos espazos públicos do barrio de Monte Alto dando á súa vez visibilidade ao proxecto.

VI edición Premio ao Mellor TFG Aplicado da FIC

08/04/2021

A VI edición do PREMIO TFG DA FIC está patrocinado por Aldaba, Everis, Imatia e Inycom. Co propósito de premiar os mellores traballos de fin de Grao, a Facultade de Informática convoca o sexto premio ao mellor traballo fin de grao defendido no curso 2019/20, nos que colaboran Citic e FUAC.

 

Os premios son de 1.500€ para o gañador e dous accésit de 500€. Sendo cantidatos nesta edición:

 

  • Bieito Beceiro Fernández - “Parallel-FST: Aceleración de algoritmos de selección de características mediante computación paralela"
  • Francisco Bretal Ageitos - “Plataforma para a xestión de proxectos de etiquetado de mostras de fitoplancto”
  • Andrés Molares Ulloa - “Sistema para o asesoramento en peches preventivos na ría de Vigo por mor de biotoxinas lipofílicas”
  • Diego Suárez García - “Ferramenta para avaliar o dano producido no ADN espermático de centola a través da análise de células cometa”
  • Noé Vila Muñoz - “Aplicación móbil para a realización e seguimento de rutinas en nenos/as con TEA”

 

Mañá 9 de abril de 2021 as 10:00 retransmitirase a sesión a través de teams

 

Máis información sobre o premio e finalistas 

 

#ptfgFIC #talentoFIC

O profesor Félix Puime designado investigador principal dun proxecto de asesoramento dun plan de reestructuración económico financeiro.

08/04/2021

 

A Universidade da Coruña e a sociedade Colegio Sagrado Corazón Deza asinan un contrato sobre "Acompañamento no concurso de acreedores dun plan de reestruturación económico financeiro da sociedade Colegio Sagrado Corazón Deza" nomeando como investigador principal ao Profesor Félix Puime Guillén. Encárgase do acompañamento no proceso de concurso de acreeedores, contribuindo a elaboración dun plan de reestruturación económico-financiera da Sociedade entre xaneiro e abril de 2021 .

A doutora en Psicoloxía e Terapeuta ocupacional da Facultade de Ciencias da Saúde da UDC Adriana Ávila Álvarez renova ata maio de 2021 como investigadora principal do programa Ocucando a Tarde

29/03/2021

Ocucando a tarde é un programa de Ocio Saludabe con Cans de Terapia desenvolvido pola Fundación María José Jove e dirixido desde fai varios anos pola doutora en Psicoloxía e Terapeuta ocupacional e coordinadora da Unidade de Investigación de terapia ocupacional en intervencións non farmacolóxicas (INTOINFA) da UDC Adriana Ávila Álvarez. O equipo de traballo investigan sobre o desenvolvemento das terapias non farmacolóxicas para os colectivos con/ou en risco de discapacidade, adaptadas a cada neno e a súa situaicón na que utilizará o ocio, a música, o exercicio de psicomotricidade e a relación cos cans como elementos motivacionais.

#perrosdeterapia #perrosdeasistencia #terapiaocupacional #terapiaconperros #Coruña

O profesor Javier Estévez Cimadevila da UDC aborda proxectos no ámbito da enxeñaría civil para a mellora da habitabilidade e uso de espazos impulsadas por entidades galegas

24/03/2021

O arquitecto Javier Estévez Cimadevila da Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC redactou o proxecto básico e de execución de reparación e reforzo da estrutura correspondente a Lonxa Agropecuaria de Verín por 11.000 euros.

O Canal de Isabel II financia un estudo sobre a xestión dos desbordamentos dos sistemas de saneamento

24/03/2021

Nomeado investigador responsable do estudo ao profesor da ETSI Caminos Canais e Portos da UDC Jerónimo Puertas Agudo, que conta co apoio e os recursos do Grupo de Enxeñaria da Auga e Medio Ambiente (GEAMA) para levar a cabo o estudo e paralelamente interacturá co equipo encargado da análise. O obxecto de estudo consiste na calibración das normas técnicas polas que se especifican e desenvolven os procedementos de deseño das medidas, obras e instalacións para a xestión dos desbordamentos de sistemas de saneamento (DSS) e ten prevista unha duración dun ano. 

