Actualidade

Próximas xornadas formativas FxM

17/09/2020

 

O Consello Social da Universidade da Coruña organiza os próximos 5 e 6 de outubro de forma ONLINE as xornadas formativas Finanzas para Mortais, un proxecto de educación financeira impulsado por Santander Universidades, a Fundación de la Universidad de Cantabria para el Estudio y la Investigación del Sector Financiero (UCEIF) e o Santander Financial Institute (SANFI).

Co obxectivo de achegar á contorna universitaria a importancia e significado das finanzas e a economía no día a día (de qué se fala nas noticias ou na política, qué información conleva l solicitude dun crédito ou de qué depende unha hipoteca), este encontro formativo contará coa participación do presidente do Consello Social da UDC, Antonio Abril Abadín;  o director xeral da Fundación UCEIF, Francisco Javier Martínez García; e a subdirectora de SANFI e directora de Finanzas para Mortais María Begoña Torre Olmo.