A Cámara de Comercio de A Coruña dedica unha nova xornada á Formación Profesional Dual desde a perspectiva dos centros e das empresas que xa apostaron por esta modalidade formativa. A xornada tivo lugar o mércores 16 de novembro de 2022 en formato virtual.
No encontro virtual, que foi inaugurado pola secretaria xeral da Cámara de A Coruña, Ana Agras, participaron a coordinadora da área de Emprego e Prácticas da Fundación Universidade da Coruña, Rosa Villar; os representantes do IES Fernando Wirtz, Alfonso Pereira, Rafael Menéndez e Serxia Laxe; así como o director de Persoas e Equipos en Arce Clima, Jonathan Balay.
O obxectivo desta xornada é dar a coñecer as oportunidades e o valor engadido que ofrece a FP Dual ás empresas e a tramitación necesaria para a súa implementación.
#formación #FPDual