O profesor da UDC Fernando Agrasar elixido comisario da Exposicion Vestir Épocas, 1860-1960. A Colección González-Moro

23/03/2021

Fernando Agrasar Quiroga, arquitecto e membro do Grupo de Investigación Composicion Arquitectónica e Patrimonio da Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC, elixido polo Museo de Belas Artes da Xunta de Galicia como Comisario da Exposición "Vestir Épocas, 1860-1960. A Colección González-Moro". A exposición, que está patrocinada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade poderá visitarse ata o 4 de abril de 2021 dirixida a todos os públicos.

O Dr. profesor Javier Muñiz García renova compromiso de investigación sobre o Sistema de Vixilancia das Enfermidades Crónicas de Galicia (Svec-G)

23/03/2021

O sistema de vixilancia de enfermidades crónicas de Galicia (Svec-G) integra información sobre indicacións que resumen a frecuencia e o impacto na mortalidade que teñen as enfermidades crónicas máis relavantes.Tamén sobre os seus factores de risco e as intervencións e prácticas orientadas a reducir a súa incidencia e impacto na saúde da poboación.

 

O proxecto está financiado por unha entidade local e foi elixido como responsable ao investigador e coordinador do Grupo de Investigación Cardiovascular (GRINCAR) da UDC Javier Muñiz García. Consiste en realizar tarefas de asesoramento e formación no ámbito da medicina preventiva. O obxecto da investigación é recoller información ao redor dun conxunto relevante de indicadores asociados, orientados a reducir a súa incidencia e impacto na saúde da poboación e por que o seu dinamismo require incorporar información de forma continua. O importe destinado á investigación nesta fase do proxecto ascende a 46.827 euros.

O Centro de Investigación #TIC (Citic) da UDC recibirá unha axuda de 650.000 euros para financiar un programa de doutoramento internacional

23/03/2021

É a primeira vez que unha institución galega é financiada por fondos da convocatoria europea #MSCA-COFUND. O programa que terá unha duración de cinco anos e permitirá contratar a oito investigadores/ predoutorais, os cales desenvolverán as súas teses doutorais interdisciplinarias coas liñas de investigación principais do CITIC: Intelixencia Artificial, Ciencia e Enxeñería de Datos, Computación de Altas prestacións, Servizos e Redes intelixentes, así como a área de investigacións transversal, a Ciberseguridade.

 

Descobre máis aquí 

 

#MSCA-COFUND #talento #investigacionudc

Aberta a inscrición no International Symposium on Co-Simulation and Solver Coupling y Dynamics- COSIM 2021

23/03/2021

Reserva a túa praza no International Symposium on Co-Simulation and Solver Coupling in Dynamics - COSIM 2021 antes do 10 de maio de 2021.
Congreso online para científicos da comunidade internacional de investigación.
Celebraráse o 24 e 25 de maio que reunirá a expertos no campo da co-simulación de relevancia internacional e conta co respaldo da IUTAM (Asociación Internacional para Dinámica de Multicuerpos) e IMSD (Unión Internacional de Mecánica Teórica y Aplicada).
Interesada/o? Podes inscribirte aquí.
Esperámosvos!

Memoria de actividades 2019 da Fundación Universidade da Coruña

23/03/2021

A Fundación Universidade da Coruña presenta a Memoria de actividades 2019, que recoller as principais actividades e resultados de 2018 e 2019
Descobre máis na seguinte ligazón -->Memoria de actividades 2019

O Campus Industrial de Ferrol convértese no primeiro acreditado pola Xunta en Galicia e o único en España en especializarse na industria naval

22/03/2021

O luns 15 de marzo celebrouse o acto simbólico por parte do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, presidiu esta mañá no salón de actos Concepción Arenal do Campus de Ferrol, ao reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde Alonso, da acreditación ao Campus Industrial de Ferrol como Campus de Especialización, converténdose así no primeiro de Galicia en posuír este recoñecemento, e o primeiro en España en especializarse en industria naval.

 

O Campus Industrial de Ferrol púxose en marcha en 2015, e neste tempo, entre outros resultados, a Universidade asinou máis de 103 convenios con empresas, captou tres millóns de euros en colaboración con empresas, rexistrou 56 patentes e aumentou a nova matrícula nas titulacións de Ferrol nun 40%. 

