Actualidade

A Cátedra Luis Fernández Somoza abre unha convocatoria de becas para a internacionalización

04/12/2019

A Cátedra Luis Fernández Somoza abriu unha nova convocatoria de becas para a mobilidade internacional do alumnado da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña que estea cursando actualmente programas de dobre titulación (grao e mestrado universitario) internacional no curso académico 2019-2020 nas universidades de South Wales, Widener e ESC Rennes.

Os beneficiarios das axudas, cuxos requisitos poden consultarse nas bases da convocatoria vixente, optarán a unha cuantía de entre 1.780 e 2.500 euros, en función da universidade de destino. 

Para máis información, faga clic aquí