Actualidade

A asociación Íntegro impulsa o proxecto de Asesoramento e formación en materiais plásticos en maio de 2022 no marco do Proxecto Diverplás

10/11/2022

 

O equipo de traballo, dirixido pola investigadora e profesora de Física e Ciencias da Terra da Universidade da Coruña Ana Ares Pernas, encargaráse de levar a cabo as actuacións de: formacion, identificación e separación de plásticos, recomendacións de uso do material reciclado e asesoramento durante todo o proceso de transformación dos residuos mariños. As actividades teñen prevista unha duración de 4 meses e medio. 


Sobre Diverplás
Diverplas é un proxecto, surxido ao amparo da iniciativa Tanza, que está coordinado pola asociación íntegro e conta co apoio de Galp Costa da Morte e a financiación do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), a través da Consellería do Mar da Xunta de Galicia. En 2021, arrancou a primeira fase do proxecto coa posta en marcha dun programa de asesoramento e formación no tratamento e valorización de plásticos, dirixido ás persoas usuarias de Integro e outro de sensibilización, promovendo accións de boas prácticas para reducir a presenza de plásticos no litoral, a través da limpeza de prais e zonas costeiras.