Novas I+D+i

Cando a atención é o primeiro

17/06/2020

 

A nosa sociedade viviu nos últimos meses unha situación sanitaria sen precedentes. Unha crise derivada dunha pandemia mundial que deixou moitas cifras de falecidos e enfermos, e que puxo na primeira liña o traballo dos sanitarios. Estabamos afeitos tanto á atención universal, que se nos esquecía que ten límites en capacidades técnicas e materiais, pero sobre todo humanas.

 

En moitos sitios faltaron equipos médicos, pero nunca profesionalidade. Os máis veteranos e aqueles que ainda estaban en procesos de estudos e formacións unironse para dar unha resposta exemplar. O traballo sen descanso, a loita contra unha enfermidade impresivible, imposible de controlar e sen vacina puxo ao borde do precicipio a todos. Pero os sanitarios demostraron que a súa capacidade de traballo é inxente e sobre todo a súa vocación de servizo é indiscutible. Centros privados e públicos puxeron a disposición da poboación todos os recursos humanos e materiais na loita contra a pandemia.

 

Moitos dos que traballaron en equipos sanitarios estaban en cursos de formación, estaban mellorando os seus coñecementos prácticos para ser aún mellores cando atenderan a un paciente. Pero abandonaron as prácticas e as clases para ser parte dun sistema único no que non só foron imprescindibles os recursos materiais (con moitas carencias) senon que foron vitais, a humanidade, o estar ao lado dos enfermos, e dalo todo para atender a todos.

 

España suma moitas vidas perdidas, e vivíronse situacións de profundo desconsolo por non poder estar ao lado dos que amamos, pero ningunha das persoas que deu o seu último suspiro nun hospital fixoo só; a humanidade estivo por encima de todo, e a profesionalidade acompañou estos procesos que permitiron que centos de miles de personas pudieran volver as súas casas co pleno coñecemento de que estiveron en máns dos mellores.

 

Ahora moitos dos que estos meses estiveron nos centros médicos volverán as súas consultas, tamén ás aulas e farano con coñecementos que nunca se amosan nos libros pero que son unha bastión imprescindible na medicina, o soriso, a mirada paciente, a claridade nas explicacións, o saber que a ciencia é básica pero que a cercanía é imprescindible para dar unha atención sanitaria de dez.

 

Volverán as clases, as rotacións, a formación hospitalaria e con elas todos eses mozos que se puxeron na primeira liña e que viron as grandes carencias dunha sanidade que necesita do respeto absoluto e a admiración por parte de todos, pero que tamén depende dos recursos materiais e dos bos xestores. Aprendemos palabras que, quizais, nunca debería saír da práctica sanitaria: EPIS, respiradores, máscaras... pero que se converteron sucesivamente en esperanza, desconcerto e as veces medo. Tamén aprendemos que a solidariedade e a honestidade entre países, tan necesarias, as veces flaquean cando maís se necesitan.

 

Sangue, suor e lágrimas é o que nos custou superar a pandemia e empezar a remontar. A nova normalidade non é outra cousa que a máxima responsabilidade individual, e o que sempre tivo que ser: inversión na ciencia, cultura social, previsión e mimar todo o que de verdade merece a pena, os magníficos profesionais de España. Sentímonos orfos de boa gobernanza e agora miramos adiante coa esperanza de que alguen aprendese algo. Esto non acabou, é unha pausa para coller aire moi forte, establecer as estratexias necesarias e non volver equivocarse. É conveniente recordar o que dixo Napoleón: "Los sabios son los que buscan la sabiduría; los necios piensan haberla encontrado".

 

Os que non son necios, sen dúbida, os grandes profesionais sanitarios e os científicos que merecen o aplauso silencioso por cada unha das súas intervencións. A próxima vez que nos toque esperar na consulta recordemos que eles poñen a profesionalidade, os recursos son outra liña distinta.

 

Grazas a todos por cada segundo de loita