Actualidade

Ismael Clemente: 'El avance económico de España solo se dará si contamos con un desarrollo formativo que nos ponga a nivel europeo'

20/09/2022

Nun encontro organizado pola Cátedra de Internacionalización dos estudos de Economía e Empresa Luis Fernández Somoza, o conselleiro delegado de MERLIN Properties, Ismael Clemente, subliñou esta mañá a importancia de “tener un sistema educativo potente” para impulsar o desenvolvemento económico de España.

 

Respondendo a preguntas tanto do director da Cátedra, Carlos Estévez Mengotti, como do  CFO de Inversiones Subel, Javier Landrove, Clemente puxo sobre a mesa a necesidade de apostar por unha formación de calidade ligada ás necesidades do tecido industrial. “Es necesario que el alumnado disponga de un índice de empleabilidad de las carreras universitarias y que su formación esté dirigida a la inserción laboral”, apuntou en relación á capacitación profesional de alumnos e alumnas como os máis de sesenta que acudiron ao  Salón de Graos da Facultade de Economía e Empresa ao coloquio presidido polo decano, Manuel Alberto Gómez.

 

O CEO de MERLIN Properties, a maior compañía inmobiliaria da Bolsa española, destacou ademais o auxe da transformación do sector loxístico en España. “El logístico es el sector más dinámico y con más posibilidades de empleo”, asegurou, algo que vinculou a súa actual transformacion derivada da necesidade de adaptarse ao comercio online. Neste sentido, invitou ao alumnado a non esquencer o papel do sector inmobiliarios na economía : “un eslabón más -dixo- ddel funcionamiento sano del sector económico”.