 

A acreditación recibida será definitiva dentro de tres anos. Neste período, o Campus de Ferrol será un axente de transferencia de coñecemento ao sector produtivo e industrial do contorno.

 

#I+D+i #IndustriaIntelixente #fabricaciónavanzada #Industria4.0

 

Descubre máis aquí

A FUAC da un paso máis hacia unha Web Pública Transparente coa súa nova Sede Electrónica

17/03/2021

 

Seguindo os principios de publicidade e transparencia da actividade institucional da FUAC na nova sección de Sede Electrónica poderá poderás consultar os procedementos xerais de contratación, así como os convenios con entidades coas que  mantén liñas de colaboración e encargos da UDC

 

Para máis información preme no botón

#universidade-empresafuac #sede-electrónica-fuac

Navantia impulsa un programa de formación empresarial para universitarios/as sin experiencia laboral

15/03/2021

A iniciativa pretente impulsar a aplicación práctica dos coñecementos adquiridos a través de duas estancias turorizadas que melloran a empregabilidade dos/as beneficiarios/as.

 

Esta nova iniciativa súmase á colaboraicón pioneira establecida coa UDC na impartición do primeiro grao dual en Galicia onde se acollen a tres estudantes de enxeñaría eléctrica de Ferrol.

 

Para o deselvolmento de ambos programas, Navantia contou coa experiencia da Fundación da Universidade da Coruña (FUAC) a través do seu departamento de orientación e emprego entre os seus diferentes recursos, destaca polos seus índices de inserción das prácticas empresariais.

 

#practicasfuac

O profesor Carlos Aymerich Cano encargado do asesoramento en materia de Relación de Postos de Traballo (RPT)

15/03/2021

A UDC asina contratos con varias entidades locais por un importe de 10.000 euros co obxectivo de asesorar no proceso de elaboración das súas Relacións de Postos de Traballo (RPT). O encargado de levalos a cabo é o investigador Carlos Aymerich Cano, especializado en Dereito Administrativo e membro activo do Grupo de Investigación Dereito Público Global da UDC; grupo coordinado polo Dr. Jaime Rodríguez-Arana Muñoz. 

Varias entidades asinan coa Universidade da Coruña contratos para levar a cabo tarefas de asesoramento en cuestións xurídicas

15/03/2021

Os profesores Juan Jesús Raposo Arceo e Rafael García Perez do Departamento de Dereito Privado da UDC centran os seus proxectos na realización de estudos documentados froito da análise da lexislación e da xurisprudencia. Mentres que os profesores José Pernas García e Francisco Javier Sanz Larruga do Grupo de Investigación de Dereito Público Global céntranse no estudo actual regulación de contratación pública e sobre a regulación de transportes públicos terrestre. O importe dos contratos ascende a 38.580,45 euros.

O profesor Julían Dorado de la Calle dirixe un proxecto no ámbito das Tecnoloxías da Información e a Comunicación para Next Limit S.L.

15/03/2021

A empresa tecnolóxica Next Limit S.L. encarga a UDC a execución do proxecto sobre asesoramento na realización e presentación dun informe pericial sobre desenvolvemento de software por un período dun ano inicialmente. 
O proxecto conta cunha financiación de 10.890 euros e será o profesor Julían Dorado de la Calle o investigador responsable de dirixir o equipo de traballo.

M3M e o grupo de Investigación RNASA-IMEDIR da UDC colaboran en imaxe médica dixital

11/03/2021

O Grupo de Investigación Redes de Neuronas Artificiales y Sistemas Adaptativos - Imagen Médica y Diagnóstico Radiológico (RNASA-IMEDIR) levan anos colaborando con M3M en varios proxectos. Na actualidade o equipo de traballo leva a cabo un proxecto cun orzamento estimado de 64.000 euros sobre asesoramento e asistencia técnica sobre investigación e desenvolvemento para a xestión de imaxe médica dixital liderado polo profefor da Facultade de Informática Julián Dorado de la Calle. O seu obxectivo e a mellora da eficiencia do traballo de profesionais clínicos e facerlles chegar as ferramentas necesarias dunha forma amigable.

