Actualidade

O neurocientífico e anestesiólogo estadounidense Emery N. Brown falara sobre “la dinámica del cerebro inconsciente bajo anestesia general” no CHUAC

08/06/2022

 

O salón de actos do Centro Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) acolle o vindeiro 14 de xuño, ás 13.00 horas, unha conferencia maxistral a cargo do estadístico, neurocientífico e anestesiólogo estadounidense Emery N. Brown. 

 


Baixo o título “Descifrando la dinámica del cerebro inconsciente bajo anestesia general”, a conferencia, impartida en castelán e de acceso libre ata completar aforo, está organizada polo Grupo de Neurociencia e Control Motor da Universidade da Coruña, a Facultade de Ciencias da Saúde, o Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña (INIBIC), o Centro de Investigaciones Científicas Avanzadas (CICA), o Grupo MODES e a Cátedra HM-UDC de Traumatoloxía do Deporte.

 


Brown é profesor Warren M. Zapol de Anestesia na Facultade de Medicina de Harvard e no Hospital General de Massachusetts (MGH), ademáis de anestesiólogo en MGH, Brown traballa no Instituto Tecnológico de Massachussets (MIT) como profesor Edward Hood Taplin de enxeñaría médica e profesor de neurociencia computacional, director asociado do Instituto de Enxeñaría e Ciencias Médicas e director do Programa Harvard-MIT en Ciencias e Tecnoloxía da Saúde.