Novas I+D+i

A Cátedra Luis Fernández Somoza abre a primeira convocatoria de bolsas para a internacionalización

31/05/2017

 

A Cátedra Luis Fernández Somoza convoca bolsas para a mobilidade internacional do estudantado que estea a cursar programas de dobre titulación na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña para estadías realizadas no ano académico 2016-2017.

 

O obxecto desta primeira convocatoria é mellorar o nivel de idiomas do alumnado, así coma o seu coñecemento integral. Os beneficiarios das axudas, cumpridos os requisitos que poden consultarse nas bases da convocatoria, poderán optar a unha contía individual máxima de 1.140 euros para estudos de grao e de 2.000 euros para estudos de mestrado universitario.

 

As universidades coas que a Cátedra Luis Fernández Somoza ten asinado acordo de colaboración en materia de mobilidade internacional son, na actualidade: South Wales, Widener e ESC Rennes.

 

> Faga clic aquí para acceder ás bases da convocatoria.