Carlos Aymerich Cano nomeado investigador responsable dun proxecto en materia de asesoramento sobre a modificación da RPT

11/03/2021

A UDC asina cunha entidade un contrato por 3.600 euros cunha duración inicial dun ano para a execución dun proxecto relativo ao asesoramento sobre a modificación da RPT. O investigador Carlos Aymerich Cano será o encargado da execución co proxecto realizando entre outras as seguintes tarefas: emisión de informes, redacción e revisión de contratos e outros documentos e colaborando na atención aos clientes nos asuntos obxecto del contrato.

O investigador Javier Samper Calvete realiza tarefas de asesoramento e asistencia técnica en materia de enxeñaria de campo e enxeñaria hidráulica

11/03/2021

O investigador Javier Samper Calvete da Escola de Camiños realiza tarefas de asesoramento en materia de Hidroxeoloxía e modelos de balance hidrolóxico, e modelos de fluxo subterráneo e transporte de contaminantes nos emplazamentos afectados por INQUINOSA, en particular na terceira fase do servizo de seguimento hidroxeolóxico Sardás, Sabiñamigo (Huesca), durante o período de dous anos e por un importe de 35.695 euros.

O grupo de Estruturas Arquitectónicas da UDC informa sobre a situación e reparación de edificios

11/03/2021

Os profesores da Escola Técnica Superior de Arquitectura Manuel Jose Freire Tellado, José Antonio Vazquez Rodríguez e Juan Perez Valcarcel impulsan proxectos de arquitectura para diversas entidades por un importe de 4.584 euros. O traballo do Grupo de Estruturas Arquitectónicas (GEA) céntrase na elaboración de informes onde levan a cabo a avaliación, entre outros de estruturas de edificios, estruturas de reforzo incluindo posibles solucións de reparación.

40 mozos e mozas reciben orientación labora da FUAC na VIII Feria de Emprego organizada pola Cámara de Comercio

05/03/2021

A FUAC participa na Feria de Emprego do 4 de marzo organizada pola Cámara de Comercio na que 40 mozos e mozas recibiron orientación sobre o mercado laboral.

 

A Feria de Emprego pretende fomentar a inserción dos máis xoves ofrecendo a oportunidade ás empresas e xoves de participar en seminarios e obradoiros para mellorar a súa empregabilidade, obter orientación laboral personalizada con expertas na materia e ter contacto con empresas a través da realización de entrevistas.


A #VIIIFeriaEmpleoCoruna celebrada o día 4 de marzo en formato virtual tivo unha gran acollida, na que a FUAC recibiu máis de 3.000 visitas. 

 

#FeriaEmpleoCoruna #practicasfuac #Empleo #coruña #inserciónlaboral  #camaradecomercio

Gómez Acebo & Pombo S.L.P. encarga a profesora Pilar Alvarez Barbeito do Departamento de Dereito Público da UDC tarefas de asesoramento e asistencia técnica sobre fiscalidade

03/03/2021

A profesora e investigadora Pilar Alvarez Barbeito do Departamento de Dereito Público da UDC encárgase de asesosar a Gómez Acebo & Pombo S.L.P. nun proxecto sobre Asesoramento e asistencia técnica sobre fiscalidade nacional e internacional, máis concretamente en materia sobre tendencias fiscais nacionais e internacionais por un período de 11 meses e o importe do proxecto ascende a 35.000 euros.

O grupo de Análise e Prospectiva Sociopolítica (LAPSO) desenvolve avaliacións de ámbito social para a empresa Simple Lógica Investigacións por 44.000 euros

03/03/2021

Os profesores da Facultade de Socioloxía e membros do Grupo de Análise e Prospectiva Sociopolítica (LAPSO) Alberto Cotillo Pereira, Juan de Dios Ruano Gomez e Elvira Santiago Gomez participan en varios proxectos no asesoramento sobre datos sociais a petición da empresa Simple Lógica Investigación por un importe de 44.165 euros. Máis en particular o Grupo de Análise e Prospectiva Sociopolítica conta con experiencia na análise e interpretación de enquisas sociolóxicas, na análise de datos secundarios e análise de programas informativos audiovisuais.

Os profesores da Facultade de Economía e Empresa da UDC, Anxo Calvo Silvosa e Angel Santiago Fernández Castro colaboran na análise económica de varias empresas

03/03/2021

Os profesores da Facultade de Economía e Empresa da UDC (FEE), Anxo Calvo Silvosa e Angel Santiago Fernández Castro responsables do asesoramento económico a empresas. O Grupo de investigación Regulacion, Economia e Finanzas (GREFIN), coordinado por Anxo Calvo Silvosa, recibiu o encargo de elaborar plans de viabilidade e análise económicos e financeiro de diversos proxectos societarios pertencentes ao sector do seguro.

