A Cátedra Vegalsa-Eroski de la Universidade da Coruña e a UOC editarán a colección de libros titulada “Comunicación y Agenda 2030”. A colección conformarana dezasete títulos, onde se ofrecerán reflexións, análises ou experiencias desde temáticas e puntos de vista diferentes.
A COVID-19, a crise climática e os conflitos bélicos fixeron efecto no progreso dalgúns dos dezasete obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) cos que se comprometeron os líderes mundiais. É a mensaxe de alerta que lanzan as Nacións Unidas no último informe de seguimento das ODS, e instan a gobernos, institucións e cidadanía a implicarse máis na axenda internacional, a coñecida Axenda 2030.
Co fin de sensibilizar e divulgar a ODS, a Unviversitat Oberta de Catalunya (UOC) e a Universidade da Coruña (UDC), a través da Cátedra de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa Vegalsa-Eroski, coeditarán unha nova colección de libros sobre a comunicación como catalizadora para afrontar os grandes retos globais.
"Una comunicación sensible a los problemas sociales y con valores puede ayudar a crear un entorno más sostenible y una sociedad más comprometida" defende Carmen Costa Sánchez, directora académica da nova colección "Comunicación y Agenda 2030".
Os dezasete títulos que conformarán a colección - cada un de eles dedicado a un ODS - ofrecerán reflexións, análises ou experiencias desde temáticas e puntos de vista diferentes. "El resultado será una colección diversa e integradora que propondrá temas importantes y urgentes para el conjunto de la sociedad, como la necesidad de frenar el hambre, las desigualdades o el cambio climático", engade Costa.
A serie de libros contará cun consello editorial que garantirá a calidade científica dos títulos. "Nos planteamos una colección con capacidad de llegar a todos los públicos a la vez que aseguramos el rigor científico", sinala Ciro Llueca, director da Editorial UOC e vicexerente de Investigación e Innovación da UOC.
Tras a firma do convenio de colaboración entre a UDC e a UOC, ábrese a recepción de manuscritos para todas aquelas persoas que queiran publicar un libro na nova colección. Un comité de persoal externo contribuirá a unha selección #de acordo con os estándares editoriais académicos.
En 2018, a UOC adheriuse ao Acordo sobre os ODS, xunto con outras institucións das Nacións Unidas, para contribuír aos obxectivos de desenvolvemento sostible e reforzar o seu compromiso coa Axenda 2030. A educación superior, á que se fai mención expresa por primeira vez no ODS 4, educación de calidade para todas as persoas, contribúe a ela desde as súas principais funcións. A nova colección que publicará a editorial universitaria, Editorial UOC, forma parte do compromiso de ambas as institucións.
Pola súa banda, a Universidade da Coruña asinou, en novembro de 2019, un compromiso público coa Axenda 2030. Actualmente, actúa de forma coordinada con outros actores interesados na implementación da Axenda 2030, dos que forma parte. En xullo de 2021 naceu a Cátedra Vegalsa-Eroski, co obxectivo de contribuír ao benestar e á mellora da nosa sociedade a través de actividades de educación e divulgación, de investigación e de aplicación do coñecemento.