Os investigadores Luz Paz Agras e Joaquin Fernandez Madrid da Escola Técnica Superior de Arquitectura traballan en proxectos no eido da rehabilitación de vivendas no ámbito nacional

22/02/2021

A investigadora do Grupo de Investigación en Composición Arquitectónica e Patrimonio da UDC Luz Paz Agras colabora nun proxecto co obxecto de rehabilitar unha vivenda en Lugo. Por outra banda o investigador do Grupo de investigación Sistemas Construtivos e Rehabilitación Joaquin Fernandez Madrid, está inmerso na rehabilitación e ampliación dunda vivenda en Toledo. O orzamento para ambas actuacións ascence a 11.881 euros.

O Grupo de Estruturas Arquitectónicas da UDC aborda unha decena de proxectos con diversas entidades por máis de 20.500 euros

15/02/2021

O profesor de Estruturas da Escola Técnica Superior de Arquitectura, Juan Pérez Valcárcel, dirixe na actualidade dez proxectos de investigación cuxo importe total ascende a 20.509,5 euros. O traballo do Departamento de Construcións e Estruturas Arquitectónicas Civil e Aeronáuticas céntrase, no eido destas iniciativas, na elaboración de informes para a avaliación estrutural de edificios, estruturas de reforzo, repercusión estrutural de modificacións, estado de muros de contención e incluso no cálculo das estruturas de aceiro de diversos carteis de sinalización.

Miguel Rodriguez Bugarín desenvolve varias actuacións para Eixo Atlántico en materia ferroviaria.

12/02/2021

O investigador do Grupo de Ferrocarris e Transporte, Miguel Rodriguez Bugarín, estudará as actuacións a levar a cabo na rede ferroviaria galega dentro do proxecto Eixo Atlántico financiado pola Unión Europea a través de fondos POPTEP.

Traballos dos profesores Ramón Doallo e Juan Touriño renovan a colaboración coa Xunta de Galicia na xestión de terras

11/02/2021

Os investigadores do grupo de arquitectura de computadores da FIC da UDC veñen de renovar a colaboración coa Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia para o desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento do Sistema de Información de Apoio na Xestión do Banco de Terras de Galicia (SITEGAL) en colaboración co grupo LaboraTe da USC. Asimesmo, desenvolven actuacións en colaboración co grupo LaboraTe da USC e a empresa iCarto na aplicacion dun algoritmo para a agrupación de parcelas mediante permutas en zonas piloto.

Miguel Rodriguez Bugarín desenvolve actuacións na rede ferroviaria galega, en particular, na Saída Sur de Vigo.

11/02/2021

Miguel Rodriguez Bugarín desenvolve varias actuacións para a Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia na rede ferroviaria galega, en particular, sobre a “Saída Sur” ferrroviaria de Vigo. Levará a coordinación técnica dos traballos que consisten en realizar un informe técnico sobre a conexión ferroviaria entre a estación de Vigo–Urzáiz e a a fronteira portuguesa.

As investigadoras da UDC Margarita Poza e Susana Ladra lideran proxectos sobre o Sars-Cov-2 en Galicia

02/02/2021

Ambas investigadoras desenvolven o seu traballo dentro da iniciativa EPICOVIGAL financiada polo FONDO SUPERA do Banco de Santander. Os proxectos liderados dende a Universidade da Coruña teñen por obxectivo a monitorizaciòn en tempo real do virus en Galicia e contan, dentro da área da epidemioloxía xenómica, coa especial participación de Germán Bou Arévalo, xefe do Servizo de Microbioloxía do CHUAC. Margatita Poza dirixe en paralelo una liña de traballo en colaboración coa EDAR Bens para monitorización do virus nestas instalacións.

Luis Carral, coordinador do Grupo de Enxeñaria Mixta dirixe un proxecto coa Xunta de Galicia para o deseño dun arrecife artificial.

02/02/2021

 

As Consellerías do Mar e Medioambiente da Xunta de Galicia impulsan o proxecto PROARR para o deseño dun arrecife artificial de aplicación nas rias galegas. O proxecto será dirixido polo investigador Luis Carral do Grupo de Enxeñeria Mixta da EPS e contará cunha financiación de 100.000 euros.

 

Descubre máis aquí

Carlos Carro e José Pablo Abeal, o turismo trala pandemia COVID-19

01/02/2021

 

Os profesores Carlos Carro da Escola de Turismo e José Pablo Abeal da Facultade de Economía e Empresa dirixen diversos estudos entorno á situación turística dos concellos así como as posibilidades de diversificación e relanzamento cunha inversión superior aos 60.000 euros.

 

A situación xerada pola COVID-19 ven a plantexar un novo escenario que esixe a renovación das estratexias de xestión turística, sector cunha ampla implantación na nosa comunidade e, polo tanto, dun enorme impacto económico e en termos de emprego. Participan, entre outros, o Concello de A Coruña e concellos da área metropolitana, Consorcio Muros-Noia, Consorcio Mariñas-Betanzos ou  Asociación de Concellos do Camiño Inglés.

 

As conclusións particularizadas avaliarán o impacto que a COVID-19 tivo sobre as infrestruturas e axentes turísticos, os efectos a medio e longo prazo, a perspectiva das diferentes partes interesadas (admon local, empresa, cidadanía, intermediarios ou os propios turistas) e posibles liñas específicas de actuación.

 

Máis información

 

A Cátedra SXD Galicia Activa publica un artigo na revista Frontiers in Psychology

15/01/2021

A Cátedra SXD Galicia Activa acaba de publicar na revista Frontiers in Psychology o artigo "Percentiles and principal component analysis of physical fitness from a big sample of children an adolescents aged 6-18 years: the DAFIS project".

Traballos do Grupo de Investigación Laboratorio LaMeRoc no ámbito da Enxeñaría

11/01/2021

O investigador Jordi Delgado dirixe desde o mes de novembro un proxecto sobre a viabilidade de desenvolvemento de ensaios de resistencia a cortante de materiais geosintéticos para GEYSER HPC. O prazo para levar a cabo as diversas actuacións é de 6 meses. O orzamento do proxecto ascende a 23.000 euros.

Ciclo de conferencias online sobre a Covid19

21/12/2020

A FUAC pechou con éxito este ano o seu ciclo de conferencias online sobre a Covid19 baixo un enfoque participativo, multidisciplinar e independiente.

 

 

 

Un novo modelo de residencias da terceira idade? Propostas de sustentabilidade asistencial

16/12/2020

A Cátedra de Dereito Local organizou o 11 de decembro de 2020 a xornada sobre sobre Un novo modelo de residencias para a terceira idade? Propostas de sustentabilidade asistencial.

RCD Deportivo de La Coruña conta coa asistencia técnica de Manuel José Pombo

24/11/2020

O Real Club Deportivo da Coruña conta coa asistencía técnica do profesor da Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física Manuel José Pombo como asesor de adestramento.

Increméntase a colaboración de Gefico con Álvaro Baaliña

24/11/2020

 

Gefico renova a colaboración co investigador Alvaro Baaliña do grupo de Enxeñería Enerxética da ETS de Naútica e Máquinas para innovación en novo equipamento e tecnoloxía máis eficiente e versátil na xeración de agua doce, depuración de fluidos e procesos de transferencia de calor.

Denodo, S.L. e a FIC da UDC desenvolverán traballos no eido da Ciencia de Datos

12/11/2020

 

Juan Raposo Santiago, Manuel Álvarez Díaz e Paula Montoto Castelao do Departamento de Ciencias da Computación da Facultade de Informática (FIC) da UDC reciben diversos encargos da empresa DENODO, S.L. no eido da Ciencia de Datos. Dunha parte no deseño dunha interface de consultas GraphQL para unha plataforma de virtualización de datos. Doutra parte levarán a cabo desenvolvementos relativos á Analítica Avanzada e Machine Learning así como aos sitemas de virtualizacón de datos. Por último, procederán ao deseño de técnicas de recomendación aplicables á creación de modelos de datos en arquitecturas de virtualización.

 

DENODO Technologies, S.L. naceu en 1999 como un proxecto de investigación na Universidade da Coruña impulsada polo profesor Ángel Viña. A liña de investigación do grupo trataba de resolver un problema que creía que cobraría cada vez máis relevancia cos avances tecnolóxicos: cómo podemos integrar mellor e entender de verdade os volúmes de datos cada vez máis grandes dos que dispoñemos? Noutras palabras, cómo podemos liberar datos?. A resposta foi a virtualización de datos. Naceu así Denodo, un grupo multinacional con sede central en Silicon Valley, Palo Alto (California) onde hoxe en día traballan moitas das persoas que inciaron a súa andaina no grupo de investigación. 

Ver máis en: https://www.denodo.com/es

 

 

Modelización portuaria, encargo da Xunta de Galicia ao investigador do CITEEC Enrique Peña

12/11/2020

Enrique Peña, investigador do CITEEC encargado pola Xunta de Galicia para o desenvolvemento de ferramentas de prediccción e toma de decisións na operatividade portuaria. Os traballos, con especial aplicación ao Porto da Coruña, terán diferentes fases iniciando en primeiro lugar unha campaña de campo que permita abordar as actuacións, clave tecnolóxica do encargo recibido, en materia de modelización. O equipo de investigación levará a cabo, como fin dos traballos, diversas actuacións para transferencia tecnolóxica. 

Colaboración de Navantia coa Escola de Deseño Industrial da UDC

11/11/2020

A colaboración de Navantia co Observatorio para o Deseño e Innovación en Mobilidade, Medios de Transporte e Automoción estará liderada polos investigadores José Ramón Méndez Salgueiro e Álvaro Deibe da Escola de Deseño Industrial de Ferrol, que centrará o traballo no deseño de novos conceptos de Nodos Máster e Nodos Básicos.

A Xunta de Galicia fortalece a colaboración co investigador Valentín Escudero no contexto de protección á infancia

11/11/2020

A pandemia provocada pola COVID19 está a agravar a situación dos menores, xerando ademáis novas necesidades por parte das familias y dos profesionais vinculados ao programa, por este motivo a Xunta de Galicia fortalece, con un convenio específico ata final de ano, o programa dirixido por Valentín Escudero, coordinador da Unidade de Investigación en Intervención e coidado Familiar, en materia de asesoramiento para a atención psicolóxica a profesionais, menores e familias. 

Más información

Javier Samper leva a cabo diversos estudios hidrolóxicos

10/11/2020

O profesor Javier Samper da E.T.S.I Camiños, Canais e Portos leva a cabo diversas actuacións no ámbito da hidroloxía coa empresa Recursos Minerales de Galicia, S.A.

O grupo CARTOLAB mantén o seu liderado no eido da tecnoloxía

04/11/2020

O grupo CARTOLAB, dirixido polo profesor da Escola de Camiños, Alberto Varela, desenvolveu dous proxectos de investigación no ámbito do tratamento de imaxes e xeoposicionamento, tecnoloxía na que o grupo de investigación da UDC mantén un liderado tecnolóxico.

GEAMA lidera sete proxectos de investigación no eido da hidroloxía

04/11/2020

O profesor Ricardo Juncosa do grupo GEAMA lidera 7 proxectos de investigación no campo da hidroloxía que supoñen unha inversión de preto de 32.000 euros. As entidades coas que participa son Zifra Ingeniería, S.L., Cobre San Rafael, S.L., Termas do Prexigueiro e Grupo Minero Santa Comba. 

AENOR e a UDC incrementan a súa colaboración en I+D+i

04/11/2020

AENOR e a UDC amplian a súa colaboración no ámbito de I+D+i. Os profesores/as Alejandro Pazos, Juan Rabuñal, Juan Lamas e Javier Pereira da Facultade de Informática (FIC), Blanca Laffon da Facultade de Educación e Mª José Abad da Escola de Deseño Industrial participan en 8 proyectos. 

Richard Duro dirixirá o Plan Anual de Innovación de Blue Quality

04/11/2020

Richard Duro, coordinador do Grupo de Ingeniería Integrada (GII), elexido pola empresa Blue Quality para dirixir o seu Plan Anual de Innovación.

Carlos Aymerich asesora aos Concellos de Melide e A Estrada na elaboración das súas RPT

04/11/2020

O profesor da Facultade de Dereito, Carlos Aymerich recibe o encargo dos Concellos de Melide e A Estrada para a redacción e asesoramento no proceso de elaboración das súas Relacións de Postos de Traballo (RPT) por un importe de 35.000 euros.

Carlos Amoedo renova o cargo na dirección da Cátedra de Dereito Local

03/11/2020

O profesor Carlos Amoedo, nombrado director da Cátedra de Dereito Local impulsada pola Deputación da Coruña. A Cátedra está a desenvolver un conxunto de actividades de formación e divulgación como a actual edición dun compendio de coñecemento experto no ámbito local, que conta coa participación de 17 investigadores/as de diferentes universidades públicas 

O departamento de enerxía eléctrica pioneiro en implantar o Grao Dual

31/10/2020

O departamento de Enerxía Eléctrica da Escola Universitaria Politécnica da UDC, en colaboración coas empresas Navantia e Fridama, pioneiro en Galicia en poñer en marcha o Grao Dual en Enxeñería Eléctrica.

Máis información

A Cátedra ALDABA WIB traballa para romper os estereotipos de xénero sobre a profesión de Enxeñaría Informática

 

No seguinte vídeo mulleres con éxito no ámbito das TIC contánnos a súas experiencias nas súas carreiras profesionais animando a todas as rapazas que o desexen a estudar Enxeñaría Informática e deixar a un lado os estereotipos de xénero que rondan ás carreras STEM.

 

 

Cátedra ALDABA wib (Women, ICT & Business) 

 

A entidade Drenatura S.L. e a Universidade da Coruña impulsan proxectos en materia de enxeñaría civil hidráulica e desenvolvemento sostible

Un equipo do GEAMA desenvolve o proxecto de "Elaboración de manual de drenaje sostenible de aguas pluviales en infraestructuras viarias de Bizkaia". Os traballos dirixidos por Joaquín Suárez López e José Anta Álvarez, profesores do departamento de Enxeñaria Civil da UDC están enfocados ao deseño de técnicas que permitan xestionar as escorrentías e os seus impactos nas vías de comunicación. De forma complementaria, o proxecto pretende o desenvolvemento dunha ferramenta estocástica de apoio para avaliar o índice de impacto e a vulnerabilidade do medio receptor para tomar medidas correctivas. O prazo durante o que se desenvolverán as actividades será de 12 meses e conta cun orzamento que  ascende a 48.000 euros. 

A Facultade de Fisioterapia da Universidade da Coruña participa en proxectos do ámbito clínico-asistencial

Os profesores da Facultade de Fisioterapia da Universidade da Coruña e membros do grupo de investigación interpretación psicosocial e rehabilitación funcional, Ramón Fernández Cervantes y Antonio Souto Gestal participan nun proxecto co obxectivo de mellorar a coordinación asistencial, docente e investigadora de fisioterapia. O proxecto, liderado por Ramón Fernández Cervantes, ten unha duración de dous anos e conta un investimento aproximado de 12.000 euros. Os traballos incluen a coordinación dos recursos metodolóxicos, técnicos e humanos destinados á prestación da atenión asistencial; a avaliación, diagnóstico e prescrición de procedementos fisioterapéuticos de asesoramento en proxectos do ámbito sociosanitario e colaboración en actividades de formación.

Presentación do informe do proxecto europeo Atlantic Power Cluster titulado 'Análisis de la situación de las energías renovables marinas en Galicia'

Como resultado do proxecto europeo Atlantic Power Cluster presentamos o informe baixo o título "Análisis de la situación de las energías renovables marinas en Galicia". O proxecto está financiado pola Unión Europea dentro del programa Operativo transnacional para el Espacio Atlántico (FEDER), no que participan 17 socios provenientes das rexións del Arco Atlántico. 

 

Consulta aquí o informe "Análisis de la situación de las energías renovables marinas en Galicia".

O grupo de investigación Arte-Facto da UDC colabora nun proxecto educativo na Coruña

O profesor da Facultade de Ciencias da educación da Universidade da Coruña José María Mesías lidera un proxecto de investigación artística e con fins de educación ao redor da Exposición e a figura e traxectoria do fotógrafo Helmut Newton.  A exposición, que está impulsada pola Fundación Marta Ortega (MOP) poderá visitarse entre o 18 de novembro de 2023 e o 1 de maio de 2024 no peirao de Batería da Coruña